Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

23.1.13

Entroido 2013

Disfruta do entroido nas terras ourensás
Albergue os Biocos
Programa

Na montaña ourensá o Entroido vívese canda os nosos devanceiros, e trátase do Entroido máis xenuíno e máxico desde tempos inmemoriais.

Os Felos de Maceda; os Boteiros de Viana e de Vilariño de Conso. os Fulións de Trives e as Mázcaras de Manzaneda serán as nosas compañeiras de festa. A androlla, a cachucha, o cabrito, as orellas e as bicas manteigadas farán que repoñamos forzas.

Despois do repenicar dos choqueiros é ben merecido un descanso para repoñer forza e no albergue dos Biocos poderás atopalo.

Ven pasar o Entroido ao Albergue dos Biocos e poderás atopar tranquilidade, calma, silencio, así coma, dar un paseo pola fraga máxica de San Xoán de Río na mellor compañía, a dos teus e a dos castiñeiros milenarios que alí toparás.
Tarifas => aloxamento, almorzo e cea tradicional de Entroido.
27,00 € por día (tarifa adulta)
14,00 € por día (menores 12 anos)
Fai a túa reserva antes do luns 4 de febreiro.
Máis información:
info@osbiocos.com / 988 346 204 / 988 391 389

--

Aquí está o programa de todo canto hai polos arredores do albergue:


Venres, 8 febreiro 2013

Laza
23:00 - Gran folión de bombos, chocas e fachós polas rúas do pobo con entrada nas casas para repoñer forzas con doces e xastreu.


Sábado, 9 febreiro 2013


Os Felos de Maceda
10:00 - Os felos comezarán en Castro Escuadro o seu percorrido polos pobos da serra pasando por Pías, Santirso, Xinzo da Costa, Celeirón e Carguizoi, en Tioira, onde xantarán.
Seguen pola tarde cara Barxela e Vilar de Cans
20:00 - Estarán de volta no centro de Maceda e percorrerán as rúas para rematalo día.
Vilariño de Conso
19:00 Os folións percorren as rúas do pobo de Vilariño.


Domingo, 10 febreiro 2013


Maceda
10:00 - Dende o restaurante La Diligencia sairá outro grupo de trinta felos naturais de Casto Escuadro. Irán en bus até varios pobos da serra de San Mamede. Vilariño de Conso11:30 - Saída do desfile de folións, boteiros e danzantes chegados dende diferentes pobos, con parada na praza maior para a lectura de versos. Logo seguirán camiñando e bailando ao son das ferramentas até o colexio público. É nas inmediacións do colexio público de Vilariño de Conso onde paran, deixan bombos e ferramentas e van xantar ao polideportivo (ás 14:30).
Menú: empanadas, cabrito, doces tradicionais e bebidas por 15 €
Para sumarse ao xantar, hai que avisar canto antes á responsable do albergue.

Manzaneda
15:00 - Fuliada en San Martiño con mázcaras e bombos que percorrerán as rúas do pobo, sendo recibidos ao seu paso con doces e bebidas que lles ofrecen as veciñas e os veciños.


Luns, 11 febreiro 2013


Maceda
Xornada adicada á infancia con diferentes actividades no pobo.
Vilariño de Conso16:30 - Saída dos folións e petiscos polo pobo de Vilariño.


Martes día 12 febreiro 2013

Manzaneda 11:30 - Desfile de fulións14:00 - Xantar popular con chourizo cocido, empanada e carne ao caldeiro, viños e bica por 8 € (menores de 6 anos, de balde).