Amosando publicacións coa etiqueta reportaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reportaxe. Amosar todas as publicacións

6.3.14

Dajla. Apuntes desde o Sáhara

O conflito perpetuo

Héctor Juanatey foi ao campamento saharauí de Dajla para cubrir informativamente a celebración do Festival Internacional de Cine do Sáhara. Un labor xornalístico que foi posible porque lectores e amigos financiaron a súa viaxe interesados en saber o que alí acontecía. Pasaron 39 anos desque o réxime ditatorial de Franco regalou colonialmente o Sáhara Occidental a Marrocos tras a Marcha Verde. O pobo saharauí aínda agarda a ser soberano na súa terra. Juanatey deixa testemuño xornalístico da súa dignidade, esperanzas, días e vidas como mellor antídoto contra o esquecemento.


Héctor Juanatey (Santiago de Compostela, 1987) é xornalista. Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tras un breve período de prácticas ao saír da facultade en La Voz de Galicia, traballou en medios como Público, La Sexta (no programa La Sexta columna) e foi redactor de eldiario.es desde a súa creación. Na actualidade é freelance. Colabora en medios como praza.com, publico.es, eldiario.es e Playground Magazine. Mantén o blogue: http://www.encontraportada.com.

Angrois o AVE en anacos

Unha reportaxe do xornalista David Reinero
 
David Reinero dá conta dos avatares do AVE galego, construído a anacos durante máis dunha década, e reconstrúe o accidente ferroviario da Grandeira. Co pano de fondo da traxedia do Alvia, repara no reparto de papeis de viláns e heroes, na investigación do xuíz Aláez e ofrécenos unha precisa reportaxe para crebar o silencio que teima por imporse; silencio que, como apunta, “é o último que desexa, aínda que a lembranza doa, a maioría das vítimas de Angrois, sexa porque queiran saber o que algúns poidan calar ou porque non queiran que a súa traxedia caia no esquecemento”.



David Reinero (Nigrán, 1979). Xornalista especializado en política e infraestruturas, traballa para El País logo de pasar por Xornal de Galicia, o departamento de comunicación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Atlántico Diario. Ten colaborado con outros medios de comunicación así como co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).

26.11.13

Nace Luzes unha nova revista mensual

Dá a luz o 29 de novembro
 
Luzes é unha revista dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada por Iago Martínez. Mensual e en lingua galega, con 132 páxinas, edición de calidade e un suplemento cultural no interior, República. Reportaxes, entrevistas, pensamento e creación. Historias, ideas e voces. Primeiro en papel e logo tamén para tablets. Xornalismo que conta.
Din que debutarán 29 de novembro. Si ou si. Porque parécelles boa idea e porque lles peta.





13.8.13

O accidente aéreo de Montrove, a outra gran traxedia de Galicia

Un voo de Aviaco con destino ao aeroporto de Alvedro estrelouse o 13 de agosto de 1973 nesta parroquia de Oleiros. Hoxe cúmprense 40 anos deste accidente aéreo que se cobrou 85 vidas