preme tamén na imaxe O Goberno galego divulgou este venres as condicións polas que repartirá 1,3 millóns de euros entre diversos medios de comunicación. Esta convocatoria, a única que cada ano distribúe fondos públicos entre os medios de comunicación con criterios obxectivos, fixa no 8% o "mínimo" de lingua galega que cómpre que estea presente no "total" da "información" publicada por cada cabeceira. Asemade, e como no pasado ano, o emprego do galego pesa menos dunha cuarta parte nos criterios xerais para a concesión dos subsidios.
Amosando publicacións coa etiqueta medios de comunicación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medios de comunicación b>. Amosar todas as publicacións
22.2.16
O Goberno rebaixou ata en catro ocasións o peso do galego nas axudas durante os últimos anos
22.5.15
21.5.15
15.4.15
Marga Pazos, (re)transmisora da lingua
| PREME NA IMAXE |
Prolingua quere ser un máis dos colectivos que felicite a Marga Pazos, presentadora do Telexornal Mediodía da TVG, que foi recoñecida como a mellor comunicadora de televisión nos Mestre Mateo 2015.
17.2.15
Os medios en castelán reciben nove veces máis cartos da Xunta que os xornais en galego
Os medios membros da Amega denuncian"a desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego no eido da comunicación ante a pasividade das administracións públicas" e esixen a necesaria transparencia no reparto de axudas aos medios de comunicación, así como as campañas publicitarias institucionais.
Tamén reclaman que as axudas á promoción do galego recalen, na súa medida, nos medios que facemos do galego a nosa identidade.
Máis información
2.4.14
22.5.13
Prensa e poder
Unha investigación do Galicia Confidencial e de Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.
Información vía Galicia Confidencial de Walter Burns e Hilda Carvalho

19.12.12
4.9.12
As redes sociais disparan a prensa en galego
Galicia Confidencial é xa o cuarto diario máis lido na Rede en Galicia, superando este verán a La Opinión e ao portal do Progreso. Case todos os medios na lingua propia obteñen bos resultados nas redes sociais.
Ver información en Galicia Confidencial
Ver información de Código Cero
8.5.12
26.4.12
26.3.12
A TVG pide a unha presentadora que non utilice a 'gheada'
A normativa estándar volve ao programa A Revista
(Información de Alfonso Pato en El País, 25/03/2012)
(Información de Alfonso Pato en El País, 25/03/2012)
Ata hai dous fins de semana, o espectador de TVG que conectase a canle un sábado ou domingo ao mediodía sorprenderíase ao escoitar unha forma de falar inédita na cadea. A presentadora da Revista do fin de semana, Lorena Pose, dirixíase ao público falando con gheada, dicindo “jracias” ou “ata lojo”, o cal resultaba chocante para un espectador habituado a unha normativa estándar nos 25 anos de historia da canle. Pero o atrevimento inusual da presentadora chegou ao seu fin o pasado fin de semana: Lorena Pose pasou a falar de novo no galego normativo estándar.
"Desde a dirección de informativos pedíronme que deixase de usar a gheada porque moita xente non se identificaba con esa variante e comentáronme que podía ser molesto”, explica a xornalista. Desde a dirección de informativos explican que “a TVG ten que escoller para os seus informativos unha expresión estándar que non dependa da elección persoal dun informador cunha ou outra realización fonética”.
“É certo que chegaron opinións para ben e para mal e aí é onde se abriu o debate”, informa Lorena Pose. “O estilo débeno marcar liñas lingüísticas e corporativas en relación á imaxe da cadea. Está en xogo a credibilidade e aí a lingua é un aspecto máis”, afirma Paulino Novo, coordinador de lingüistas da CRTVG, que normalmente seguen as pautas da Real Academia Galega (RAG). “Non hai normas escritas sobre si recoméndase unha opción ou outra e ás veces imos creando e investigando nós, por iso paréceme moi interesante que exista esta discusión”, engade.
A RAG admite a gheada como oficial, “pero só na súa forma aspirada”, recorda Carlos Callón, da Mesa pola Normalización. “Para min o lóxico é que se utilice o estándar para ámbitos formais como os medios, escolas ou institucións, e a gheada úsese noutro tipo de programas informales” indica. A exitosa serie Mareas Vivas, a finais dos noventa, foi o precedente.
“A gheada está aceptada e non é menos lexítima nin menos pura. Non existe ningunha razón para desterrarla do discurso público, por que non se vai a usar si a maioría da xente úsaa?”, cuestiona o lingüista e académico Xosé Luís Regueira. “Hai outro problema de fondo, que é o prexuizo social sobre a gheada como algo vulgar ou bruto e a mensaxe é que para falar ben tes que desprenderche dela”, denuncia Regueira, que sinala os informativos como “o sitio máis duro para entrar”.
Este fin de semana emítese de novo A Revista e volverá presentar Lorena Pose, agora na normativa estándar. De calquera forma, no arquivo da web de TVG aínda se poden visionar os programas anteriores, e coa que era despedida habitual da presentadora de Ponteceso: “Jracias por vernos”. A gheada quedou pechada no arquivo, pero o seu debate segue aberto.
Valoración da gheada no programa da TVG Ben falado
19.3.12
Vitaminas para os medios, novas forzas para a lingua
A iniciativa Vitaminas para o Galego chega ás 25 cabeceiras asociadas e prepara un festival de música e poesía para o 27 de abril, que terá lugar na Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela (coa presenza xa confirmada de Terbutalina), así como varios eventos para o 17 de maio. No horizonte tamén está a posibilidade de constituír unha asociación de medios en lingua galega que sirva para incrementar a capacidade de influencia destes medios diante das administracións, facilite a posta en práctica de sinerxías, tanto a nivel comercial como creativo, e contribúa á promoción do labor xornalístico de todos eles.
A iniciativa, impulsada dende un inicio por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, conta xa con 25 medios asociados, pois as devanditas cabeceiras se lles uniron con posterioridade Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; o xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira, o programa radiofónico Plástico Elástico e os mensuais Gaceta de Fene e Cerne, xornal da terra de Melide.
O obxectivo da campaña, en palabras dun dos seus principais impulsores, Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, a rede de emisoras municipais de Galicia, é dobre: “sensibilizar sobre a necesidade de que haxa medios de comunicación en galego para garantir a transmisión interxeracional”, ademais da “procura de recursos económicos para axudar á supervivencia dos medios”.
Polo de agora a iniciativa, que botou a andar pouco antes do nadal, vai cumprindo obxectivos, recadando case sete mil euros a través de douscentos micromecenas na web de crowdfunding Verkami. Pero ademais, como salienta Sanfiz, a campaña tivo xa outros beneficios: “Só o feito de divulgar a existencia destes 25 medios é xa un ben en si mesmo. Destes 25 medios, a inmensa maioría teñen carácter local ou comarcal, cunha notable incidencia no seu ámbito, pero son moi descoñecidos no resto de Galicia”
29.2.12
Dioivo: un novo medio de comunicación en galego
Despois do seu vídeo-promoción retranqueiro, chega un novo medio en galego (como se houbera tantos!)
Non podía ser noutro dia, un 29 de febreiro. Agora faránsenos máis curtos os 4 anos que teremos que agardar para celebrarlle o seu primeiro aniversario.
Dando mostras de continuar na mesma liña demostrada nos seus anuncios de saída, ao tempo que declaran que ao saíren escaldados das experiencias en medios tradicionais, 'non son tempos de papeis', tamén nos ofrecen o seu número cero precisamente en papel.
O Dioivo chegou e fíxoo cheo de contidos. Impresionante, hai que mollarse e consultalo

