Amosando publicacións coa etiqueta correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta correlingua. Amosar todas as publicacións

1.4.17

Falar sen cancelas

Video co que participou o IES Elviña no concurso de Correlingua 2017
   
Video Presentado no concurso do Correlingua 2mil17 polo alumnado de 3º da ESO e o Equipo de dinamización da lingua Galega do IES Elviña da Coruña. 
Podedes ver o video gañador realizado polo CPI Suárez Marquier do Rosal :

Tamén presentamos o vídeo realizado polo CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños co que compartimos o X encontro lingüístico este 25 de abril:

13.4.16

19.3.15

MANIFESTO GÑADOR DO CONCURSO CORRELINGUA 2015




@S BOKANEIR@S
4º da ESO do CPI de Pontecesures
Xa dicía Castelao: “Non lle poñades chatas á obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe nela; hai sitio para todos". Reenvía isto se apoias o galego

24.4.14

Entrega dos premios do correlingua

Acto de entrega do premio


Parabéns a todo o alumnado que hoxe recolleu os premios dos concursos do #Correlingua #galegoopasoadiante



Baixo o lema: “Galego, o paso adiante”, doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio

e nós seguimos encantados?

Aínda non viches o video gañador? O noso? 

VER REPORTAXE DA ENTREGA DO PREMIO on PhotoPeach

30.3.14

O IES Díaz Pardo de Sada gaña o concurso do manifesto do Correlingua

O paso adiante dos Ameneiros do instituto

 
GALEGO, O PASO ADIANTE
E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!

29.3.14

PARABÉNS e ... A SEGUIR DANDO PASOS ADIANTE

O IES de Elviña, A Coruña, é o gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2014 con "un paso adiante"

13.5.13

Correlingua 2013

Galego, a chave do mundo A Coruña 13 de maio

5.5.13

Fernando Vázquez no "Correlingua"

O adestrador do Depor dará a benvida aos participantes da comarca coruñesa o próximo 13 de maio

11.4.13

Monoulious DOP - Cansión Jallejo-Americana (Feat. Slash)

O tema que gañou o Cantalingua 2013

Monoulious, Balbina e Lydia Botana animarán as festas do Correlingua 2013

O fallo do xuri do Cantalingua 2013 composto por grupos de alumnado pertencentes aos seguintes centros de ensino: IES María Sarmiento de Viveiro, IES de Arzúa, e CPI Vicente Otero de Carral foi o seguinte:
1º- Monoulious co tema Cansión Jallejo-Americana
2º- Balbina co tema Cantar Cantei
3º Lydia Botana co tema Quen nos queima
  


7.4.13

Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, grupo gañador do concurso de manifesto do Correlingua 2013

Correlingua




Por: Os Golgorotos. 4º ESO A e B do IES A Pinguela de Monforte.

A miña lingua é segura,
O falar non ten cancelas
Unha casa  sempre  aberta
Que todos debemos protexer.
A miña lingua  é  miña nai
É honroso ter unha lingua
Fermosa, digna, que abre portas
Que non ten chaves, que nada pecha,
Ela mesma é a chave do mundo.
A miña fala é o máis importante,
Debo honrala cando a uso
Sentirme orgulloso de tela
Por ser o meu carné de identidade.
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

4.5.12

Correlingua 2012

Galego todo o que buscas. A Coruña 2012 IES Elviña.



A miña boca non se equivoca

Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
 Fala, non pares!
 Fala, non cales!


26.4.12

Valentín Paz Andrade tamén participaba nos Correlinguas

Xa está en marcha o Correlingua. Na Coruña será o 4 de maio

Cómpre lembrar, neste ano en que Valentín Paz Andrade é o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas, que el mesmo participou nas carreiras pola lingua, cando esta actividade deportivo-reivindicativa comezaba trotar polas rúas de Vigo, na década dos 80. O Correlingua de hoxe é o sucesor das carreiras pola lingua de entón, e como daquela quere seguir reclamando a atención do conxunto da sociedade sobre o noso idioma.



O vindeiro 2 de maio comeza a décimo segunda edición do Correlingua. Para esta edición eliximos o lema: Galego, todo o que buscas, lanzando a mensaxe de que o noso idioma pode e debe estar presente en absolutamente todos os ámbitos.
 O alumnado demostrou unha vez máis a súa capacidade para dar conta da situación do noso idioma, poñendo o foco sobre aqueles casos en que cómpre centrarse. Así este ano, as e os participantes no concurso de elaboración de manifestos fixeron fincapé na necesidade da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación, e sinalaron a perda que supón a desaparición de varias cabeceiras que tiña como vehículo de comunicación o galego.
Novamente tamén, entenderon o valor dun manifesto e botaron man dos recursos literarios para facer un chamamento ao uso do noso idioma. E así, no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, as palabras dos mozos fai que veña á nosa memoria o nunca esquecido poema: “Deitado frente ao mar”, palabras de compromiso co noso idioma, chamamento ás conciencias, reivindicación do uso do nosa lingua en todo tempo e lugar.