Ata hoxe, ser banqueiro e pedir perdón aos clientes eran condicións incompatibles. Era case imposible atopar arrepentimento nas reflexións de altos executivos de entidades financeiras (grandes responsables da crise que estamos a padecer).
Ver anuncio plubicitario
Outro anuncio
Pode hoxe unha empregada de Novagalicia Banco pedir que crean nela?
SÓ NOS QUEDAN DÚAS OPCIÓNS: OU LLE DAMOS A VOLTA OU DÁMOSLLE A VOLTAOutro anuncio
Pero en tempos extraños ocurren cousas inusuais. O presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano e o conselleiro delegado, César González Bueno, manifestaron o 12 de xullo publicamente perdón, a través de anuncios publicitarios na prensa, polo que se fixo mal na etapa anterior. Puntualizan que esa declaración non está motivada pola súa xestión ao frente do banco, simplemente se vén na obriga de facerse cargo do que está ocurrindo.
Pedimos perdón polo erro de ter comercializado preferentes entre os nosos clientes particulares sen suficientes coñecementos financeiros. Estamos poñendo o máximo interese en resolver as situacións inxustas que crearon as preferentes. Colaboramos coa xustiza para solucionar os perxuizos derivados da situación anterior. Tamén piden perdón polas mencionadas indemnizacións do exdirectivos e polos investimentos suicidas -as califican pouco prudentes- que se realizaron no pasado. Entre elas, por poñer algún exemplo hai operacións con perdas de sete díxitos na inmobiliaria Astroc, a compra dunha illa, investimentos en bodegas ruinosas ou o apoio a promotores como Paco o Pocero.
Novagalica Banco paga deste xeito a fallida fusión auspiciada dende a Xunta por Alberto Núñez Feijoo. Os seus históricos directivos (José Luis Méndez e Julio Fernández Gayoso con indemnizacións e prexubilacións multimillonarias) exerceron durante décadas un poder desmesurado e tiveron a habilidade de perpetuarse por enriba de calquera limiticación, incluídas as que impoñían as leis. Durante o boom inmobiliario adicáronse a abrir oficinas por todo o mundo e investir en arriscadas operacións, e agora deixan a herdanza de 12.000 pisos en carteira e un burato de capital que intenta taponar o FROB. Ten recibido 3.627 millóns de euros que non son suficientes. Novagalicia necesita entre 6.000 e 7.000 millóns adicionais do rescate europeo.
Tras recoñecer o anterior os dous directivos piden un voto de confianza: Estamos en pleno proceso de recapitalización, as axudas públicas que están en tramitación poden poñer en práctica unha nova filosofía de relación co cliente. Para nós esta é unha oportunidade única para cambiar o xeito de funcionar dun banco. E para Galicia é a derradeira oportunidade de ter un banco propio.
Será así?
Tras recoñecer o anterior os dous directivos piden un voto de confianza: Estamos en pleno proceso de recapitalización, as axudas públicas que están en tramitación poden poñer en práctica unha nova filosofía de relación co cliente. Para nós esta é unha oportunidade única para cambiar o xeito de funcionar dun banco. E para Galicia é a derradeira oportunidade de ter un banco propio.
Será así?