Sta. Mariña de Augas Santas, O Rexo
e Alllariz
Amosando publicacións coa etiqueta arquitectura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arquitectura b>. Amosar todas as publicacións
6.5.13
28.7.12
O Museo de Belas Artes lembra o traballo de Antonio Tenreiro cunha antolóxica
O 27 de xullo o Museo de Belas Artes da Coruña Antonio Tenreiro 1923-2006.
A exposición, coa que o centro repasa a obra deste pintor, falecido en
2006, poderá verse ata o vindeiro mes de novembro. Na mesma poderá
verse unha ampla selección de obras que afondan no universo poético e
intimista deste creador, no que predomina un estilo fauvista no que a
cor cobra unha grande importancia. Tenreiro é coñecido tamén pola súa
faceta arquitectónica, na que desenvolveu obras icónicas como o Banco Pastor e a fonte
das Paxariñas, na Coruña.
26.1.12
Desfeitas na arquitectura e no urbanismo
Profesionais novos recoñecen a súa responsabilidade nas desfeitas na arquitectura e o urbanismo
Unha das consecuencias positivas da crise económica en que nos atopamos debería ser a de botar unha ollada ao pasado para analizar e corrixir os erros que se cometeron en todo o que se refire ao coidado e estruturación do territorio. A paisaxe segue a ser un dos tesouros cos que e conta o país malia as moitas desfeitas amoreadas. Os arquitectos son un dos colectivos que deben formar parte desta reflexión, aínda que non os únicos. Nas últimas décadas o seu coñecemento quedou sepultado baixo os intereses políticos e económicos que levaron ao crecemento desmesurado do ladrillo. información completa de José Estévez en El País 26/01/2021
Casa rural en Paderne reformada por Carlos Quintáns
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
