Amosando publicacións coa etiqueta industria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta industria. Amosar todas as publicacións

20.3.15

Memoria do aceite




Os documentos de finais da Idade Media falan de que na Galiza había cultivo de oliveiras e produción de aceite e que foron os Reis Católicos quen mandaron cortar parte delas. Xoán Costa fai memoria do aceite galego e afonda nas razóns políticas para a súa desaparición.

5.2.14

A luz do negro. O poboado da Brea e o poboado da Fontao

Documental construído a partir do rexistro documental realizado para o Arquivo Sonoro de Galicia das vivencias das mulleres e homes que traballaron na mina da Brea (Vila de Cruces). Promovido pola Comisión de Igualdade e dirixido por Encarna Otero, este documental reflicte o duro traballo de aqueles que na posguerra apostaron polo tráfico e e comercialización de volframio. 

11.12.13

Revista EROSKI CONSUMER para o Nadal


Xa se pode consultar o numero de decembro da revista en galego Eroski Consumer, nel poderás atopar dende apps para o Nadal, un ABC sobre o magnesio, a diferenza entre paté e foie, menús especiais para estas datas, ideas para un Nadal sustentable e opcións para un Nadal solidario.A publicación Eroski Consumer é unha iniciativa da Fundación Eroski que mes a mes normaliza o galego tanto no seu formato web coma no dixital.