Exposición sobre a loita agraria na Galicia actual
O xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas, presentase no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal de Santiago a exposición Vivir da terra. A loita do campesinado galego (1925-1975).
No acto intervirán Cristina Huete, xornalista de El País, Daniel Lanero Táboas, profesor da USC e investigador principal do proxecto Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982), e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Asociación Cultural Sine Nomine.
A mostra, deseñada con criterios didácticos é o resultado da colaboración entre o equipo do proxecto de investigación Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960- 1982), dirixido polo profesor Daniel Lanero, a Asociación Sine Nomine, de Profesores/as de Ensino Secundario e a Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia.
