A Xunta executará as sentenzas que lle obrigan a readmitir o profesorado Celga
Amosando publicacións coa etiqueta xustiza b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xustiza b>. Amosar todas as publicacións
10.4.15
14.11.13
A sentenza do Prestige
Opinión de Suso de Toro sobre a sentenza do caso Prestige
Caldo amargo de alcatrán
(...)Como non ían saír impunes os responsables das irresponsables decisións
que transformaron un naufraxio perigoso nunha enorme catástrofe
ecolóxica? Esas persoas non chegaron a ser imputadas nin a sentar no
banco, a xustiza absolveunas de antemán (...)
5.3.13
Dicionario xurídico galego
Chega o "Dicionario xurídico galego" en liña para profesionais das administracións públicas galegas
Os 90.000 empregados públicos da Administración autonómica e os traballadores dos concellos galegos teñen desde hai uns día acceso ao Dicionario xurídico galego en liña. Esta ferramenta, froito da colaboración entre a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), a Consellería de Cultura e Educación e mais Edicións Xerais, contribuirá á normalización da lingua propia de Galicia no ámbito xurídico-administrativo.
Enlace vía Prolingua
9.1.13
A xustiza absolve a Carlos Callón da falta de aldraxes ao ex-xuíz decano da Coruña
O presidente da Mesa recriminou a Fraga Mandián a súa defensa do uso do topónimo ilegal 'La Coruña', en lugar da denominación oficial
Información en Galicia Hoxe
24.11.12
O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil
A Xunta desafía o TSXG e seguirá consultando aos pais a lingua do ensino
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima parcialmente o recurso
presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a
plataforma Queremos Galego contra o Decreto de Plurilingüismo do Goberno
de Núñez Feijoo.
19.11.12
VI Xornada Xustiza e Lingua
Xustiza e lingua, reflexións para a normalización
Organiza o colexio de avogados de Santiago de Compostela.
Organiza o colexio de avogados de Santiago de Compostela.
Celébrase o 27 de novembro ás 19 horas no Salón de Actos do colexio de avogados desta mesma localidade.
13.9.12
Témoslle lei: Dereitos lingüísticos en Galicia (Ciclo de conferencias)
Celebrarase na Facultade de Dereito da USC os días 28 de setembro; 5, 19, 26 de outubro; 9, 16 de novembro de 2012
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago organizan, no marco do plan de
actuacións Témoslle lei, o ciclo de conferencias Dereitos
lingüísticos en Galicia.
Os profesionais do Dereito e da Administración pública en Galicia,
segundo a normativa vixente, deben estar preparados para satisfaceren os
dereitos lingüísticos da cidadanía. Durante as conferencias darase a
coñecer os dereitos lingüísticos e a súa protección nos diversos ámbitos
(administración pública, xustiza, educación, ámbito privado) e
ofreceráselles aos asistentes a oportunidade de reflexionaren, a través
da participación nos coloquios posteriores ás conferencias impartidas
por especialistas e da elaboración dun traballo persoal sobre sentenzas
en relación coa protección e defensa dos dereitos lingüísticos.
A responsable académica é Alba Nogueira López, profesora titular de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da USC.
8.7.12
"Na colocación das preferentes violouse a inocencia do país"
Declaracións do fiscal superior de Galicia nas que se afirma que se abusou da confianza de pequenos aforradores
Cando se fala da invisibilidade do galego en moitas áreas da vida cotián, unha delas é a xustiza. Un exemplo moi claro desta realidade: só o 4% das sentenzas que se realizan nos distintos tribunais de Galicia son en galego.
Por outro lado moi poucos profesionais do ámbito do dereito (xuízes, fiscais, avogados) fan uso da nosa lingua.
As excepcións son dignas de mención como o caso de Carlos Varela, Fiscal Xeral de Galicia. Nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia fala sobre os temas máis preocupantes nos que están traballando na fiscalía. Un aspecto moi grave foi a comercialización por parte das entidades financeiras das denominadas Participacións Preferentes, produto financeiro de alto risco que arruinou os aforros de moitos clientes.
