Amosando publicacións coa etiqueta reclamacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reclamacións. Amosar todas as publicacións

26.10.11

O profesorado di non aos recortes no ensino público e ás imposicións da Consellería

Case o 100% do profesorado trasladou un non rotundo aos recortes impostos pola Consellería de Educación no referendo celebrado o martes 25 de outubro en máis de 760 centros de todo o País. Ante este rexeitamento inequívoco da política educativa da Consellaría, cremos que soamente cabe unha saída: a retirada da orde pola que se amplía a carga lectiva do profesorado e a obriga de vixilancia do alumnado transportado. Unha orde que supuxo unha redución do profesorado e o empeoramento da calidade do ensino.
Un momento das votacións no IES Agra de Leborís.

No referendo celebrado este martes 25 de outubro, o profesorado dixo:
•Non aos recortes no ensino público.
•Non ao incremento do horario lectivo.
•Non a imposición da custodia do transporte.
•Non a esta política educativa que procura o desprestixio do ensino público e favorece á privada.

Escrutados os 764 centros, o resultado é o seguinte:

PREGUNTA SI NON  BRANCO
Estás de acordo cos recortes no ensino público? 0,69% 98,03% 1,30%
A Consellaría de Educación impuxo un incremento do horario lectivo. Estás de acordo con este incremento? 3,13% 93,38% 3,43%
Estás de acordo con que o profesorado teña entre as súas funcións a custodia do alumnado transportado? 1,26% 97,23% 1,37%
Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Consellaría de Educación melloran a calidade do ensino? 0,65% 97,48% 1,50%

A alta participación no referendo e a elevada porcentaxe de respostas negativas supoñen o rexeitamento máis evidente e contundente ás medidas de recorte e de deterioro do ensino público emprendidas pola Consellaría de Educación.
A participación do profesorado significa tamén posicionarse en prol da defensa inequívoca do ensino público como único garante da igualdade de oportunidades.

Un non rotundo aos recortes

O profesorado dixo non aos recortes sen precedentes que a Consellería está a  levar a cabo no ensino público, uns recortes que se concretaron na redución de máis de mil profesores, no peche de 156 unidades, na masificación das aulas, nunha atención inadecuada ás necesidades educativas especiais e á diversidade ou na carencia de prazas para Educación Permanente de Adultos e FP. Todo isto, mentres a Consellaría si  amplía unidades concertadas na privada e arbitra outros mecanismos de desvío de fondos públicos a eses centros.
O profesorado rexeitou tamén a ampliación do horario lectivo, coa rotura dun acordo unitario no caso de Primaria, porque, non só empeora as condicións laborais do profesorado, senón que supón un ataque á calidade do ensino na medida en que imposibilita que se poidan realizar outras funcións necesarias. Ademais a Consellaría coa redución do profesorado e a prohibición de realizar desdobres procura o deterioro do ensino público ao impedir unha atención personalizada.
“Os resultados do referendo son a mostra máis contundente da repulsa do profesorado a un Conselleiro que ten como denominador común na súa actuación a mentira, a demagoxia e a manipulación, como por exemplo cando se atreveu a afirmar que o profesorado era favorábel maioritariamente ás medidas e recortes que está realizando contra o ensino público. Coa súa participación o profesorado está a reclamar que o Conselleiro poña fin ás actuacións que teñen como obxectivo o desprestixio e a desvalorización da función docente”.

21.10.11

Unha nova versión do Monopoly para unha reivindicación moi antiga

Os concellos de Arteixo e A Coruña aínda non teñen marcado o seu deslinde

Os veciños de Meicende editan unha versión do xogo do Monopoly, para reivindicar o deslinde entre Arteixo e A Coruña. O actual alcalde, Carlos Calvelo, encabezou durante o pasado mandato as protestas polos perxuízos derivados da indefinición das fronteiras entre ambos concellos que, segundo os seus cálculos, deixaban en terra de ninguén a 551 vivendas e unha cantidade considerable de empresas.

.

 

14.10.11

O galego marxinado nos medios de comunicación

Presentado un manifesto en Santiago contra a marxinación do noso idioma

"O incremento da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación acadado pola acción da sociedade galega nas derradeiras décadas do século XX –que situaría o seu punto culminante nunha media do 7,5% de espazo na prensa escrita cara ao ano 1975- foi progresivamente recuando, nos últimos anos, ata se situar apenas nun 3% nese mesmo sector en 1993 (...).
                                        Continuación do manifesto: preme aquí 
Peticións do manifesto:

Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:
1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.
Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.