A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega convidounos a coreografiar esta versión de "Negra sombra" de Sebastian Black e Its Soul
GAVIEIRA
____________________NORMALIZACIÓN__DINAMIZACIÓN__ IES ELVIÑA__ A CORUÑA__
23.2.21
22.2.21
Conquistemos Tik tok!
En paralelo á conmemoración do Día da Lingua Materna -que foi este domingo- e despois de que a plataforma dixital de moda, TikTok, bloqueara a posibilidade de facer publicidade oficial en galego, o activista dixital Carlos Vieito e A Mesa pola Normalización Lingüística veñen de lanzar unha campaña para que a compañía acepte esta lingua como oficial.
A iniciativa, que se bautizou como 'Conquistemos TikTok!' demanda á rede social que inclúa o galego entre os idiomas que considera oficiais e, en consecuencia, permita o seu uso tanto para campañas promocionais como para outros proxectos.
A idea é que esta campaña decorra durante toda a semana para “concienciar á comunidade galega e facer un chamamento a TikTok”, pois a ninguén se lle escapa que hai miles de usuarias e usuarios galegos.
Malia que a lingua do país nunca foi entendida como oficial, si había moitas contas que defendían o seu emprego e mesmo a súa historia.
Unha vez impulsada a idea, “diferentes 'tiktokers' galegos, algúns de eles con miles e millóns de seguidores, estanse a solidarizar co lanzamento”. Hai vídeos non que se está a empregar o galego e outros nos que mesmo se fala abertamente da prohibición que transcendeu a semana pasada a raíz da negativa a admitir un anuncio da Xunta de apoio á cultura co hashtag “#aculturasegue”.
Agora a protesta non chega só en modo de campaña, senón que a colaboración da Mesa co impulsor, Carlos Vieito, vai implicar a tramitación dunha queixa a través da Liña do galego para denunciar o veto na rede social.
“Agardo que o Goberno galego realice as accións necesarias para instar á plataforma a incorporar a nosa lingua na plataforma e que non quede simplemente nunha anécdota”, explicou Carlos Vieito.
18.6.18
As nosas avoas: Daniel Lago
As nosas avoas: Mara García
As nosas avoas: Alejandro Molejón
As nosas avoas
As nosas avoas: Marcos González
As nosas avoas: Cristian Barreiro
A súa casa tiña dous pisos, unhas escaleiras bastante empinadas, unha bodega, un lavadoiro e unha parra que daba unhas uvas moi saborosas.A súa nai case non a recorda por que morreu cando era nova,o seu pai obrigáballe a comer caldo de leituga porque non había moita comida xa que era despois da guerra e traballaba nunha empresa de carburos.Gustáballe moito cando era pequena xogar a billarda,a mariola,e a comba.Cando era pequena fixo unha trasnada,que foi o seu pai deulle cartos para queixo e foi a comprar gominolas e como non,a castigaron.Tiveron unha soa mascota que era un gatiño.Enamoróuse unha soa vez do meu avó.Conocéuno cando estaba dirixindo tráfico en San Andrés (policía).Casouse con 19 anos.O seu día mais feliz foi cando casou e cando tivo as súas fillas e aos seus netos.Gustáballe moito ir ao colexio.Estudaba o manuscrito e facían contas.Acordase dunha profesora que era moi boa,pero non recorda o seu nome.Empezou a traballar con 15 anos.O seu emprego era nunha mercería.Viviu en 3 sitios Barco de Valdeorras,Begonte e na Coruña.Gustaríalle moito ir a México.O seu viaxe mais lexano foi a Barcelona.Na súa xuventude estaba de moda as romarías no verán facían o mesmo que en inverno agás ir a praia.O seu aparato electrónico favorito era o televisor,o seu programa favorito e Sálvame.O seu cantante favorito era Manolo Escobar.Quere que a recorden como boa persoa.
As nosas avoas: Marcos Carreira
á miña avoa
As nosas avoas: Brais Lorenzo
As nosas avoas: Aroa Martínez
As nosas avoas: Nerea
26.2.18
Día de Rosalía
Historia da lingua galega
No primeiro vídeo, podedes ver a versión interactiva do seu traballo.
Na seguinte ligazón está a ligazón de youtube: https://www.youtube.com/watch?v=6TS9aS-_XrM&t=4s