Amosando publicacións coa etiqueta tradución. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradución. Amosar todas as publicacións

5.11.14

O "Ulises" de Joyce en galego consegue o Premio de Tradución do Ministerio de Cultura

O xurado destaca a calidade da tradución ao galego do texto en inglés

O Premio do Ministerio de Cultura para a tradución ao galego do Ulises de Joyce súmase aos outros galardóns que o traballo de anos da equipa formada por María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle recibiu desde que o libro saíu publicado na editorial Galaxia. A totalidade dos premios para traducións publicadas en libro no 2013 caeron na magna obra, un esforzo inmenso nun momento no que o mundo editorial está a recuar na publicación de tradución tamén pola redución do apoio institucional. 



17.11.13

Publicada a primeira novela traducida do árabe ao galego

A xove marroquí criada en Galicia Fátima Tourari traduce para Rinoceronte Editora 'O edificio Yacoubian', de Alaa Al Aswany

A obra, ambientada en Exipto, sae á venda o venres 22 de novembro

En pleno corazón do Cairo, tralos muros do esplendoroso e decadente edificio Yacoubian, crúzanse a diario todo tipo de personaxes, coas súas debilidades e soños. Entre eles, Taha, o fillo do conserxe que cae nos brazos do islamismo tras ver frustradas as súas aspiracións a policía; Zaki Bei, un vello aristócrata nostálxico doutros tempos ou Hatem, un xornalista homosexual que se enfronta a un mundo cada vez máis intolerante. A través destes personaxes, o escritor egipcio Alaa Ao Aswany debuxa a sociedade egipcia actual en "O edificio Yacoubian", primeira novela que se traduce do árabe ao galego. A obra, da editorial canguesa Rinoceronte Editora, sae á venda o vindeiro venres.

1.10.13

Máis de 170 títulos da literatura universal poden lerse en galego

Ambrose Bierce, Anatole France ou Maupassant tamén en galego

Malia non estar en páxinas de libro, podemos ler en galego obras de Washington Irving, Ambrose Bierce, Bécquer, Kafka, Anatole France, Flaubert ou Maupassant, Emily Brönte, Henry James, Mishima, Jane Austen ou Mark Twain grazas á biblioteca virtual Bivir que hoxe visitamos no Día Internacional da Tradución.

Ambrose Bierce

29.9.13

«Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro, xa ten edición en ruso

A edición forma parte da Antoloxía da literatura galega, publicada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo 

A tradución a distintas linguas da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, continúa no ano no que se conmemora o 150 anos da súa publicación, e faino cunha edición en ruso, presentada o 26 de setembro na Casa Museo de A Matanza, en Padrón, coincidindo co Día Europeo das Linguas.


A tradutora, xunto con Angueira, García, Alonso e González