Amosando publicacións coa etiqueta política. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta política. Amosar todas as publicacións

10.10.12

Primeiro discurso político en galego

Sucedeu hai 105 anos
O 6 de outubro de 1907, en Betanzos, Manuel Lugrís Freire empregaba por primeira vez o galego nun acto politico.
Ver información ampliada na páxina da RAG 
Este ano creouse  Solidaridad Gallega; un proxecto no que Lugrís Freire desenvolverá unha activa militancia. O novo partido pretendía conxugar o rexionalismo coas loitas agrarias e é nese contexto no que se sitúa o seu discurso pronunciado o 6 de outubro de 1907 en Betanzos, recoñecido como o primeiro mitin enunciado en lingua galega. A alocución foi publicada integramente no número 11 do periódico A Nosa Terra, o 19 de outubro de 1907.
Ver discurso 
 
 Foto de grupo dunha homenaxe a Castelao, en Lugo, o 19 de xuño de 1932. De pé, canda a bandeira da Irmandade da Fala luguesa: Lugrís Freire e Castelao. Entre os asistentes encóntranse Suárez Picallo, Otero Pedrayo, Fernández Del Riego, Maside e os irmáns Villar Ponte.
Xornalista, poeta, gramático, fundador da Real Academia Galega e da Escuela Regional de Declamación… As contribucións de Manuel Lugrís Freire ao noso renacemento cultural semellan incalculables polo seu número e importancia.