Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º ESO. Amosar todas as publicacións

18.6.18

As nosas avoas: Daniel Lago

A miña avoa chámase Marisol Lema lois e naceu en Moraime (que vivíu sempre alí), un pobo casi insólito a carón de costa. Os seus pais adicábanse a o traballo na terra mentres que ela facía as tarefas da casa  coa súa nai. Ela coñeceu ao meu avó (o seu único noivo) cando el empezou a traballar. El pasaba por Moraime e a avoa compraballe a mercancía. Para ela, o seu traballo ideal serían os labores da casa porque ela sempre traballou aí. Ela cando ía a escola non lle daban as notas,as clases eran unha vivenda con a mesa do profesor e cos pupitres, no recreo, xogaba es bonecas e as casiñas e para quedar coas súas amigas tiña que quedar con elas no recreo pero só estivo ata os 12 anos. De pequena a súa comida favorita era a tortilla de patacas, pero agora, é o caldo galego. Ela empezou a saír aos 15 anos. A súa primeira viaxe fora de Galicia foi con 20 anos, a Madrid e lle pareceu moi grande. Ela tiña un irmán que morreu. Miña avoa nunca foi castigada por algo e bota de menos as reunións familiares. Cando foi o día da súa voda e só foi unha comida, non foi ningunha celebración enorme.

As nosas avoas: Mara García

Á miña avoa chámase Isabel, naceu en Tella no Concello de Ponteceso en 1949. Estudou ata os 14 anos, aínda que lle tería gustado ter estudado máis xa que era unha rapaza de notable e algún sobresaliente pero neses tempos era moi difícil seguir cos estudos.Eran oito irmáns con ela nove e os seus pais non lles podían pagar os estudos a todos, porque aínda que tiñan unha carnicería e non pasaban fame os estudos eran demasiado caros como para pagarllo a nove fillos.

A medida que ía crecendo foi traballando no que puido, traballou calcetando, vendendo produtos de cosmética, limpando casas… e aínda que os seu soño era ser modista sempre fixo o necesario para criar ben aos seu dous fixos que os tivo co meu avó Andrés o único noivo que tivo na vida co que casou aos 18 anos en aínda que ela antes de ir a Corme e coñecelo vivira un ano en Barcelona e viaxara a diferentes lugares pero o que mais lle gustou foi o viaxe de noivos a Zamora.
E hoxe en día a miña avoa esta xubilada en disfruta pescando e cosendo en Corme ao lado de meu avó.

As nosas avoas: Alejandro Molejón

Naceu en A Coruña, concretamente en Vioño. Coñeceu ao meu avó hai 58 anos, coincidindo nunha festa. A súa comida favorita era o guiso de carne que lle facía a súa nai.

Vivía nunha casa en Vioño e soían castigala por chegar máis tarde das 10:00.
De nena gustáballe xogar a saltar á corda,ás agachadas, ao corro da pataca...O seu xoguete preferido era unha boneca chinesa de pelo louro e vestido rosa.
O seu primeiro teléfono foi un de roda anos despois de casarse que utilizaba para comunicarse con amigas e quedaba con elas vía teléfono ou simplemente chamando à porta das súas casas. A súa mellor amiga chamábase Mari Pili e antes de estar co meu avó saía cun mozo chamado Marcial.
Tiña unha habitación coas paredes e o teito de cor branco e utilizaba dous pares de zapatos, uns para o día a día e outros para casos especiais. Era os únicos que tiña.
Ela non tiña chaves propias, as únicas que había eran as dos seus pais. Seu pai era ferrovíario e a súa nai, ama de casa.
O que máis lle gustaba do colexio eran as matemáticas e o seu libro favorito era Países e Mares.

