Amosando publicacións coa etiqueta boas novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta boas novas. Amosar todas as publicacións

4.4.15

NON SEN TEMPO!


´O Bombeiro Galego´, primeiro manual de oposicións do sector en lingua galega
Pretende deste xeito fomentar a elección deste idioma nos exames entre os aspirantes a funcionarios

24.3.15

PROGRAMA APEGO

Doce concellos únense para fomentar a transmisión do galego como lingua inicial na primeira infancia

23.3.15

VÍA PROLINGUA

Suleiman é alemán, estudante de Física e de galego. Na nosa lingua amósanos Berlín. Aprender galego é saber máis!

15.2.15

Portugal tamén quere que o portugués sexa a lingua dos galegos

Cavaco Silva, aproveitará unha visita a Galicia, para asinar, xunto co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o Memorando de Entendemento para a Adopción do Portugués como Lingua Estranxeira de Opción e Avaliación Curricular no Sistema Educativo Non Universitario da Comunidade Autónoma de Galicia

26.10.14

IREMOS DE ESMORGA!





 O próximo 21 de novembro chegará ás salas de cinema. É a primeira vez que unha película galega se estrea no conxunto das salas galegas, cun total de 25 copias. Previamente, a primeira exhibición da longametraxe suporá a apertura oficial do Festival de Cine Internacional de Ourense. O trío de actores protagonistas e Ignacio Vilar percorrerán as cidades galegas para a promoción do filme. Esta nova cinta do director ourensán é a adaptación cinematográfica da emblemática obra de Eduardo Blanco Amor.

17.10.14

Tatoos en galego

Cultura, arte, comunicación, identidade. Desde Vila de Cruces convidan ás equipas de normalización de todo o país a participaren nun concurso de fotografía de tatuaxes en galego ou sobre temática galega.
 Para levar a lingua a flor de pel.

13.10.14

se queres saber máis PREME NA IMAXE



Proba en Galego é unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa, como marca de identidade, calidade e proximidade.

4.2.14

Tempos novos cumpre o seu número 200

17 anos de xornalismo en galego

A aventura editorial de Tempos Novos está a piques de cumprir 17 anos de vida. Mes a mes, sen cortes, ata sumar 200 números. Punto e seguido. Porque a súa ambición é a da permanencia. Non só para sobrevivir a contracorrente, senón tamén e sobre todo para vivir e disfrutar un espazo de liberdade e pensamento crítico, nun país onde os medios de comunicación tradicionais teñen vocación de estupefaciente. Con humildade, pero con tesón. Sen que nos condicione nada que non sexan as nosas propias limitacións, como quedou refrendado na acta e nos principios do manifesto fundacional en 1997. Para andar a gatas xa abondan os que o fan. Nós non.
Non é Tempos Novos un kamikaze mediático. Sería suicida. Tampouco é unha publicación mesiánica -a liberdade e o compromiso cívico son unha aposta laica-. Foi, é e seguirá sendo un  desafío político e social, ético e profesional, pola verdade informativa, pola opinión plural, polo coñecemento.
Asi o entenderon os 150 accionistas/fundadores, persoas de variada extracción ideolóxica e social, cuxa onomástica volvemos facer pública cando iniciamos unha nova etapa, nun exercicio de transparencia ó que teñen dereito todos e cada un dos nosos/as lectores/as.

