Apego vai dirixido, ás familias que estanse a preparar para a
chegada dun novo membro e tamén ás que teñen nenos e nenas ata 6 anos.
Queren axudar á socialización en galego e propoñen o uso da lingua
galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta
terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a
base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de
cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite
existir e descubrir o mundo.
Amosando publicacións coa etiqueta familia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta familia b>. Amosar todas as publicacións
29.11.16
21.9.16
Proxecto APEGO
Milleiros de familias de 23 concellos incorporan o galego á crianza das súas fillas e fillos a través do proxecto Apego
Impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da
Lingua (CTNL), o proxecto puxo en marcha toda unha serie de medidas para
facilitar a transmisión da lingua galega á infancia de entre 0 e 6 anos
e a súa socialización nela. Tras o pulo dos once concellos fundadores
(A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense,
Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo), doce máis uníronse no
pasado abril (A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros,
Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo).
10.12.14
Ollos de aula nº 18
Revista para as familias do alumnado do mes de decembro
Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de
Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de
escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal,
profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre
diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande
influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá
a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI.
Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai
ter moi en conta.
4.11.14
Ollos de aula nº 17
Novo número de novembro para as familias do alumnado
Nesta nova entrega analízase as consecuencias negativas que para o
galego ten o Decreto do Plurilingüismo catro anos despois da súa aprobación e
non nos esquecemos da grande estafa en que se está a converter a
Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González
Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines
Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia
Santorum animános, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a
percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.
Nesta nova entrega analízase as consecuencias negativas que para o
galego ten o Decreto do Plurilingüismo catro anos despois da súa aprobación e
non nos esquecemos da grande estafa en que se está a converter a
Política Lingüística oficial. Ademais, a orientadora Mª Dolores González
Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines
Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia
Santorum animános, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a
percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.9.10.14
Ollos de aula. Nº16
O primeiro número dun novo curso
Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.Nesta primeira entrega, Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas "Cadencias”. Agardamos que estes contidos sexan do voso interese e das familias, de aí que coma sempre vos animemos a distribuíla na vosa comunidade educativa e no contorno dos vosos centros.
8.5.14
Revista Ollos de aula
Mes de maio
A CGENDL acaba de publicar unha nova da revista para as familias do alumnado.
Este número está centrado na figura de Xosé Mª Díaz Castro.
Ademais, entre outros temas, María Xesús Sobrido Gómez fala sobre se é necesario tratar famacoloxicamente tódolos trastornos por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e Lines Salgado sigue falando das adaptacións curriculares.
18.3.14
Ollos de aula nº 13. Marzo 2014
Revista educativa para as familias do alumnado
No último número de Ollos de aula destacan os seguintes temas:
Por que é importante que os rapaces/as almocen?
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura e profesora do IES Auga da Laxe, falaranos da importancia dos habitos lectores.
Lines Salgado explicaranos o que son as adaptacións curriculares.
No último número de Ollos de aula destacan os seguintes temas:
Por que é importante que os rapaces/as almocen?
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura e profesora do IES Auga da Laxe, falaranos da importancia dos habitos lectores.
Lines Salgado explicaranos o que son as adaptacións curriculares.
5.2.14
Ollos de aula
Número de febreiro
A que idade teñen que empezar a ler os nenos?
O móbil, a familia e a escola.
As reválidas.
6.12.13
Ollos de lingua. Nº 11
Revista para as familias do alumnado. Mes de decembro
Presentámosvos un novo número (o nº 11,
decembro de 2013) de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para
as familias do alumnado. Nesta entrega, Valentina Formoso responde á
pregunta "Que vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?", analízase a
nova lei de educación dende os presupostos dos seus defensores e
detractores, achegámonos ao Departamento de Orientación da man de Lines
Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as habituais propostas de
ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos: "Quen lle fala hoxe
galego a Shin Chan?".
5.10.13
Ollos de lingua (nº 9)
Actividades escolares: cantas e cales?
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega vén de publicar un novo número da revista Ollos de lingua. É o primeiro deste novo curso 2013-2014.
O tema central que trata a revista son o valor e a importancia das actividades extraescolares que teñen nos nosos fillos. Para isto temos a resposta de Montserrat Castro Rodríguez, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Olga Lalín e Xosé M. Durán tratan da educación de nenos autistas. Facendo visible a diversidade.
En que consiste a pedagoxía terapeútica? Que hai detrás dos profesores especialistas en audición e linguaxe? Lines Salgado fálanos disto.
Tamén a revista recoméndanos algunhas cousas: a visita á Fundación Manuel María en Outeiro de Rei, a lectura do cómic Oink! (o único redactado integramente en galego) ou a lectura de contos para rapaces.
2.10.12
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









