Amosando publicacións coa etiqueta coordinadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coordinadora. Amosar todas as publicacións

30.3.15

Con-senso?


Aclaracións da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística sobre o falso consenso na política lingüística galega e a manipulación da linguaxe para obter resultados espurios.
Le+

3.5.14


A CGENDL convoca un ano máis o Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino adscritos á CGENDL.
Nas bases que podedes consultar na páxina web establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación. As candidaturas seleccionadas nesta edición son:
  • Fernando Vázquez
  • María Xosé Silvar “Sés”
  • María Mera
  • Esther García del Barrio

6.12.13

Ollos de lingua. Nº 11

Revista para as familias do alumnado. Mes de decembro

Presentámosvos un novo número (o nº 11,  decembro de 2013) de "Ollos de aula", a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Nesta entrega, Valentina Formoso responde á pregunta "Que vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?", analízase a nova lei de educación dende os presupostos dos seus defensores e detractores, achegámonos ao Departamento de Orientación da man de Lines Salgado e non faltan os anuncios móbiles e as habituais propostas de ocio de Gracia Santórum. E, ademais, reflexionamos: "Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan?".


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
 

3.11.13

Día da ciencia en galego: actividades da CGENDL

Videoconferencias de Jorge Mira e Marilar Aleixandre

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.



 

V asemblea da CGENDL

O venres 8 de novembro ás 17:30


http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=asembleas/Vasemblea.php


19.3.13

Os equipos de normalización piden á Xunta que "reconsidere" a súa estratexia co galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl), que agrupa a máis de 400 equipos e docentes, pídelle á Xunta que cumpra a lei, logo das sentenzas do TSXG que invalidan dous puntos clave do decreto do plurilingüismo, e que aplique os principios xerais da Lei de Normalización, reconsidere a súa estratexia co idioma e "deixe de fomentar preconceptos en contra da promoción social do galego".



26.9.12

Os equipos de normalización piden aos partidos que "derroguen" a política lingüística de Feijoo tras o 21-O

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl) vén de enviar aos partidos políticos que concorren ás vindeiras eleccións do 21 de outubro as súas propostas.



5.1.12

A CGENDL valora a xestión do Secretario Xeral de Política Lingüística

A CGENDL despide ao Secretario desaprobando a súa xestión e lamentando a herdanza que deixa, nomeadamente no ámbito do ensino, no que a lingua galega sufriu unha involución lexislativa sen precedentes

Co anuncio feito onte por parte da Xunta de Galicia da marcha do actual Secretario Xeral de Política Lingüística ponse fin a unha das etapas máis nefastas deste organismo, durante a que se adoptaron medidas lesivas para a nosa lingua en todos os ámbitos, se lanzou un discurso negativo ao redor do idioma e se crearon novos prexuízos, mesmo amparados e potenciados pola propia administración galega.
Esta situación foi se cabe máis grave no que respecta ao ensino, ámbito no que se desenvolve a CGENDL, xa que durante os anos de xestión de Anxo Lorenzo se tomaron unha serie de medidas que nos reiteran nunha valoración negativa do seu traballo á fronte da SXPL.
1/ A derrogacción do decreto 124/2007, que desenvolvía a LNL e recollía as medidas do Plan Xeral de Normalización, refrendado por unanimidade no Parlamento Galego coa finalidade de asegurar que o alumnado rematase os estudos obrigatorios con plena competencias en ambas linguas oficiais.
2/ A aprobación do decreto 79/2010, que reduce a presenza do galego como lingua vehicular no ensino e imposibilita que a maioría das materias do ámbito científico-tecnolóxico se impartan en galego, contribuíndo a desandar o lento camiño que se trazara na dignificación da lingua.
Ademais de acentuar o desequilibrio entre as linguas oficiais, ao abeiro deste regulamento equiparouse o ensino das linguas estranxeiras ás linguas oficiais e creáronse os centros plurilingües, nos que calquera materia se pode impartir en inglés ensaiando a inmersión neste idioma, mais non se establecen os mecanismos para asegurar que o alumnado acade a competencia en lingua galega ao rematar o ensino obrigatorio, tal e como procura a lexislación educativa en materia lingüística.
3/ A supresión, en contra da opinión do profesorado e das familias, das exitosas liñas de galego en Educación Infantil que posibilitaban un ensino na nosa lingua nos primeiros anos de escolarización. Así mesmo, a enquisa programada para escoller a lingua nesta etapa, ademais de enfrontar á sociedade e ser excluínte, elimina a aprendizaxe en galego nos contornos urbanos e semiurbanos a pesar da opinión dunha importante porcentaxe das familias.
4/ A falta de interese por aumentar os recursos didácticos, actualizados e de calidade para impartir aulas en galego e por elaborar recursos para a súa aprendizaxe por parte do alumnado estranxeiro e do que ten necesidade educativas especiais.
5/ A despreocupación por dotar o Programa Abalar de materiais en galego (sendo este escasísimo incluso para aquelas materias que deben impartirse na nosa lingua), feito que está a provocar que o idioma fique abeirado nas novas tecnoloxías.
6/ A inacción ante cuestións importantes para o idioma como a desaparición de diversos medios en lingua galega, que son recursos de grande valor didáctico e normalizador, a desaparición de ferramentas normalizadoras de uso didáctico (flocos tv, oferta cultural aos centros...) ou algunhas simbólicas e de plena actualidade como o silencio outorgador ante a falta de rigorosidade do Valedor do Pobo na censura dun libro de texto.
7/ O abandono dos Equipos por:
  • O desamparo ante os ataques criminalizadores que sufrimos e seguimos a sufrir por parte de sectores antidemocráticos que unicamente buscan a desaparición da nosa lingua.
  • A falta de coordinación real das actividades normalizadoras dos equipos.
  • A ausencia de medidas que faciliten o labor diario, como a regulación de horas de dedicación para os membros dos EDLG, a posta en marcha de programas formativos e de propostas para desenvolver nos centros, a transmisión de información e orientación do traballo, etc.
  • A falta de apoio económico que impide unha planificación seria do traballo: rematou o 1º trimestre do curso 2011-2012 sen que lles ingresaran aos centros as axudas resoltas en novembro de 2010 e neste momento aínda non se convocaron as deste ano, que contemplan un 33% de recorte (dende o ano 2009 a diminución das axudas foi dun 60%). Como consecuencia disto, reséntese fortemente a programación cultural dos centros educativos, desenvolvida en grande parte polos EDLG, que complementan con numerosas actividades a formación do alumnado.
  • A CGENDL agarda que este departamento comece unha nova etapa na que asuma as funcións que lle son propias e pase a planificar e executar políticas de fomento e promoción do galego na sociedade.

