Amosando publicacións coa etiqueta ensino b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ensino b>. Amosar todas as publicacións
22.1.16
16.1.16
10.12.14
Ollos de aula nº 18
Revista para as familias do alumnado do mes de decembro
Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de
Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de
escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal,
profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre
diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande
influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá
a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI.
Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai
ter moi en conta.
9.10.14
Ollos de aula. Nº16
O primeiro número dun novo curso
Chegou un novo curso e con el o outono, e co outono un novo número de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado.Nesta primeira entrega, Mª Montserrat Carrasco Rodríguez, profesora de CC.EE. da UDC, aborda a creación dos hábitos de traballo nos nenos/as, mentres que o inspector Fernando Carrasco Mera analiza os cambios inminentes que introduce a LOMCE. Pola súa banda, a psicopedagoga Lines Salgado presenta a aprendizaxe por proxectos, unha metodoloxía moi interesante para introducir nas aulas. E, por suposto, non faltan á cita as atractivas propostas lectoras que nos fai Gracia Santórum nas súas "Cadencias”. Agardamos que estes contidos sexan do voso interese e das familias, de aí que coma sempre vos animemos a distribuíla na vosa comunidade educativa e no contorno dos vosos centros.
18.3.14
Ollos de aula nº 13. Marzo 2014
Revista educativa para as familias do alumnado
No último número de Ollos de aula destacan os seguintes temas:
Por que é importante que os rapaces/as almocen?
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura e profesora do IES Auga da Laxe, falaranos da importancia dos habitos lectores.
Lines Salgado explicaranos o que son as adaptacións curriculares.
No último número de Ollos de aula destacan os seguintes temas:
Por que é importante que os rapaces/as almocen?
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura e profesora do IES Auga da Laxe, falaranos da importancia dos habitos lectores.
Lines Salgado explicaranos o que son as adaptacións curriculares.
4.11.13
Outono: tempo de vendima e magosto
Presentacións realizadas polo alumnado de 3º ESO do IES Elviña
Exposta durante o mes de novembro no instituto.
Exposta durante o mes de novembro no instituto.
3.11.13
Ollos de aula nº 10
Revista para as familias do alumnado
O número de novembro de Ollos de Aula vén acompañado dunha serie de artigos relacionados coa educación dos nosos fillos.
A orientadora do CPI de Cuntis (Pontevedra) fálanos de cando se pode descubrir o acoso escolar. Mª Sonia Fernández Casal, profesora de matemáticas do IES Fontexería de Muros (A Coruña) resáltanos a importancia da coeducación como unha das mellores herdanzas que podemos transmitir aos rapaces. Lines Salgado clarifícanos en que consiste e para que sirve esa materia que os alumnos de 1º ESO teñen: o Proxecto Integrado.
Ademais contamos con recomendacións musicais, de lectura e outras actividades de lecer coas que poder disfrutar.
4.10.13
I encontro de ensino público galego
O 25, 26 e 27 de outubro do 2013: en defensa propia
Os centros de ensino público do Val Miñor (Pontevedra), organizan o I ENCONTRO DO ENSINO PÚBLICO GALEGO,
os días 25, 26 e 27 de outubro do 2013. Coa intención de animar á
participación da comunidade educativa dos centros públicos galegos.
21.9.13
22.6.13
VI xornadas de materiais didácticos
Recursos e materiais didácticos para o ensino en galego
Organiza Nova Escola Galega en Santiago os días 29 e 30 novembro de
2013.
Pódese participar como
asistentes e tamén presentando materiais. Información na páxina da NEG.
5.11.12
26.10.12
O Consello de Europa constata a eliminación do galego do ensino, como denunciou a CGENDL ante os expertos da CELRM
A Xunta debe rectificar a súa política lingüística en materia educativa, que leva a unha progresiva redución do galego no ensino debido ao desequilibrio lingüístico derivado da aplicación do Decreto para o Plurilingüismo.
A Consellería de Educación non demostrou ante o Comité de Expertos que poida garantir a plena competencia lingüística en galego do alumnado nin unha formación adecuada do profesorado para impartir o currículo no noso idioma.