26.6.12
O galego na Xustiza sufre pola renuncia dos profesionais
A Irmandade Xurídica Galega celebrou a súa V Asemblea onte. Entran 42
novos socios entre mestres da universidade, avogados, funcionarios,
xuíces e fiscais.
Na cerimonia, o 'irmandiño maior' e fiscal superior, Carlos Varela, reclamou a normalización do galego nos xulgados. En particular reclamou que a Xunta de Galicia "aborde a elaboración dun Plan Xeral de Normalización que defina as liñas xerais de actuación no ámbito da Administración de xustiza".

24.6.12
Un xulgado de Vigo ameaza con non admitir unha demanda en galego se non se presenta cunha tradución xurada ao castelán
Outro esperpento da Xustiza co idioma
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia un
novo e grave caso de discriminación contra o idioma galego na
Administración de Xustiza. Neste caso, unha demanda presentada en Vigo
ten a ameaza de ser rexeitada polo feito de estar escrita na lingua que o
Estatuto de Autonomía recoñece como “propia” e tamén “oficial” de
Galiza.
O presidente da entidade social en defensa do
galego, Carlos Callón, apunta que “non é a primeira vez que acontece
unha situación tan absurda e discriminatoria como esta” e reclama que
“as administracións implicadas abran dunha vez os ollos e tomen medidas,
porque xa está ben de racismo lingüístico, non podemos ser menos por
querer usar o noso idioma”. Por iso, desde A Mesa enviaranse cartas de
queixa á Xunta de Galiza, ao Goberno central, ao Consello Xeral do Poder
Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
Callón salienta ademais que “pedir
nin máis nin menos que unha tradución xurada parece feito para
escarnecer a lexítima e legal opción de usar o noso idioma ante a
administración de xustiza”. “Non pode ser que a administración que debe
velar polos nosos dereitos, tamén os nosos dereitos lingüísticos, sexa a
primeira en vulneralos”, conclúe.
27.3.12
"Os problemas ante a xustiza non son competencia da SXPL"
A Mesa critica ao secretario xeral de Política Lingüística por non saír na defensa de Carlos Callón, enxuizado por censurar a actitude do ex xuíz decano da Coruña ao non respectar a toponimia.
Hai uns días, Valentín García, subliñaba na Cámara que o seu departamento "non ten competencias" para facer nada ante o xuízo que terá que afrontar Carlos Callón por criticar publicamente ao xuíz Antonio Fraga Mandián ao entender que este maxistrado se gabou da legalidade.
Uns argumentos que non gustaron á Mesa. Para a asociación presidida por Callón, “clama ao ceo” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística opte, unha vez máis, “polo silencio administrativo” ante casos autenticamente “kafkianos” como o da parella que tivo que casar nun xulgado vigués, o pasado 17 de febreiro, asistida dun intérprete para o poder facer en galego. “Situacións esperpénticas que non é a primeira vez que se producen en pleno século XXI”, advirte A Mesa, “ante as cales Valentín García prefire arrombar a súa condición de sociolingüista e abaixar a cabeza”, engade a entidade.
9.2.12
Un novo espectáculo da xustiza coa nosa lingua
Pode o dereito ser torto... (Celso Emilio Ferreiro)
Esta entrada está tomada do blog: Carta Xeométrica
Esta entrada está tomada do blog: Carta Xeométrica
Comenzos.
Ano 2006. Eduardo Álvarez, veciño da Coruña, e secretario comarcal da CIG-ensino reclamou que tiña dereito a recibir a súa notificación xudicial en galego, topónimo oficial incluído. O xuiz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, negoulle esta petición ao tempo que atribuía a un 'erro ortográfico' o uso da deturpación *La Coruña. Os medios recibiron esta notificación antes que o interesado. Aparentemente o xuíz Antonio Fraga comenzou desprezando só un topónimo, unha palabra.
Enceréllase o asunto.
Enceréllase o asunto.
