Tódalas preguntas do exame teórico de conducir estarán dispostas en galego para os aspirantes a condutores que o soliciten e que se examinen en calquera xefatura de Tráfico de Galicia.
Os nvos exames de conducir xa están operativos en Ourense e estanse implantando no resto das provincias galegas. Política Lingüística adaptará a normativa oficial vixente aos cuestionarios das probas.
Este acordo tamén compromete á DXT a impular o uso do galego no resto das actividades, e dicir, na súa relación administrativa cos usuarios e nas mensaxes transmitidas nos paneis informativos das estradas da rede viaria galega.
