Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións

4.12.16

Sicixia

Un novo filme de Ignacio Villar ambientado na Costa da Morte

A película, protagonizada por Monti Castiñeiras, Marta Lado, Sonia Castelo e Tamara Canosa, rodouse ao longo de oito semanas esparexidas entre mes de xullo de 2015 e o de abril de 2016 e estreouse en novembro deste ano.


30.5.16

Custounos catro anos ter a axuda da TVG, catro anos de chamar á porta unha e outra vez

Falamos con Oliver Laxe logo de gañar o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes, que o sitúa oficialmente como promesa mundial do cinema de autor. Cóntanos desde Tánxer, onde vive desde hai anos, a súa forma de ver o mundo e o cinema, o seu novo proxecto sobre identidade en Galiza, nos Ancares, que vai máis alá da sétima arte “porque teño moita necesidade de volver e de seguir enraizándome”.

11.3.16

Galicia terá a súa propia superprodución sobre a guerra entre celtas e romanos


Tras máis de cinco anos de atraso, o filme Galaicus rodarase en Lugo en 2017 coa presenza de Luís Tosar, como produtor e actor principal, no papel dun cónsul romano que se enamora dunha raíña galega.

5.3.16

Mostra de cineastas galegas para conmemorar o Día da Muller


O programa desta mostra inclúe o visionado de seis traballos de distinta temática, que teñen en común o estar dirixidos por cineastas. Así, Alexia Muíños presenta Asuntos Domésticos; Xisela Franco mostrará Cruz Piñón; Virginia Curía mostrará Cuida el agua, unha peza que realizou xunto Tomás Conde; Olga Osorio proxectará a peza de ciencia ficción Restart; Olaia Sendón, Mijau; e Sonia Méndez, Conversas cunha muller morta.

24.2.16

CINEFORUM NA CORUÑA_

Dani de la Torre (Monforte, 1975) volve este domingo á Coruña co seu primeiro filme, que é tamén o seu primeiro gran éxito. Tras gañar dous Goya e pasar por festivais de sona mundial como Donosti, Nantes ou Amsterdam, El desconocido proxéctase este domingo, 21 de febreiro, no coruñés Teatro Rosalía de Castro (19:00, de balde), onde o filme estará acompañado por un cinefórum no que o público terá a oportunidade de formularlle preguntas ao director.
Coa fita xa vendida en vinte e cinco países, De la Torre admite que "nunca soñara" ter "tanta transcendencia cunah primeira película, nin sendo moi optimista". "Imos ir aos poucos", afirma de cara ao futuro, se ben tamén tira a lección de que é posible realizar, dende Galicia, filmes de acción ao máis alto nivel e competir en igualdade de condicións con outras cinematografías de orzamentos moito maiores.

28.5.15

'O noso último verán en Escocia'


A comedia británica estréase hoxe en Santiago en versión dobrada ao galego e poderase ver a partir de mañá 14 cines de 8 localidades de Galicia. Esta é unha comedia de éxito que xa acadou seis millóns de euros de recadación nos cines do Reino Unido

7.5.15

Maimiño e o espello máxico leva de novo a nosa lingua ás salas comerciais. Desta volta será por medio dunha película de animación que tende pontes entre Cuba e Galiza e que se fai oco nun ámbito dos filmes infantís no que imperan as grandes produtoras americanas.

3.5.15

A Historia do cinema terá que contar con Cans.

Unha ducia de ovos, como recén saídos do galiñeiro, son a imaxe do cartaz do XII Festival de Cans que se desenvolverá do 20 ao 23 de maio nunha aldea no que os chimpíns están xa a punto para non parar de circular durante os tres días nos que se converten na capital do audiovisual galego.

17.3.15

XA VAI CHEGANDO O AGROGLAMOUR

O Festival de Cans recoñece co Premio Pedigree 2015 a traxectoria do actor Javier Gutiérrez

5.3.15

Nace o 'Galician Film Forum' de Londres

O obxectivo do GFF é crear un espazo para a difusión do cine galego na capital británica.

4.3.15

Galicia e o cine


Aquí podes descargar o traballo de Miguel Anxo Fernández que abre o caderno central que dedicamos a eses 25 anos de cine en Galicia.

9.2.15

Xeración Goya

Máis diversificados territorialmente, os últimos premios Goya confirmaron o bo papel de Galicia no mundo actoral e auguran un certo cambio de ciclo no cinema, máis próximo ás salas e con focos máis repartidos por todo o Estado. Nerea Barros e Javier Gutiérrez confirman a boa presenza dos actores galegos.