Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións

14.11.13

A sentenza do Prestige

Opinión de Suso de Toro sobre a sentenza do caso Prestige

Caldo amargo de alcatrán

(...)Como non ían saír impunes os responsables das irresponsables decisións que transformaron un naufraxio perigoso nunha enorme catástrofe ecolóxica? Esas persoas non chegaron a ser imputadas nin a sentar no banco, a xustiza absolveunas de antemán (...)




29.9.13

Preto de 700.000 hectáreas arderon en Galicia nas dúas últimas décadas

Marcha sobre O Pindo para esixir unha "protección real"


Preto de cincocentas persoas percorreron o sábado 28 de setembro o Monte Pindo, arrasado polas lapas tras o último e dramático incendio, para reclamar "protección real" para o espazo nun roteiro (Do negro ao verde) marcado pola intensa chuvia caída. Non foi impedimento para os dous grupos de persoas que saíron desde dous puntos (a praza da Solaina e Caldebarcos) nunha marcha verde que acabou devolvendo cor a un bosque negro de cinzas.

 

 

10.8.13

Corcoesto non é unha mina

A consideración de Corcoesto como 'proxecto industrial estratéxico', cada vez máis no aire 


Segundo o IGAPE, a pesar de ter un investimento superior aos 50 millóns de euros, o proxecto non chega aos 250 postos de traballo directos e non supón a consolidación dos mesmos no futuro 

2.6.13

Salvemos Galicia!

 Paremos a mina de Corocoesto

Oscar, un alumno de 1º ESO do IES Salvador de Madariaga da Coruña, presenta un pequeno video de denuncia sobre a situación que está a padecer Galicia co tema da minería.


   

Manifestación o 2 de xuño en Santiago

Máis información en Praza Pública
 

7.4.13

En tractor contra a mina de Corcoesto e na defensa do agro da comarca

A pé e sobre rodas. A veciñanza de Bergantiños contraria á posta en marcha dunha mina de ouro en Corcoesto saíu este domingo novamente á rúa e, desta volta, tamén ás estradas da comarca para rexeitar a explotación aurífera.