Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exposicións. Amosar todas as publicacións

5.4.15

DESDE 1916...


O Consello da Cultura Galega celebrará o centenario das Irmandades da Fala “con tres seminarios e unha exposición, que supoñen unha revisión dos presupostos ideolóxicos e a contextualización deste movemento”, segundo informa nunha nota de prensa.

25.10.12

Bicentenario do cemiterio de San Amaro

@s alumn@s de 3º de ESO do instituto realizarán unha serie de actividades conmemorativas

Estamos ás portas do mes do Samain, do Halloween, de tódolos Santos, de defuntos. Este ano, aproveitando o bicentenario da inauguración do cemiterio máis antigo da nosa cidade, varios departamentos didácticos teñen previsto realizar unha serie de actividades conmemorativas c@s alumn@s de 3º de ESO.


29.11.11

Culturgal abre as portas un novo ano en Pontevedra

2 ao 4 de decembro celébrase a feira cultural máis importante de Galicia

As persoas que se acheguen a Pontevedra esta fin de semana poderán escoller entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20 obras de teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro, múltiples presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imaxes das propostas audiovisuais que pronto chegarán aos cines galegos. Serán tres días intensos, cheos de propostas para todos os gustos, sen un momento libre para o aburrimento.
A Feira abre as súas portas o venres ás 11h, para non pechalas ata que caia a noite do domingo. Espazo hai para todo: música, audiovisual, artes escénicas, novas tecnoloxías, literatura e programación infantil.

26.2.11

EXPOSICIÓN EN PALEXCO SOBRE A "GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL"

Cando o barrio de Elviña foi unha granxa agrícola










Do xoves 24 de febreiro ao domingo 27 de marzo
Sala Municipal de Exposicións do Palexco
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Entrada libre até completar capacidade.
O xoves 24 de febreiro, ás 20:30 horas, inaugúrase a exposición "A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)", promovida polos Museos Científicos Coruñeses como un recoñecemento a aquela institución pioneira. Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades. Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a "festa da árbore". Máis información neste arquivo .pdf: A Granxa Agricola Experimental de Galicia.