1.2.12
Praza pública
Dirixido por Marcos Pérez Pena. Con David Lombao e Lara Graña na redacción
Vai a Praza Pública
Un obxectivo
O obxectivo de Praza Pública é enriquecer o panorama dos medios galegos. Durante estas primeiras semanas irán facendo moitos cambios, corrixíndolos e mellorándolos. Pero tamén necesitan da túa axuda.
Nace unha nova revista dixital: Cartafol
Cartafol, unha revista que saía á luz hai un ano como semanario en papel de temática educativa, transfórmase agora en revista dixital pensada fundamentalmente para ser consultada nas tablets, tamén aparece en formato PDF.
Os cambios no Cartafol non paran aquí e convírtese tamén nunha revista de información xeral.
Despois da impresionante avalancha de Praza Pública, recibimos con enorme satisfacción este novo espazo para o galego e a información independente.

O que parece un novo rexurdir dos medios galegos e en galego, comenzara a finais de outubro con Tempos Dixital e ten perspectivas de continuar avanzando cun proxecto moi consolidado, Sermos Galiza, e unha iniciativa que cada día colle máis forza, Vitaminas para o galego.
Despois duns anos horribles para os medios en galego coa desaparición de cabeceiras como A Peneira, A Nosa Terra, Xornal, Galicia Hoxe, volve a sair o sol na terra da nosa lingua.
Despois duns anos horribles para os medios en galego coa desaparición de cabeceiras como A Peneira, A Nosa Terra, Xornal, Galicia Hoxe, volve a sair o sol na terra da nosa lingua.
Neste ano, centenario do nacemento de Celso Emilio, podemos recordar os versos do poema Notas Necrolóxicas: Os mortos que vos matades, gozan de boa saúde.
Cos mellores desexos de presenza e continuidade para estes novos medios.
15.1.12
A lingua galega presentouse á convocatoria de novos dominios de Internet
Puntogal conta co apoio de 109 institucións e 12.370 cidadáns de todo o mundo
A ICANN, a corporación que goberna os nomes de Internet, abre este venres un proceso de solicitude de novos dominios, o primeiro dende 2004. A Asociación Puntogal, co apoio da secretaría xeral de Modernización da Xunta de Galicia, remitirá a candidatura para un identificador de máximo nivel para a lingua e a culturas galegas, o “.gal”.
O prazo para enivar as candidaturas pecha dentro de tres meses. Puntogal está a ultimar os informes imprescindibles para demostrarlle á ICANN que o dominio para o galego é viable técnica e economicamente e conta cun amplo respaldo social.
Prazos
Unha vez recibidas todas as candidaturas, a ICANN avaliará aos candidatos a través dun complexo exame nun prazo que oscila entre os doce e os dezaoito meses. No caso de superar o exame sen ter que aportar información suplementaria, poderanse rexistrar dominios .gal a partir de mediados de 2013.
Na Asociación Puntogal participan 109 entidades, incluídas as principais institucións culturais (Real Academia Galega, Consello da Cultura, etc.) e educativas (Universidade de Santiago, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, etc.) do país.

