Preto de cincocentas persoas percorreron o sábado 28 de setembro o Monte Pindo, arrasado polas lapas tras o último e dramático incendio, para reclamar "protección real" para o espazo nun roteiro (Do negro ao verde) marcado pola intensa chuvia caída. Non foi impedimento para os dous grupos de persoas que saíron desde dous puntos (a praza da Solaina e Caldebarcos) nunha marcha verde que acabou devolvendo cor a un bosque negro de cinzas.
