



A compañía de xeados Kelly´s of Cornwall creou un anuncio no que se potenciaba a calidade do produto co uso da lingua córnica e a un tempo multiplicaba a visibibilidade da reivindicación da dotación orzamentaria para esta lingua.
Máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas nestas rexións da Galaecia histórica celebran o 'Día do galego' no marco das VIII Xornadas Martín Sarmiento.
preme tamén na imaxe O Goberno galego divulgou este venres as condicións polas que repartirá 1,3 millóns de euros entre diversos medios de comunicación. Esta convocatoria, a única que cada ano distribúe fondos públicos entre os medios de comunicación con criterios obxectivos, fixa no 8% o "mínimo" de lingua galega que cómpre que estea presente no "total" da "información" publicada por cada cabeceira. Asemade, e como no pasado ano, o emprego do galego pesa menos dunha cuarta parte nos criterios xerais para a concesión dos subsidios.