Amosando publicacións coa etiqueta tv. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tv. Amosar todas as publicacións

4.10.14

Serramoura

Nova serie policial na TVG

Serramoura, a nova serie de suspense policial da TVG, parte do descubrimento nun monte do cadáver dunha moza brutalmente asasinada.
A tranquilidade de Serramoura, vese alterada coa chegada dun investigador de métodos agresivos, que para descubrir quén matou a Mónica Triáns deberá lidar cos impenetrables/enigmáticos habitantes desta vila.


27.4.14

A serie "Luci" estréase este domingo cun "humor exportable" e "axeitado aos tempos de hoxe"

Na TVG

O produtor Alfonso Blanco dixo sentirse “nunha nube” ao explicar a venda dos dereitos á  distribuidora New Media para a súa emisión nos Estados Unidos

A directora da TVG, Rosa Vilas, destacou a aposta da televisión galega pola internacionalización e por unha comedia "áxil, divertida e que xera empatía"


21.2.14

O Xabarín Club agora dá a 'bienvenida'

Mentres a única revista infantil de banda deseñada en galego centrada, precisamente, no personaxe do Xabarín loita pola súa supervivencia un pai galego vén de atoparse cunha desagradable sorpresa ao coñecer o agasallo co que o club televisivo lle deu á súa filla unha benvida que máis ben é unha bienvenida. Lonxe dos tempos nos que o público do Xabarín se incorporaba ao club recibindo unha camisola do porco bravo, un disco ou un libro en galego esta nova socia tivo como presente dous volumes da editorial Edebé editados en castelán. Trátase, concretamente, Mundo submarino en 3D, la magia de la tercera dimensión e Estudio de animación.

http://praza.com/movementos-sociais/6566/o-xabarin-club-agora-da-a-bienvenida/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook



19.10.13

De quen vés sendo?

A TVG emprende con este programa unha viaxe polas xentes dun país que agocha historias nos nomes

Este novo espazo de humor retranqueiro, que se emite ás 15.40 horas, está construído sobre a realidade cotiá de persoas que conviven con apelidos ou alcumes que marcan as súas vidas.

 Información na TVG

15.5.13

Fausto Isorna, "A propósito de Vidal Bolaño"

 
O programa “ZigZag Diario” conversa co debuxante e ilustrador Fausto Isorna, director artístico de El Patito Editorial, selo en que acaba de lanzar o libro “A propósito de Vidal Bolaño”, a súa homenaxe persoal ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Nel, Isorna recompila carteis feitos para a compañía do dramaturgo, Teatro do Aquí, ademais de bosquexos e carteis que acabaron sendo rexeitados.

21.4.13

O Paul Newman galego

Entrevista a Martiño Rivas en La Voz de Galicia

Está afeito desde rapaz a que o xulguen como «o fillo do escritor», pero hai xa uns anos que o escritor é «o pai de Martiño Rivas». Un diminutivo que vai moito co carácter «sentido», apegado á terra e ao familiar, do actor galego do momento.



6.2.13

Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego

A TVG estreou o 21 de xaneiro a película Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego. O filme descóbrenos a figura deste ourensán que foi, durante o franquismo, o empresario do motor con máis éxito en España

24.9.12

Os Bolechas na TVG

Os Bolechas de Pepe Carreiro forman parte dunha nova serie na TVG. A serie televisiva aparecerá  nas faixas do almorzo e merenda, de luns a xoves, dentro do programa Xabarín Club. Esta famosa familia podemos atopala por todos os recunchos da arañeira da rede pois xa contaba cun web oficial, ademais de ter páxina de facebook e conta de twiter.

3.5.12

Valentín Paz Andrade en vídeo

A CRTVG E YOUTUBE ACOLLEN ENTREVISTAS E DOCUMENTOS FÍLMICOS SOBRE O HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS

Segundo se achega o Día das Letras van aparecendo novos contidos encol Valentín Paz Andrade. Deste xeito, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentan unha guía de recursos didácticos nos que recuperan unha serie de producións videográficas encol do homenaxeado. Para alén de traballos audiovisuais escolares, o web recolle a canle de Youtube na que se amosan os vídeos da exposición que se lle dedica a Paz Andrade, con diferentes entrevistas encol da súa persoa.


9.4.12

Xabarín Club faise maior de idade o 18 de abril

Somos do clube da galega

O 18 de abril de 1994, ás 18 horas, botaba a andar na TVG unha emisión de Xabarín Club que moi pronto deixou de ser somentes un programa televisivo infantil e xuvenil,  converténdose nun fenómeno social, nunha icona que foi normalizando a nosa lingua e xerando en nós un sentimento de identidade coa nosa cultura: a galega.

