Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

30.1.14

Xadrez para todos

Colección de manuais de iniciación e perfeccionamento neste xogo

Editados pola SXPL
 
Xadrez para todos, unha colección composta por diversos manuais de iniciación e de perfeccionamento deste antigo xogo de estratexia, dispón actualmente de 5 volumes en lingua galega e está próxima a completarse co sexto. A elas engádense os volumes Xoga e aprende 1 e 2. 

4.12.13

Industria fabricante de xoguetes e publicidade aínda pensan en azul ou rosa

En España, o 66% dos anuncios conteñen tratamentos sexistas 

O berro que Ridley, a pequena nena estadounidense de 4 anos que clamou cun vídeo en Internet contra o sexismo nos xoguetes dicindo que estaba farta de princesas, aínda non chegou a moitos oídos, especialmente aos da industria fabricante de xoguetes e do mundo da publicidade. Os xoguetes continúan mantendo matices sexistas que encasillan o feminino e o masculino en espazos case irreconciliables.



11.3.13

Xogos populares

Interesante blog do CEIP Campolongo 

Xogos populares no blog Enredamos



10.12.12

De Italia a Lugo por amor e para crear o primeiro xoguete en galego

«Sorprendeume que non houbese xoguetes en galego coa grande emigración que ten Galicia»

 A Real Academia Galega deu o seu apoio ao proxecto supervisando os textos.

28.11.12

Regala xoguetes en galego

Galileo Nenos oferta xogos para os máis novos


1.9.12

Para cando o 'Apalabrados' en galego?

O popular xogo para dispositivos móbiles, con máis de dous millóns de usuarios en todo o planeta e dispoñible en doce linguas, entre elas o catalán e o euskera, podería ter en versión en galego en breve, pois o fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega, segundo publicou a revista especializada Código Cero.
Hai dous meses mesmo se creou un grupo en Facebook con esta demanda, xusto despois de que Apalabrados confirmase o nacemento da súa versión en catalán.
O fabricante, Etermax, atópase en contacto coa Real Academia Galega


13.8.12

Memoria Pixelada

Páxina sobre videoxogos en galego

 Memoria Pixelada é a primeira web acerca de videoxogos en galego. Se os videoxogos son o teu, colabora con eles!


18.6.12

Nace LEGA, unha plataforma dixital para xogar en galego

A iniciativa, posta en marcha por GalegoLab, preséntase o xoves 21 de xuño en Santiago // Xabier Seixo, engargado de desenvolvela falou en Radio Obradoiro deste proxecto que ofrece recursos 

 Este xoves botará a andar LEGA (Lecer galego), unha plataforma que porá a disposición da xente recursos lúdicos dixitais  en galego onde a presenza do idioma sexa escasa. Xabier Seixo, encargado de desenvolver o proxecto, explicou que con esta iniciativa "non pretendemos sustituir a ninguén, senón incentivar que se desenvolvan actividades no noso idioma, tanto na sociedade civil como na empresa privada".

O proxecto naceu de GalegoLab, unha asociación cultural que promove o uso da lingua. A súa principal ferramenta é galegolab.org, unha web que aposta polo crowdsourcing, é dicir, pola "colaboración entre persoas que de xeito voluntario desenvolven unha proposta". LEGA, é segundo dixo, "un paso máis, porque se amplían eses proxectos. Xa non son particulares senón a asociación quen desenvolve os contidos da plataforma".
LEGA ofrece apartados como Galegogym, que permite acceder a tablas de fitness e ximnasia con música en Creative Commons, ou 'Astronomía básica',  un recurso orientado a afeccionados á astronomía,  feito en colaboración cun proxecto nacido na USC. As propostas complétanse coa tradución de varios xogos de ordenador e o subtitulado ao galego dunha curtametraxe. Seixo fixo fincapé en que o seu uso é libre e gratuíto e explicou que "temos na recámara máis contidos que iremos engadindo, sobre todo no mundo dos videoxogos".
A presentación de LEGA será este xoves 21 ás 11.30 horas na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

 

21.10.11

Unha nova versión do Monopoly para unha reivindicación moi antiga

Os concellos de Arteixo e A Coruña aínda non teñen marcado o seu deslinde

Os veciños de Meicende editan unha versión do xogo do Monopoly, para reivindicar o deslinde entre Arteixo e A Coruña. O actual alcalde, Carlos Calvelo, encabezou durante o pasado mandato as protestas polos perxuízos derivados da indefinición das fronteiras entre ambos concellos que, segundo os seus cálculos, deixaban en terra de ninguén a 551 vivendas e unha cantidade considerable de empresas.

.

 

11.12.10

CÓDIGO CERO: O GALEGO E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

As novas tecnoloxías comparten idioma. Podes consultar as novidades nesta web: Código Cero.


2.11.08

O lecer é un bo espazo para aprender e aprender xogando é a mellor forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía, a nós mesm@s.