Pontevedra e Rianxo acollerán este próximo sábado a estrea en Galiza da que é a primeira versión para títeres da obra teatral “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao.
Amosando publicacións coa etiqueta teatro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro b>. Amosar todas as publicacións
25.1.16
por primeira vez en versión para monicreques
3.4.15
“URDIME” nace froito da unión das sinerxias de varios profesionais da xestión cultural, construindo pontes e camiños que xuntan coñecementos e enerxías, co fin de xestionar proxectos culturais relacionados coa infancia e a xuventude.
26.3.15
DIA MUNDIAL DO TEATRO
"A nai de todos os obxectivos é conter a lingua galega como emblema da nosa cultura" escribe Xurxo Borrazás no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro que o vindeiro 26 de marzo lerá na gala de entrega dos Premios María Casares. "Non teñen nada contra o polbo á feira, a praia da Lanzada, o Pórtico da Gloria, o albariño de Cambados ou a romaría da Franqueira. Son os primeiros en chorar cando escoitan unha gaita. O que non aturan é a diferenza da lingua.
19.12.14
Os títeres saen de novo a escena
Logo de catro anos fechado, o Museo Galego da Marioneta inicia a súa nova andaina co restaurado Pazo de Liñares como sede. Nado a partir do traballo de Viravolta Títeres, o centro inicia unha nova etapa na que agarda facerse unha referencia no mundo dos monicreques en Galicia.
27.11.14
A compañía de teatro Chévere gaña o Premio Nacional de Teatro
O xurado concedeulle este galardón “pola súa coherente traxectoria de creación colectiva basada en fontes do teatro documento e na transgresión de xéneros” ou pola súa “vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica, tal e como demostraron nos seus últimos espectáculos, ‘Citizen’, ‘Eurozone’ e ‘Ultranoite no País dos Ananos’.
12.11.14
25 anos de teatro nun documental
A Viaxe dos Chévere é un achegamento filmado ao traballo e á vida duns cómicos trillados polo asfalto, feito nos primeiros anos do s. XXI. A través dunha mirada moi persoal e poética, Alfonso Zarauza narra o desterro dunha compañía de teatro expulsada da súa cidade por un político corrupto e a súa loita de resistencia desde o territorio aínda ceibe do escenario. Unha película que fala da irracionalidade do poder e da cordura da arte, da volatilidade da acción política e da perdurabilidade do traballo creativo. Un filme que acredita na veracidade da ficción, nas illas flotantes, nos cabalos filósofos e nos cabarés nihilistas.
Durante varios meses, o cineasta e un reducido equipo acompañaron ao grupo Chévere no seu traballo diario, mentres elaboraban a Ultranoite no País dos Ananos, un musical estreado no concello de Teo que agora está xirando por Galicia. O resultado é unha película que trata de ser un documental sen deixar de ser un relato amargo pero esperanzador do tempo presente. Un proxecto no que o teatro e o cine van da man.
23.5.14
O IES Elviña gaña o concurso da XXV mostra do teatro escolar organizada polo concello da Coruña
A obra gañadora titulábase: A reciclaxe
Por segundo ano consecutivo. A entrega do premio realizouse o 22 de maio no teatro Rosalía de Castro.
Parabéns de toda a comunidade educativa!
![]() |
| Premio do XXV certame |
| Compoñentes do grupo e a directora co premio |
| Compoñentes do grupo e a directora no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) |
27.3.14
As do peixe
Teatro no Rosalía de Castro o 28 e 29 de marzo
con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro, Rocío González
guión Cándido Pazó
Dirección: Cristina Dominguez de Pena
Unha viaxe a través da memoria.
Unha crónica das mulleres traballadoras da conserva basada en testimonios reais.
Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público adicado á memoria das conserveiras. Aquí
tratan de recordar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, despois
de que a fábrica de conservas máis importante da zona pechara,
despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver a recuperalo. A súa historia é a demoitas outras mulleres das viñas mariñeiras que se quedaron sen traballo, ensinanos unha realidade: a caída dunha economía e dunha forma de vivir.
Esta viaxe cara o pasado supón aínda máis para elas, xa que a recuperación na súa memoria dos momentos claves dos anos vividos na fábrica, irán intimitante unidos as súas propias biografías. As súas vidas e á de moitas mulleres pasarán por diante delas, facéndolles revivir un pasado que agora mesmo parece moito mellor do que foi e enfróntanse a un presente cheo de incertidume.
con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro, Rocío González
guión Cándido Pazó
Dirección: Cristina Dominguez de Pena
11.3.14
Rosa de dous aromas
Dirixida por Lino Braxe. Estreo no Ágora o venres 14 de marzo ás 20:30
Dúas mulleres reunidas na sala de espera dun
cárcere dá inicio a esa obra que, baixo a dirección de Lino Braxe,
recrea a historia de dúas estrañas que comezan a relacionarse cando
descobren que visitan o mesmo home.
Rosa de dous aromas é unha das obras máis coñecidas do
escritor mexicano Emilio Carballido, morto no ano 2008 despois de 82
anos de vida e unha extensa produción literaria.
