IREMOS DE ESMORGA!

O próximo 21 de novembro chegará ás salas de cinema. É a primeira vez que unha película galega se estrea no conxunto das salas galegas, cun total de 25 copias. Previamente, a primeira exhibición da longametraxe suporá a apertura oficial do Festival de Cine Internacional de Ourense. O trío de actores protagonistas e Ignacio Vilar percorrerán as cidades galegas para a promoción do filme. Esta nova cinta do director ourensán é a adaptación cinematográfica da emblemática obra de Eduardo Blanco Amor.