Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións

21.6.17

Xiada dixital

Revista do IES Elviña 2016-17

http://xiadadixital1617.blogspot.com.es/
 

5.6.17

21 días en galego

O Fogar de Santa Margarida (A Coruña) emprende unha campaña co alumnado de 3º ESO para a promoción da lingua galega

Parabéns!



2.6.17

A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso

Con 34 anos de atraso, desde que en 1983 se aprobara a Lei de Normalización Lingüística. Máis de tres décadas despois, A Coruña comeza a adaptar o seu rueiro á toponimia oficial, retirando varias placas que empregaban denominacións deturpadas para referirse a varias localidades galegas en diferentes rúas da cidade. 


 

1.4.17

Falar sen cancelas

Video co que participou o IES Elviña no concurso de Correlingua 2017
   
Video Presentado no concurso do Correlingua 2mil17 polo alumnado de 3º da ESO e o Equipo de dinamización da lingua Galega do IES Elviña da Coruña. 
Podedes ver o video gañador realizado polo CPI Suárez Marquier do Rosal :

Tamén presentamos o vídeo realizado polo CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños co que compartimos o X encontro lingüístico este 25 de abril:

13.12.16

A Lomce reduce ao mínimo a presenza no ensino do galego, minguada xa polo decreto

A aplicación da Lomce reduce aínda máis a presenza do galego en Secundaria: entre 18 e 21 horas semanais fronte a 31 en castelán.
"Non se cumpren nin os mínimos que marcaba o polémico decreto do plurilingüismo", denuncia A Mesa.



12.10.16

LGx15

24 de novembro na Sala Capitol de Santiago

Hai vida + alá da nostalxia do Xabarín? Quen son os/as millennials? Disto falará no a mesmísima costureira de internet


21.9.16

Proxecto APEGO

Milleiros de familias de 23 concellos incorporan o galego á crianza das súas fillas e fillos a través do proxecto Apego

 Impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), o proxecto puxo en marcha toda unha serie de medidas para facilitar a transmisión da lingua galega á infancia de entre 0 e 6 anos e a súa socialización nela. Tras o pulo dos once concellos fundadores (A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo), doce máis uníronse no pasado abril (A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo). 

 

24.6.16

Da Laracha a *La Racha pasando por *Laracha: Da importancia de non quedar in media res

Non quedemos in media res, non lle permitamos que gañen a batalla do feísmo lingüístico e da deturpación toponímica e protestemos diante destas agresións ao noso espazo cultural, histórico e social. De nós, e de ninguén máis, depende.

10.5.16

Coordinadora de EDNL do Morrazo,

. Vídeo-selfies feitos polas persoas participantes e cedidos xenerosamente para este vídeo de defensa da língua en todos os sectores profesionais. Moitas persoas famosas e non famosas, todas construíndo país, cultura e lingua.