Galicia Caníbal. O Musical configura unha
historia que nos transporta a unha época mítica que catapultou a toda
unha xeración de músicos galegos. Sonarán hits como Bailaré sobre tu tumba, (Siniestro Total); Sitio distinto, Sector naval e a inexcusable Galicia Caníbal (Os Resentidos); Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes (Golpes Bajos); No me beses en los labios e Soy una punk
(Aerolíneas Federales), entre outros. O repertorio, segundo aclarou
Reixa, é froito dunha selección cronolóxica entre o ano 81 e os 90.
A obra estreouse en Vigo o día 12 de xullo no Centro Cultural
Novacaixagalicia, para seguir ruta polas outras cidades galegas (na Coruña actuarán o 9 e 12 de agosto) antes de
chegaren a Madrid o 23 de agosto. En decembro regresará a terras
galegas, para despois voltar viaxar a cidades como Barcelona, Zaragoza,
Bilbao e Santander.