A Consellería de Educación non demostrou ante o Comité de Expertos que poida garantir a plena competencia lingüística en galego do alumnado nin unha formación adecuada do profesorado para impartir o currículo no noso idioma.
O informe insta á Xunta de Galicia a ofertar o ensino en galego para aquelas familias que o desexen, especialmente na etapa infantil, posto que a aplicación do Decreto 79/2010 supuxo a práctica erradicación do galego nos centros escolares urbanos.
12.9.12
12.1.12
Revista Galega de Ensino
Publicado o número 62 da Revista Galega do Ensino do 2º Semestre de 2011
Centrado no valor educativo das redes
26.10.11
O profesorado di non aos recortes no ensino público e ás imposicións da Consellería
Case o 100% do profesorado trasladou un non rotundo aos recortes impostos pola Consellería de Educación no referendo celebrado o martes 25 de outubro en máis de 760 centros de todo o País. Ante este rexeitamento inequívoco da política educativa da Consellaría, cremos que soamente cabe unha saída: a retirada da orde pola que se amplía a carga lectiva do profesorado e a obriga de vixilancia do alumnado transportado. Unha orde que supuxo unha redución do profesorado e o empeoramento da calidade do ensino.
No referendo celebrado este martes 25 de outubro, o profesorado dixo:
•Non aos recortes no ensino público.
•Non ao incremento do horario lectivo.
•Non a imposición da custodia do transporte.
•Non a esta política educativa que procura o desprestixio do ensino público e favorece á privada.
Escrutados os 764 centros, o resultado é o seguinte:
| PREGUNTA | SI | NON | BRANCO |
| Estás de acordo cos recortes no ensino público? | 0,69% | 98,03% | 1,30% |
| A Consellaría de Educación impuxo un incremento do horario lectivo. Estás de acordo con este incremento? | 3,13% | 93,38% | 3,43% |
| Estás de acordo con que o profesorado teña entre as súas funcións a custodia do alumnado transportado? | 1,26% | 97,23% | 1,37% |
| Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Consellaría de Educación melloran a calidade do ensino? | 0,65% | 97,48% | 1,50% |
A alta participación no referendo e a elevada porcentaxe de respostas negativas supoñen o rexeitamento máis evidente e contundente ás medidas de recorte e de deterioro do ensino público emprendidas pola Consellaría de Educación.
A participación do profesorado significa tamén posicionarse en prol da defensa inequívoca do ensino público como único garante da igualdade de oportunidades.
Un non rotundo aos recortes
O profesorado dixo non aos recortes sen precedentes que a Consellería está a levar a cabo no ensino público, uns recortes que se concretaron na redución de máis de mil profesores, no peche de 156 unidades, na masificación das aulas, nunha atención inadecuada ás necesidades educativas especiais e á diversidade ou na carencia de prazas para Educación Permanente de Adultos e FP. Todo isto, mentres a Consellaría si amplía unidades concertadas na privada e arbitra outros mecanismos de desvío de fondos públicos a eses centros.
O profesorado rexeitou tamén a ampliación do horario lectivo, coa rotura dun acordo unitario no caso de Primaria, porque, non só empeora as condicións laborais do profesorado, senón que supón un ataque á calidade do ensino na medida en que imposibilita que se poidan realizar outras funcións necesarias. Ademais a Consellaría coa redución do profesorado e a prohibición de realizar desdobres procura o deterioro do ensino público ao impedir unha atención personalizada.
“Os resultados do referendo son a mostra máis contundente da repulsa do profesorado a un Conselleiro que ten como denominador común na súa actuación a mentira, a demagoxia e a manipulación, como por exemplo cando se atreveu a afirmar que o profesorado era favorábel maioritariamente ás medidas e recortes que está realizando contra o ensino público. Coa súa participación o profesorado está a reclamar que o Conselleiro poña fin ás actuacións que teñen como obxectivo o desprestixio e a desvalorización da función docente”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












