A mostra BDG70: a revolta do cómic galego xorde como
resultado da investigación realizada en 2015 por Xulio Carballo para a
súa tese de doutoramento sobre a banda deseñada galega. Esta exposición
quere pór de relevo a gran cantidade de artistas que, aínda en período
ditatorial, canalizaron o seu pensamento antiautoritario e artístico a
través dun medio aínda marxinal, o cómic, e dunha lingua pretendidamente
marxinalizada, o galego. A riqueza e variedade temática, das técnicas
artísticas e dos diferentes formatos empregados non deixarán indiferente
o visitante, que con certeza vai poder mergullarse na historia política
e social dos anos setenta por medio da novena arte.
Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada b>. Amosar todas as publicacións
2.12.16
16.8.15
15.1.14
"Oink!" a revista de Xabarín, única revista de banda deseñada en galego deixa de publicar
Só se publicaron catro números de setembro a decembro
"O que nos sobra en Galicia é talento, non podemos perdelo, temos que
darlle esperanzas ás novas xeracións". Con esta declaración de
intencións presentábase este verán Oink! A revista do Xabarín Club,
unha revista mensual de banda deseñada e outros contidos, para público
infantil e xuvenil e en galego. O proxecto, ambicioso e que viña encher
un oco no que a presenza da nosa lingua era case inexistente, non acadou
nos seus primeiros catro número a resposta agardada en número de
subscricións e exemplares vendidos e Oink! vén de anunciar a decisión de "non imprimir o número 5 ata que consigamos resolver os problemas de liquidez que estamos a experimentar".
7.1.14
Astérix e os pictos
Publicado en galego un novo número dos heroes galos
Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de
sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta,
Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.
2.11.13
Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Banda Deseñada
O debuxante, primeiro galego en conseguir o galardón, foi distinguido pola súa obra Ardalén
O coruñés Miguelanxo Prado foi galardoado co
Premio Nacional de Cómic
que concede o Ministerio de Cultura. O premio, dotado con 20.000 euros,
recoñece o labor do historietista e debuxante coruñés -o primeiro
galego en recibir esta distinción- ao longo das 256 páxinas de Ardalén
(
Norma),
unha obra que tamén se fixo co premio a Mellor Obra de autor español no pasado Salón do Cómic de Barcelona.
Miguelanxo Prado é un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic. Autor de obras como Trazo de Xiz (Norma) e a serie de historietas Quotidianía Delirante
(Norma) (tamén galardoada como Mellor obra nacional no Salón do Cómic
de Barcelona), o coruñés arrincou a súa andaina artística na década dos
80, colaborando en cabeceiras como Zona 84, Comix Internacional, 1984, Cairo, Cimoc ou El Jueves.
Tamén realizo cómics baseados en guións alleos como Pedro e o lobo, ou a serie O manancial danoite . Traballou para a Televisión de Galicia creando o personaxe Xabarín e todos os da serie Vos vixilantes do Camiño. En 1998 deseñou os personaxes da serie de animación Men in Black para Dreamworks. No 2003 viu a luz a súa colaboración co coñecido guionista de Sandman , Neil Gaiman, no libro colectivo Noites eternas.
No 2007,
Miguelanxo embarcouse nun ambicioso proxecto que culminou cun rotundo éxito: De Profundis (2007), unha película de animación que é mesmo dirixiu, escribiu e debuxou. Ademais, é director do
Viñetas desde o Atlántico, o Salón do Cómic que se celebra todos os veráns na cidade da Coruña. O 28 de novembro do 2009, o debuxante ingresou na
Real Academia Galega de Belas Artes.
9.9.13
A revista de Xabarín Club xa está nos quioscos
Oink! a única revista destinada a rapaces de 6 a 15 anos en galego
Neste mes de setembro xa está nos quioscos Oink!. A única revista galega destinada a rapaces
de entre 6 e 15 anos cun importante protagonismo do cómic nas súas
páxinas.
Segundo o seu director, Marcos Ferreira, Oink! é a revista «herdeira do espírito do Xabarín Club» que se presentou en agosto no Salón do Cómic da Coruña.