Entón foi cando Eduardo Álvarez denunciou públicamente o cinismo do xuiz Fraga Mandián: 'segundo o dicionario, cínico é aquel que mente descaradamente para xustificar unha ilegalidade, e iso é o que fai o xuíz'
Entón Fraga Mandián denúnciao por inxurias e nomea a unha xuíza substituta para que levase este novo xuízo que non había de estar exento de polémica pois a Eduardo Álvarez non se lle permitiu exercer as funcións propias da defensa. Como era previsible, a sentenza, de agosto do 2007, condenaba a Eduardo Álvarez a pagar 5.200 €. A cousa non queda aquí.
Recúrrese o xuízo no que se lle impuxera a multa ante a Audiencia Provincial. En xaneiro do 2008 declárase a súa nulidade.
Para manter o tirón mediático do caso, o xuíz fai unhas declaracións na radio nas que asegura que as queixas contra o uso do curioso topónimo non teñen sentido, pois tamén non ten sentido pois no xulgado tamén 'tamén se escribe vivenda con dous bes'.
A Mesa presenta entón unha denuncia ao Consello Xeral do Poder Xudicial contra Fraga Mandián por 'facer apoloxía da desobediencia da legalidade', en concreto da Lei de Normalización Lingüística. Estamos en xuño do 2008.
Un ano despois sabemos que o xuíz contraatacou de novo, con outra denuncia por inxurias, desta volta contra Carlos Callón, o presidente da Mesa. No xuízo, decembro do 2010, Callón negouse a declarar porque non recibira as notificacións en galego, demostrándose así que neses cinco anos, a normalización na xustiza non avanzanra nin un milímetro. Xullo 2011: arquívase a denuncia. Porén o xuíz decano apelou e ten que se celebrar outro xuízo o vindeiro día 10.
Cantos xuízos!, cantos cartos gastados! cantos recursos mal empregados! E todo porque hai xentiña empeñada en que a nosa lingua non poida usarse con normalidade.
Diagnóstico social

Actuar contra unha palabra, como neste caso, contra un topónimo, non é un simple erro ortográfico. Comprobouse ben neste caso que a aparente desconsideración lingüística é moito máis, é un ataque a toda unha lingua, á esencia da nosa identidade. O xuíz ao escribir á mantenta o topónimo deturpado actúa contra todos nós como pobo. E se o pobo non se escandaliza, é que pouco importa a súa lingua nin súa forma de estar no mundo.
Cando vexo estas cousas son eu o que me escandalizo cando non vexo reaxir ao mundo da xustiza e, en xeral, a toda a sociedade desaprobando os ataques do xuíz decano contra un topónimo, contra unha persoa, e contra outra, e contra todos nós.
Despois de todas estas voltas confímase unha unha sospeita que manteño desde hai tempo: que na práctica social vivimos cos modos e as normas da época da ditadura franquista. Mantemos as formas democráticas pero o cerne dunha boa parte da sociedade mantén as súas raíces nun proceder que sorbe os seus fundamentos na podremia do máis escuro espíritu fascista.

1.12.11
O galego tratado coma unha lingua estranxeira nos xulgados
O ex conselleiro Fernando Blanco foi chamado a declarar nos xulgados de Lugo imputado na operación Campión . Fixo a súa declaración en galego. Ata aí todo normal.
O que non o é, foi o que sucedeu despois: a xuíz considerou preciso traducir a declaración. Houbo que chamar a un tradutor xurado e o proceso durou CINCO HORAS!!!!
Velaí como a nosa lingua é tratada, unha vez máis, coma unha lingua extranxeira
Dado que Blanco esixiu o seu dereito de declarar en galego e que a xuíza Ronsel San José non o domina con fluídez, solicitouse a presenza dun tradutor do servizo da Audiencia. O problema é que se tardou unhas tres horas en traducir ao galego a declaración completa, duns cinco folios.
O descontento tanto de Blanco como dos seus letrados quedou patente coa declaración dun deles, Evaristo Nogueira: Hoxe nos xulgados de Lugo, e non por culpa da xuíza, tratouse o galego como unha lingua estranxeira.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)