As nosas avoas

A miña avoa chámase Hermitas, naceu na Coruña, fai 84 anos. Creceu nun barrio chamado Alcalde Lens, no que viviría o resto da sua vida.
De cando era nena o que máis recorda eran as constantes visitas da policía, devido a que seu pai era un revolucionario antifranquista. Cando a súa nai foi desterrada ela pasou a vivir cos seus tios na aldea, onde aprendeu a coser e cociñar. Uns anos máis tarde chegou a noticia da morte do seu pai, e con ela a nai da miña avoa máis ela regresaron a Alcalde Lens. Pero a súa nai enfermou, morrendo sen sequera recoñecer a súa filla. Durante os anos seguintes coñeceu a Arnando, un mozo tres anos maior ca ela, traballaba na fabrica de butano, e cando tiña 23 anos casou con el. Aos 27 anos tivo a sua primeira filla Ana.

As nosas avoas: Marcos González

A miña avoa chámase Manuela Dosil Lago,naceu en 1945 nun barrio da Coruña chamado Montealto.O seu pai era un empresario,a súa nai era ama de casa e o seu
irmán era bombero.A súa asignatura favorita foi matemáticas e a que máis odiaba era Xeografía e Historia.Cando era nova xogaba ás escondidas coas súas amigas e ao pilla-pilla co seu irmán.Aos 17 anos,coñeceu ao seu primeiro noivo Andrés,que traballaba nunha oficina e casouse con él cando tiña 23 anos.Despois de 6 anos de matrimonio,tivo a súa primeira filla,á que lle puxo o nome de Manuela,e dous anos máis tarde,tivo unha segunda filla chamada Isabel.
Cando tiña 31 anos,deixou o traballo de empresaria,e dedicouse a ser piloto de avión,pero non lle gustaba moito,así que,un tempo despois,dedicóuse ao mundo da música durante 8 anos.Morreu en 2010 con 73 anos cando eu tiña 5 anos

As nosas avoas: Cristian Barreiro


A miña avoa chamasé Pilar. Naceu no Barco de Valdeorras (OURENSE).
A súa casa tiña dous pisos, unhas escaleiras bastante empinadas, unha bodega, un lavadoiro e unha parra que daba unhas uvas moi saborosas.A súa nai case non a recorda por que morreu cando era nova,o seu pai obrigáballe a comer caldo de leituga porque non había moita comida xa que era despois da guerra e traballaba nunha empresa de carburos.Gustáballe moito cando era pequena xogar a billarda,a mariola,e a comba.Cando era pequena fixo unha trasnada,que foi o seu pai deulle cartos para queixo e foi a comprar gominolas e como non,a castigaron.Tiveron unha soa mascota que era un gatiño.Enamoróuse unha soa vez do meu avó.Conocéuno cando estaba dirixindo tráfico en San Andrés (policía).Casouse con 19 anos.O seu día mais feliz foi cando casou e cando tivo as súas fillas e aos seus netos.Gustáballe moito ir ao colexio.Estudaba o manuscrito e facían contas.Acordase dunha profesora que era moi boa,pero non recorda o seu nome.Empezou a traballar con 15 anos.O seu emprego era nunha mercería.Viviu en 3 sitios Barco de Valdeorras,Begonte e na Coruña.Gustaríalle  moito ir a México.O seu viaxe mais lexano foi a Barcelona.Na súa xuventude estaba de moda as romarías no verán facían o mesmo que en inverno agás ir a praia.O seu aparato electrónico favorito era o televisor,o seu programa favorito e Sálvame.O seu cantante favorito era Manolo Escobar.Quere que a recorden como boa persoa.
 


  

As nosas avoas: Brais Lorenzo

A miña avoa chámase Aroa

Naceu en Murcia (1950) .O seu primeiro mozo foi Juan, o seu veciño do lado ,coñecéronse nunha festa do pobo.
Ela namorouse dos seus ollos azuis, era moi bo e traballador.
Imos dicir como era fisicamente e persoalmente: tiña o pelo castaño, era alta, guapa e vestia moi ben.
É educada, estudante e sempre lle gusta axudar aos demais.
Juan e Aroa estiveron saíndo en segredo dous anos, porque eran moi cativos. Tiñan 18 anos cando saíron xuntos.
Cando levaban tres anos xuntos casaron na igrexa do pobo, sempre estaban felices ata que tiveron un fillo e ese fillo tivo outro que era Brais.
Ao principio era moi bo, pero cando medrou, foi moi rebelde, non paraba quieto pola casa nin na escola.