Ferreira explica que a revista
será mensual, con 56 páxinas «con contidos destinados a rapaces entre 6 e
15 anos, un franxa de idades nas que non hai oferta para os lectores
galegos». Nesas 56 páxinas están incluídas 17 de banda deseñada de
autores galegos, entre eles Miguelanxo Prado, Yolanda Sánchez Fidalgo,
Miguel Porto, Fernando Iglesias, Jacobo Fernández, Miguel Robledo, Pinto
& Chinto e Andrés Meixide, con Kiko da Silva como director de arte.
O prezo da revista será de 3 euros, «moi por debaixo do que ofrecen
revistas similares para un público como o que nós buscamos, unhas
revistas que están entre os 6 e os 8 euros», segundo apunta Ferreira, e
«ofrecendo un tamaño maior para unha lectura máis cómoda».
Aquela primeira xeración
A publicación nace como a revista
do Xabarín Club e, segundo o seu director, «quere recoller o que
significou ese programa para a primeira xeración que o viu e utilizalo
cos novos».
Unha das peculiaridades daquelas primeiras edicións do programa da TVG era o emprego de grupos musicais galegos. Oink!
ten previsto tamén publicar gravacións de grupos galegos. «Non
descartamos recuperar algún día a algún dos grupos daquela época, pero
agora a intención é aproveitar o talento novo e o que fará a revista é
lanzar gravacións de músicos novos», apunta o seu director. A
publicación espera vender de 10.000 a 15.000 exemplares.
21.1.13
A banda deseñada sobre Bóveda presentarase este mes
O proxecto leva varios meses en marcha e aínda continúa activo na
plataforma de crowdfunding Verkami. Presentarase en Pontevedra e na
Coruña.
24.9.12
Os Bolechas na TVG
Os Bolechas de Pepe Carreiro forman parte dunha nova serie na TVG. A
serie televisiva aparecerá nas faixas do almorzo e merenda, de
luns a xoves, dentro do programa Xabarín Club. Esta famosa familia
podemos atopala por todos os recunchos da arañeira da rede pois xa
contaba cun web oficial, ademais de ter páxina de facebook e conta de twiter.
7.8.12
Viñetas desde o Atlántico
XV edición da exposición de banda deseñada
A Coruña tínguese de banda deseñada este verán. Viñetas desde o
Atlántico chega á súa XV Edición cun programa que trascende os Xardíns
de Méndez Núñez e que implica diferentes colectivos de institucións da
cidade. Canda a isto, Miguelanxo Prado adianta mudanzas e novidades no
programa do evento que comeza o 6 de agosto.
3.5.12
Castelao, dobre protagonista de BD

Co album Castelao, o Pobre Tolo de Iván Suárez e Ignacio Vilariño, máis In memoriam, de Kike Benlloch e Fonso, Castelao toma por partida dobre protagonismo nas novidades editoriais en BD.
1.5.12
Trazos de xiz de Miguel Anxo Prado en galego
A emblemática e premiada obra de Miguel Anxo Prado Trazos de Xiz incorpórase ao galego da man de El Patito Editorial que publicará próximamente a agardada novela gráfica Ardalén.
30.3.12
Se o cómic falara
Primeiro volume da saga sobre Castelao de Inacio Vilariño e Iván Suárez
A ‘autobiografía’ de Castelao en 480 páxinas, entre as novas ideas da banda deseñada de temática histórica. A banda deseñada segue sendo un dos formatos máis avanzados para reproducir, en calquera das tonalidades que admiten o realismo e a fantasía, a froita da época. Sexa a que for, sobre todo cando hai realidades agochadas. Habería cómic do que está acontecendo en Grecia ou dos consellos de administración de Novacaixagalicia antes de dar en banco, só por citar eventos con dimensión espectacular. Se os capítulos da actualidade teñen tradución case instantánea no contexto anglosaxón, as posibilidades xenéricas da BD para a temática histórica, sequera, si que van igualando os diferentes catálogos europeos. Segue a noticia de Óscar Iglesias en El País
20.12.11
16.12.11
9.2.11
A NOITE DAS CACHARELAS
Un novo episodio dos Barbanzóns realizado polo debuxante Pepe Carreiro
Ver o trailer
Ver o trailer
2.11.08
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