Utilidade do “.gal”
Máis de vinte asociacións de emigrantes baseadas en 10 estados (España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, A Arxentina, Estados Unidos, O Uruguai e Brasil) tamén colaboran na Asociación. E é que servir de vínculo entre a comunidade emigrante é unha das utilidades prácticas que terá o “.gal”.
Un dominio propio axudará tamén a localizar máis rapidamente os contidos en galego. O aumento do prestixio que implicaría o logro “.gal” axudaría, ademais, á publicación de novos contidos en liña en galego. Así sucedeu xa no caso do “.cat”, o único dominio lingüístico en marcha.

Beneficios para axudar ao galego nas novas tecnoloxías
En cinco anos, a Fundació Puntcat rexistrou máis de 51.000 dominios, logrando que o dominio para a lingua e culturas catalás se autofinancie. Puntogal tamén é unha iniciativa sen ánimo de lucro, que reverterá os seus beneficios en convocatorias de axudas ao fomento do galego nas novas tecnoloxías.
Apoios en liña
Máis de 13.000 cidadáns de todo o mundo xa deron o seu apoio ao Puntogal asinando en liña a través da súa web, onde seguen a chegar novas adhesións a diario. A Asociación fai un chamamento aos internautas a colaborar coa súa sinatura para demostrarlle a ICANN o apoio ao .gal.
A Asociación Puntogal informará nos próximos meses dos pasos organizativos dados cara a remisión da candidatura antes do 13 abril.

Vitaminas para o galego
Todos necesitamos vitaminas, por iso en inverno tomamos zumes de laranxa e cando sae un raio de sol quedamos baixo el coma lagartos para satisfacer a nosa necesidade de vitamina D. O galego (a lingua, non a persoa!) non é unha excepción. Non toma zumes de laranxa nin toma o sol, as súas vitaminas son distintas. Somos nós, sodes vós.
As vitaminas son axudas para que a lingua non só sobreviva, senón que creza forte e sen enfermidades. E unha desas axudas fundamentais é a dos medios de comunicación que a utilizan porque saben que hai lectores esperando para informarse en lingua galega.
Todos sabemos que nos últimos anos as vitaminas para o galego que proviñan dos medios de comunicación foron facéndose cada vez máis febles coa desaparición de varios medios como Vieiros, A Nosa Terra ou Galicia Hoxe; pero tamén sabemos que, mentres uns caen, outros se manteñen e outros novos aparecen.
Todos estes, os que se manteñen en pé (e os que acabamos de chegar) decidiron poñer en marcha a campaña “Vitaminas para o Galego” para difundir e apoiar a valía destes medios. A primeira fase da campaña, a de recadación de fondos, foi todo un éxito: fíxose mediante a plataforma de crowdfunding Verkami, e a 18 días de que peche o prazo para realizar achegas, o obxectivo xa está máis que superado (aspirábase a recadar 3.300 euros e van xa máis de 4.400).
Pero aínda podes aportar! E como todo proxecto de crowdfunding que se prece, hai recompensa: segundo a cantidade que achegues, levarás chapas, calendarios ou paraugas da campaña (a recompensa maior, que era para quen puxese 1.000 euros, xa está esgotada: esa persoa terá un concerto de Leo i Arremecaghona na súa casa e 5 quilos de percebes de Malpica!!).
Seguiremos informando!
* Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), Radio Nordés (Cadena Ser Vimianzo) e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. E nós, claro.
23.12.11
Praza pública
Un novo medio de comunicación para a rede ten previsto comezar en xaneiro
A Galicia non lle cómpre o silencio. Para evitar que o silencio encore a Galicia nace Praza Pública, un novo xornal dixital en lingua galega. Aínda está viva a crise da prensa tradicional e a deleiba dos medios de comunicación na nosa lingua. En dous anos desapareceron da Rede e dos quioscos a maioría das cabeceiras informativas en galego e reduciuse drasticamente a pluralidade informativa. Nós non nos resignamos, nin aceptamos a condena de Galicia como terra de imposibles e de submisión. Son precisos novos medios para mellores tempos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)