As nosas avoas: Aroa Martínez

A miña avoa chámase Chelo e naceu na Coruña, en San Pedro de Visma. O seu pai era albanel e a súa nai facía redes de pesca e limpaba casas. Cando ela era pequena, a súa familia era moi pobre, vivían nunha casa moi pequena para catro fillos e un matrimonio, cunha cociña e só dúas habitacións. Na súa casa non había nevera, entón á hora da merenda mercaban un anaco de chocolate ou un anaco de manteiga, un cuarto de aceite… As cousas comprábannas por anacos. A leite tíñanna os seus avós, que tiñan dúas vacas. A pesar de tanta pobreza, as festas do pobo eran moi bonitas e divertidas.
O que máis desexaba ter a miña avoa cando era unha rapaza, era un carro de bonecas, pero os seus pais non podían compralo porque non tiñan cartos. Pero cando a miña avoa tivo a súa primeira filla, mercoulle un carro porque era o que ela sempre quixera de nena. Aínda que ela nunca tivera carro de bonecas, xogaba á mariola, ás agochadas, ás canicas e ás bonecas, que por certo, eran de cartón, e cando lle rompían, poñía pedras nunha toalla para facer que eran bonecas, porque só tiñan cartos para mercar unha ao ano.
A súa comida favorita eran ovos fritidos con patacas, conseguían os ovos porque tiñan as galiñas camiñando pola casa e patacas na horta. De merenda, gustáballe o bocadillo de manteiga con azucre ou un xurelo cunha cebola.
A miña avoa comezou a ir á escola con seis anos, ía ao Colexio da Igrexa de San Pedro, onde a súa profesora era moi estrita e daba nas mans coa regra a quen se portase mal. Despois cambiouse de colexio e comezou a ir a La Normal, que estaba preto de Riazor, tiña aulas e patio moi grandes, os nenos estaban separados das nenas, e nos recreos, se baixaban ao sótano, dábanlles leite moi rica. Cando quedaban no comedor, a directora baixaba a corrixirlles a maneira de sentar, de coller os cubertos e era obrigatorio lavar os dentes logo de comer.
Naceu en Loureiro pero logo seus pais tiveron que emigrar a Francia por traballo e viviu alí. Foi alí ao colexio, tiña dificultades porque era sorda pero gustáballe máis porque facían moitos deportes. Os nenos estranxeiros (entre eles a miña avoa)  ían na clase que lles correspondía, pero nunha hora da mañá mandábanlles cun profesor para reforzar a lectura e o idioma. En fin de curso, os nenos que viñan de Galicia fixeron unha actuación de baile galego diante do resto de nenos franceses..

As nosas avoas: Nerea

A miña avoa naceu en Boimorto (A Coruña). O  seu pai dedicábase ao gando e a súaa nai dedicábase as tarefasda casa .
Miña avoa coñecía mozos nas festas dos pobos . Os meus avos se coñeceron nun aniversarío dunha amiga que tiñan en común , o seu primeiro mozo chamabase Manolo eles eran moi amigos iban xuntos a escola a praza do pobo e todo iso que fan os amigos da súa ”pandilla” .
Miña avoa e eu recordamos cando a castigaban ela contame que cando a pillaban facendo algunha da suas maldades pois decian algún xuramento de estes do estilo de... ME FALTE DIOLA.  O traballo ideal para a miña avoa sería doutora , 

Cando era xoven para quedar cos amigos non era por mensaxe nin nada de iso se non ían polas portas de cada rapaz e preguntabanlle : ola podes e queres vir con nos imos a praza e a tomar algo se queres vir vente . A afeccción é bailar como bailaba antes non paraba era puro nervio .

Contoume tamén que a súa primeira impresión ao verme por primeira vez foi: "empecei a chorar e dixen :¡que morena coma Carliños ¡" (Carlos é o meu pai)