Amosando publicacións coa etiqueta emprendedores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emprendedores. Amosar todas as publicacións

3.4.15






 “URDIME” nace froito da unión das sinerxias de varios profesionais da xestión cultural, construindo pontes e camiños que xuntan coñecementos e enerxías, co fin de xestionar proxectos culturais relacionados coa infancia e a xuventude.

23.2.15

Isto é a vida pai: marisco, viño e deseño

Con esta idea como punto de partida, o estudo madrileño Chichinabo Inc. e a tenda online de marisco galego Sal y Laurel lanzan á venda unha colección limitada e artesanal de cuncas de viño para homenaxear aos obxectos estrela das tabernas galegas. Un coidado packaging inspirado nas redes de pesca garda no seu interior catro unidades que ilustran artes empregadas nas rías galegas desde hai centos de anos, como son a nasa, as redes, as ferramentas manuais e o mergullo a pulmón.

1.12.14

Culturgal

5, 6 e 7 de decembro en Pontevedra

Comeza a Feira do 2014.



17.6.14

O IES As Barxas (Moaña) gaña o Proxecta Innovación

Barxas Emprende: creación dunha editorial

O proxecto "Barxas Emprende: creación dunha editorial" foi seleccionado, de entre máis de 70 participantes, como gañador do premio único de 8.000 € da Primeira Edición do concurso "Proxecta Innovación", o obxectivo do cal é promover a renovación da aprendizaxe nos centros educativos galegos.

"Barxas Emprende é un proxecto creativo e interdisciplinar que consiste na creación dende cero dunha empresa editorial de libros infantís ilustrados realizados por alumnos. Para iso, o IES Ás Barxas prevé a participación doutros catro centros educativos e de 150 estudantes de 3º e 4º curso diso. Os libros producidos, que poderán ser utilizados en varias materias, implicarán a utilización de ferramentas de deseño gráfico e técnicas innovadoras de escritura, e estarán dispoñibles en galego, castelán e inglés.

Noraboa aos nosos EMPRENDEDORES!!!!
Nova na prensa: Faro de Vigo. Voz de Galicia

11.12.13

Vouche facer un Agasallo

Agasallo.eu nova web con ideas
 
A plataforma Agasallo.eu, impulsada pola Coordinadora de Traballadoras e Traballadoras de Normalización da Lingua, xunta xa unha morea de ideas para agasallar co propósto básico de que a lingua propia "non quede escondida no ámbito comercial", explica Nel Vidal, presidente da CTNL.

http://www.agasallo.eu/
Presentación da web Agasallo.eu

1.12.13

Remata Culturgal 2013 con éxito de público

Xornada final co Premio do Público e foro sobre crowdfunding

Entrar na páxina de Culturgal

 

25.11.13

Culturgal 2013

Do 29 de novembro ao 1 de decembro en Pontevedra


http://culturgal.com/

12.10.13

San Luis: Estamos de volta

O fundador da cadea San Luís reabre tendas pechadas pola multinacional que lla comprou e crea un modelo “100% galego” convencido de que funciona

Estamos de volta. San Luís. O anuncio ocupa todo o escaparate nun local do centro comercial das Roseiras na Coruña. Volve, case 40 anos trala súa creación, a cadea galega de tendas de electrodomésticos. E volve da man do seu fundador. Algo nada frecuente e menos tras ser engullida por unha multinacional francesa que tras sete anos, desistiu, liquidou e marchouse. 

Pero "equivoqueime”, engade. A multinacional “non aguantou o tirón”. E López, con ánimo de recuperar “o capital humano” ao que a francesa non soubo sacar partido, embarcouse de novo, con outros dous socios, na aventura de reabrir en setembro ata dez tendas dunha marca comercial que, sorprendentemente, segue sendo unha referencia líder para os consumidores galegos. Unha enquisa recente corrobora que San Luís é a terceira preferida para comprar electrodomésticos ou eléctronica, catro puntos por encima do seu ata agora dona gala. “É incrible para unha marca que leva sete anos desaparecida”, subliña o empresario coruñés.

E outro empeño do empresario: San Luís volverá ser 100% galega. Xa fora pioneira en utilizar o galego en toda a súa publicidade cando aínda non existía nin TVG, nin a autonomía. “E sen recibir un céntimo de subvención”, unha cultura na que o fundador da cadea nunca creu, nin practicou, insiste. Para poñer á última as tendas da cadea, que recorrerá á web e as redes sociais para “unha constante comunicación co cliente”, os seus donos acudiron á Universidade da Coruña, algo que moi poucos empresarios utilizan, lamenta López, para dotarse dun potente sistema informático.

26.2.13

Rafael Cuiña, empresario. Comprometido co galego

Nas actividades que están a realizar no IES da Pobra do Caramiñal, 21 días co galego, participou un empresario comprometido coa defensa do galego. Ver a súa testemuña neste video.

13.2.13

Acértalle no corazón, con Yolanda Castaño

Doces e poesía únense no San Valentín
 
Co gallo do día dos namorados e a celebración de San Valentín, un dos maiores referentes da respostería tradicional e creativa galega tras 40 anos de exquisito traballo –a casa Fina Rei- de Allariz (Ourense) asóciase coa poeta Yolanda Castaño para presentar un produto moi especial. Trátase dunha frecha de chocolate rematada nun corazón, e que leva consigo un poema de amor asinado pola poeta actual santiaguesa-coruñesa, nunha saborosa alianza de versos e chocolate dirixidos a esa persoa querida. Baixo o lema Acértalle no corazón, vén de editarse ademais un cartel conmemorativo da froitífera colaboración culinario-literaria.


10.12.12

De Italia a Lugo por amor e para crear o primeiro xoguete en galego

«Sorprendeume que non houbese xoguetes en galego coa grande emigración que ten Galicia»

 A Real Academia Galega deu o seu apoio ao proxecto supervisando os textos.