Amosando publicacións coa etiqueta urbanismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta urbanismo. Amosar todas as publicacións

28.1.14

Visita Ás Rañas



A Xefatura de Estudos e o departamento de Orientación do IES Elviña realizaron esta visita

Dentro da liña de intervención coas familias do Contrato-Programa que está a desenvolverse no centro, tivemos unha sesión de traballo o sábado día 25 de xaneiro na que colaboraron Arquitectos Sen Fronteiras e o Servizo de Voluntariado da Universidade da Coruña. O obxectivo era achegarnos ao contorno no que se desenvolve a vida cotiá dalgúns dos nosos alumnos e alumnas. O xefe de estudos e a orientadora do IES ELVIÑA, xunto co educador social Eduardo Dopico, fixeron unha visita ás familias das Rañas, visita da que se dá conta nas fotos que vedes aquí:


Reunión comunitaria na casa dos alumnos Jesús Antonio e José Miguel. Familias, xefe de estudos, educador social Eduardo, orientadora, Arquitectos Sen Fronteiras, Voluntarios da Universidade da Coruña e alumnos e alumnas.
 

Vista do acceso ao poboado das Rañas. Percorrido de acceso que deben realizar o alumnado tódolos días á parada do transporte escolar.
Posando diante da casa de Montse xunto cos compañeiros e compañeiras de Arquitectos Sen Fronteiras e Voluntariado da Universidade da Coruña


11.12.13

O departamento de Orientación do IES Elviña intervén coas familias do centro

Enmarcado nos Contratos Programa da Consellería de Educación, dentro da liña de INTERVENCIÓN COAS FAMILIAS, veñen desenvolvéndose neste primeiro trimestre, unha serie de iniciativas encamiñadas a aproximar o instituto, á realidade de nais e pais pertencentes a súa comunidade educativa.
Estas actuacións, coordinadas pola profesora María Ares Chao e dirixidas por Silvina Paricio Tato, Orientadora do centro, tiveron unha das súas concrecións en dúas visitas ao poboado das Rañas en colaboración cos compañeir@s do Servizo do Voluntariado da Universidade da Coruña, coa que mantén reunións periódicas o departamento de Orientación.
Bienvenido, coas súas netas e netos. Alumando do Instituto Plurilingüe
de Elviña. Á dereita da foto, Eduardo Dopico Prego, educador social e
colaborador da Aula de Orientación Educativa do centro escolar. Á esquer-
da un voluntario de Arquitect@s sen Fronteiras, ONG colaboradora do Ser-
             vizo de Voluntariado da Universidade da Coruña. 01/11/2013
María e Águeda, profesoras de apoio do Instituto Plurilingüe de Elviña,
Eduardo, educador social, tres voluntari@s do Servizo de Voluntariado
da Universidade da Coruña, María a matriarca das Rañas e membros da familia.
Fotos do fotógrafo de El País, Gabriel Tizón. 30/11/2013
Tres anos e 600.000 € para nada en As Rañas: Xurxo Souto aborda os problemas do chabolismo na Coruña

GALICIA 15/01/2011 - Xurxo Souto aborda os problemas do asentamento chabolista de As Rañas no seu polifacético espazo "Momento Coruñento" da Cadena Ser. (“As historias máis coruñesas e o estoupido artístico das xeracións máis novas da cidade conforman o Momento Coruñento do polifacético Xurxo Souto” - Cadena SER Radio Coruña.)

26.1.12

Desfeitas na arquitectura e no urbanismo

Profesionais novos recoñecen a súa responsabilidade nas desfeitas na arquitectura e o urbanismo

Unha das consecuencias positivas da crise económica en que nos atopamos debería ser a de botar unha ollada ao pasado para analizar e corrixir os erros que se cometeron en todo o que se refire ao coidado e estruturación do territorio. A paisaxe segue a ser un dos tesouros cos que e conta o país malia as moitas desfeitas amoreadas. Os arquitectos son un dos colectivos que deben formar parte desta reflexión, aínda que non os únicos. Nas últimas décadas o seu coñecemento quedou sepultado baixo os intereses políticos e económicos que levaron ao crecemento desmesurado do ladrillo. información completa de José Estévez en El País 26/01/2021
Casa rural en Paderne reformada por Carlos Quintáns