8.7.12

"Na colocación das preferentes violouse a inocencia do país"

Declaracións do fiscal superior de Galicia nas que se afirma que se abusou da confianza de pequenos aforradores

Cando se fala da invisibilidade do galego en moitas áreas da vida cotián, unha delas é a xustiza. Un exemplo moi claro desta realidade: só o 4% das sentenzas que se realizan nos distintos tribunais de Galicia son en galego.
Por outro lado moi poucos profesionais do ámbito do dereito (xuízes, fiscais, avogados) fan uso da nosa lingua. 
As excepcións son dignas de mención como o caso de Carlos Varela, Fiscal Xeral de Galicia. Nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia fala sobre os temas máis preocupantes nos que están traballando na fiscalía. Un aspecto moi grave foi a comercialización por parte das entidades financeiras das denominadas Participacións Preferentes, produto financeiro de alto risco que arruinou os aforros de moitos clientes.

Ver entrevista de José Manuel Pan en La Voz de Galicia