Esta obra trata de dúas mulleres e os conflitos que xorden entre elas
no interior dun cárcere. A adaptación que se presenta é unha visión do
teatro como vehículo que achega o ser humano á súa identidade, tal e
como expresaba o propio dramaturgo mexicano.
Rosa de dous aromas retrata a realidade do amor mal
entendido, a necesidade e a obsesión que ás veces os seres humanos
exhiben cando se senten namorados. Pon de manifesto que aínda que a
cordura e a razón ditaminen que abandonar a ese home é o que se debe
facer, moitas veces o camiño escollido é outro. As xustificacións
abundan: os nenos, o medo á soidade, a dependencia económica. Mil e
unhas escusas para non facer o que se debe facer. Esta é a ruta que
transitan Marlén e Gabriela, as nosas protagonistas, aínda que se dará a
coñecer a verdadeira intención do destino que uniu a estas mulleres.
Teatro en feminino, cunha repartición artística e técnico de luxo,
que lle permitirá ao espectador internarse no complexo mundo dos
sentimentos das mulleres.
FICHA TÉCNICA
REPARTICIÓN: Isabel Blanco e Sabela Hermida
AUTOR: Emilio Carballido
TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN: Lino Braxe
DIRECCIÓN: Espazo escénico Sara Pena e dirección Lino Braxe
15.12.13
Eurozone
Nova representación teatral do grupo Chévere no Teatro Colón
Chévere en xira co seu novo traballo para o 2013, un panfleto teatral sobre a crise da Eurozona. Un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias directas a Reservoir Dogs (a mítica primeira pelicula de Tarantino), á linguaxe da publicidade, aos casinos online, aos bailes de salón e ao argot económico que asulaga as nosas vidas. Eurozone é unha produción ambiciosa para tempos de crise, unha obra coral con 8 actores e actrices en escena. Un traballo de creación colectiva que se foi artellando desde cero ao longo de dous meses de ensaios. Un proceso que estivo aberto a calquera persoa curiosa a través de Redenasa, onde permanecen visibles os diarios de todo o equipo.
Máis información
8.11.13
Brais das Hortas no IES Elviña
Brais das Hortas e os seus Contos de defuntos (actuación o 5 de novembro)
Actividade promovida polo Club de Lectura Elvilendo
Actividade promovida polo Club de Lectura Elvilendo
24.5.13
XXIV mostra de teatro escolar
1º premio ao IES Elviña no Maratón de Teatro
O alumnado que participa no grupo de
teatro do IES Elviña coa obra Cousas nosas recibiu o 1º premio no maratón celebrado no Teatro
Rosalía de Castro o 23 de maio dentro da XXIV Mostra de Teatro Escolar
organizada polo Concello da Coruña
Parabéns a todo o grupo!
4.10.12
Vidal Bolaño segue vivo
O vindeiro 27 de outubro Roberto Vidal Bolaño será recordado e
homenaxeado nun acto, organizado por un grupo de amigos, familiares e
xente do entorno que non garda relación coa celebración do Día das
Letras, xa que foi concebido e organizado previamente a esta decisión.
Tampouco conta con ningunha axuda oficial, agás a cesión do local polo
CDG.
10.9.12
O Salón Teatro acollerá o 27 de outubro a primeira gran homenaxe do Ano Vidal Bolaño
O ano Roberto Vidal Bolaño vai collendo corpo. Este martes 11 de
setembro farán dez anos do seu falecemento e dende a contorna do
escritor estase xa a ultimar unha gran homenaxe para lembrar o
dramaturgo a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas do próximo ano.
22.7.12
Mostra internacional de teatro de Ribadavia
28º certame do 21 ao 28 de xullo
A MIT Ribadavia reforza o carácter internacional con espectáculos de Portugal, Francia, Cuba, Italia, Bélxica, Arxentina, México e España, sen esquecer a calidade escénica feita en Galicia, tamén como firme apoio e visibilización no momento máis duro que se recorda para o sector profesional en Galicia.
10.5.12
Proxecto perseveira
Actividade realizada polo alumnado do PDC do IES de Porto do Son
Os funcionarios e o alumnado de diversificación tamén traballan.
8.4.12
Noites de retranca
Monólogos de Quico Cadaval, Víctor Fábregas e Carlos Blanco o 12 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña
Ten lóxica entón que ‘Noites de retranca’, con ese reclamo publicitario xa no nome, triunfe. E é que estamos xa na terceira edición e sempre enche os teatros (e non, non é tan fácil). Polas ‘Noites de retranca’ pasaron xa monólogos con Manuel Manquiña (un dos participantes máis valorados polo público), Sergio Pazos ou Javier Veiga.O xoves 12 de abril Quico Cadaval, Victor Fábregas e Carlos Blanco actuarán no Teatro Rosalía de A Coruña, onde, cada un co seu tipo de humor, pretenderan facer rir ás gargalladas.
28.3.12
Día Mundial do Teatro 2012
Vía blog 4º ESO IES Elviña
"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.
Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que o devandito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a gracia. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, de certo, moitos de vós estaredes na obriga de afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para nos ensinar como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós – xa que será o mellor de vós, e aínda así, hase dar só nos momentos máis singulares e breves – o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: “Como vivimos?” Boa Sorte!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