http://temposdixital.com/td/tecnoloxia/01/200-meses-marcando-a-diferenza/

Nova etapa, novas ideas

Non temos un empresario detrás, nin tampouco interesados patrocinadores que en tempos de crise como os actuais nos saquen as castañas do lume, a cambio naturalmente de teren dereito de pernada sobre contidos e enfoques. Resistimos e vivimos grazas ós lectores e lectoras, que son o sustento básico da revista. Con apreturas, certo, ó desaparecer cuase totalmente a publicidade comercial e estarmos discriminados pola publicidade institucional. Pero co complemento -todo un plus de valor engadido- que aportaron e seguirán aportando centos de colaboradores e colaboradoras, analistas e articulistas, que son en moitos casos unha referencia imprescindible entre os creadores de opinión máis lúcidos, comprometidos e intelectualmente honestos do país.
Con eles iniciamos unha nova etapa, que ten no retorno da cabeceira orixinal á portada deste número 200, e ás que o sigan, a súa máis visual e simbólica constatación.
Reforzaremos a oferta de contidos creando novas seccións e suplementos, ampliando e diversificando o xa de por si amplísimo rexistro de voces, e especializando ámbitos temáticos ligados ás tensións do mundo de hoxe e a canto está minando a nosa capacidade de resistencia colectiva e persoal: os nosos dereitos fundamentais, o estado de benestar, o noso potencial económico, o territorio construído, a cultura e a lingua que a significa no caudaloso mar da globalización, o noso autogoberno.
Non somos nin debemos ser neutrais na defensa desas causas cívicas. Si imparciais á hora de exercermos a interpretación, a análise e a crítica de canto as destrúe ou esclaviza. Un contrapoder, en definitiva.

Multiplicar subscricións e lectores

 Todo iso cun moi alto custo que só a multiplicación de subscritores e lectores pode soster: manter esa liña comporta asumir como inevitable a discriminación que seguirá sufrindo TN por parte dos poderes fácticos. Velaí a necesidade de facer un chamamento público con ese propósito multiplicador.
Para seguirmos marcando a diferenza 17 anos máis. En galego, por suposto.

11.12.13

Revista EROSKI CONSUMER para o Nadal


Xa se pode consultar o numero de decembro da revista en galego Eroski Consumer, nel poderás atopar dende apps para o Nadal, un ABC sobre o magnesio, a diferenza entre paté e foie, menús especiais para estas datas, ideas para un Nadal sustentable e opcións para un Nadal solidario.A publicación Eroski Consumer é unha iniciativa da Fundación Eroski que mes a mes normaliza o galego tanto no seu formato web coma no dixital. 


26.11.13

Nace Luzes unha nova revista mensual

Dá a luz o 29 de novembro
 
Luzes é unha revista dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e coordinada por Iago Martínez. Mensual e en lingua galega, con 132 páxinas, edición de calidade e un suplemento cultural no interior, República. Reportaxes, entrevistas, pensamento e creación. Historias, ideas e voces. Primeiro en papel e logo tamén para tablets. Xornalismo que conta.
Din que debutarán 29 de novembro. Si ou si. Porque parécelles boa idea e porque lles peta.





4.9.12

As redes sociais disparan a prensa en galego

Galicia Confidencial é xa o cuarto diario máis lido na Rede en Galicia, superando este verán a La Opinión e ao portal do Progreso. Case todos os medios na lingua propia obteñen bos resultados nas redes sociais. 

Ver información en Galicia Confidencial

Ver información de Código Cero



 

26.12.11

Bo Nadal. Feliz 2012

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Elviña deséxavos un Bo Nadal e un próspero 2012 a toda a Comunidade Educativa do Centro.


Regala en Galego

27.6.11

Ante expertos do Consello de Europa


ProLingua falará sobre a situación do galego 

ProLingua foi convidada a participar en Madrid nun encontro oficial con representantes do Comité de Expertos do Consello de Europa da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias para explicar a situación actual da lingua galega.
En representación de ProLingua asistirá ao encontro o próximo día 6 de xullo o noso compañeiro Quique Costas. Acudirán tamén A Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

21.1.11

O GALEGO ESTREASE NO SENADO ESPAÑOL COMO LINGUA COOFICIAL

O uso das linguas de España poderán utilizarse nos seus plenos

O que podía considerarse como unha boa nova: o uso das linguas oficiais en España no que, segundo a Constitución, considérase como a cámara de representación territorial, nace no medio da polémica. Unha noticia chea de cal, transfórmase nunha noticia con moita area ao negarse moitos senadores galegos a facer uso da lingua de seu.

 
Artigo de Manuel Rivas  El País 21/01/2011 As senadoras, o galego e o Espírito Santo

Opinión de Rafael Cuiña en O Xornal de Galicia 22/01/2011