Cando a rapazada escoita o Xabarín, estamos a falar de darlle ao noso idioma a importancia que ten, de puxar por facer cousas como ler libros, cómics, xogar na rúa cos amigos, cantar a xaba-música. 
A celebración deste aniversario, o 18º, precisaría dun capítulo especial e moi longo. Felicitamos a este programa feito, por suposto, desde a televisión pública a de todos nós.

26.3.12

A TVG pide a unha presentadora que non utilice a 'gheada'

A normativa estándar volve ao programa A Revista
 (Información de Alfonso Pato en El País, 25/03/2012)

Ata hai dous fins de semana, o espectador de TVG que conectase a canle un sábado ou domingo ao mediodía sorprenderíase ao escoitar unha forma de falar inédita na cadea. A presentadora da Revista do fin de semana, Lorena Pose, dirixíase ao público falando con gheada, dicindo “jracias” ou “ata lojo”, o cal resultaba chocante para un espectador habituado a unha normativa estándar nos 25 anos de historia da canle. Pero o atrevimento inusual da presentadora chegou ao seu fin o pasado fin de semana: Lorena Pose pasou a falar de novo no galego normativo estándar.


"Desde a dirección de informativos pedíronme que deixase de usar a gheada porque moita xente non se identificaba con esa variante e comentáronme que podía ser molesto”, explica a xornalista. Desde a dirección de informativos explican que “a TVG ten que escoller para os seus informativos unha expresión estándar que non dependa da elección persoal dun informador cunha ou outra realización fonética”.

“É certo que chegaron opinións para ben e para mal e aí é onde se abriu o debate”, informa Lorena Pose. “O estilo débeno marcar liñas lingüísticas e corporativas en relación á imaxe da cadea. Está en xogo a credibilidade e aí a lingua é un aspecto máis”, afirma Paulino Novo, coordinador de lingüistas da CRTVG, que normalmente seguen as pautas da Real Academia Galega (RAG). “Non hai normas escritas sobre si recoméndase unha opción ou outra e ás veces imos creando e investigando nós, por iso paréceme moi interesante que exista esta discusión”, engade.

A RAG admite a gheada como oficial, “pero só na súa forma aspirada”, recorda Carlos Callón, da Mesa pola Normalización. “Para min o lóxico é que se utilice o estándar para ámbitos formais como os medios, escolas ou institucións, e a gheada úsese noutro tipo de programas informales” indica. A exitosa serie Mareas Vivas, a finais dos noventa, foi o precedente.

“A gheada está aceptada e non é menos lexítima nin menos pura. Non existe ningunha razón para desterrarla do discurso público, por que non se vai a usar si a maioría da xente úsaa?”, cuestiona o lingüista e académico Xosé Luís Regueira. “Hai outro problema de fondo, que é o prexuizo social sobre a gheada como algo vulgar ou bruto e a mensaxe é que para falar ben tes que desprenderche dela”, denuncia Regueira, que sinala os informativos como “o sitio máis duro para entrar”.

Este fin de semana emítese de novo A Revista e volverá presentar Lorena Pose, agora na normativa estándar. De calquera forma, no arquivo da web de TVG aínda se poden visionar os programas anteriores, e coa que era despedida habitual da presentadora de Ponteceso: “Jracias por vernos”. A gheada quedou pechada no arquivo, pero o seu debate segue aberto.

 
Valoración da gheada no programa da TVG Ben falado


23.11.11

Pola defensa dos medios públicos en galego

Medios en galego...por fuciños, por cacheiras!

5.6.11

LINGUA GALEGA TV

Un espazo audiovisual para falar e ver os problemas cos que se atopa a nosa lingua nos distintos ámbitos da nosa sociedade.



11.12.10

CÓDIGO CERO: O GALEGO E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

As novas tecnoloxías comparten idioma. Podes consultar as novidades nesta web: Código Cero.


21.1.09

O cazador de palabras

Trasmitirlle ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua, ese é o obxetivo de Cazador de palabras, o docushow divulgativo que a TVG emitirá semanalmente cada xoves. Este novo programa de entretemento lingüístico, presentado por Matías Tarrío, é un espazo familiar que intenta demostrar que a lingua pode ser empregada en todas as circunstancias e para falar de calquera cousa, seria ou divertida, social ou familiar, científica ou popular.

2.11.08

Teu Tubo

A Axencia Audiovisual Galega habilitou na súa web un espazo onde se fan ligazóns ós vídeos en galego pendurados na Rede: Teu Tubo Aínda que non é o que todos os galegos están a esperar, un «youtube» galego, a nova sección da Mediateca permite poder visualizar parte dos mellores vídeos gravados na lingua de Rosalía sen a necesidade de ter que mergullarse por unha infinidade de webs.