27.11.11

Entrevista a Valentina Formoso, presidenta da CGENDL en "Galicia confidencial"

'A nosa lingua está á espera de que a axudemos a librar de todo ese lastre negativo que lle foron colgando' 

  Xurxo Salgado entrevista a Valentina Formoso, coordinadora da CGENDL, para Galicia Confidencial:

Hai uns días foi reelixida presidenta da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENL) co principal obxectivo de dignificar o uso do galego e extender o seu uso dentro e fora dos centros de ensino. Asegura que o galego está "nunha situación delicada" e pide á sociedade civil que se mobilice na súa defensa. Sobre Galicia Bilingüe asegura que son "fabas contadas" nos centros.
Galicia Confidencial (GC).- Cales son os principais retos da CGENDL? Valentina Formoso (VF).- O principal reto neste momento é o de ilusionar aos equipos para seguir traballando nunhas situacións moi difíciles coma as que estamos a vivir. E esta ilusión ten que ir acompañada dun novo discurso arredor da promoción do galego, promoción ligada a unha imaxe en positivo da mesma que poidamos estender en todos os centros de ensino, e que poidamos tamén enviar ao resto da sociedade.
Ademais diso queremos manter a nosa pluralidade, algo que nos define. Tamén nos imos esforzar en seguirmos  sumando vontades e  en fomentar o traballo en equipo, para así superar o minifundismo propio deste noso país, minifundismo que tamén lle afecta tamén ao ámbito normalizador. Outros retos que temos pasan por adaptar o traballo normalizador dos equipos á nova etapa que se está a vivir nos centros e mais aos diferentes contextos existentes na sociedade.

 Ler a entrevista completa en "Galicia confidencial"

26.11.11

PREMIOS XOAN MANUEL PINTOS «O futuro do galego depende moito da nosa capacidade de resistencia»

Premio á CGENDL



''Este premio dános alento para continuar co noso labor''.  Belén Escariz e Rubén Rivas agradecían desta maneira, onte, en  Pontevedra, o premio Xoán Manuel Pintos que este ano foi a parar á  Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Despois  citaron o texto que saíu da asemblea da coordinadora este ano, no que se  facía fincapé na resistencia como valor fundamental dun traballo de  defensa do idioma. ''Debemos esforzarnos por manter a esperanza. O  futuro do galego depende moito da nosa capacidade de resistencia. Cómpre  non quedar na crise e no lamento. Resistir ten que ser avanzar''.


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística  foi merecedora do premio Xoán Manuel Pintos 2011 na categoría de  traxectoria recente, mentres a Aula Castelao de Filosofía o foi na de  toda unha traxectoria a prol da lingua. Ámbalas dúas institución  recibiron os seus respectivos recoñecementos nun acto que tivo lugar  onte á noite no Pazo de Mugartegui. Os premios Xoán Manuel Pintos, que  recoñecen o compromiso coa defensa da lingua galega realizado por  persoas ou institucións, están convocados polo Concello de Pontevedra a  Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) e non ten dotación económica.

Carlos Calviño

 No nome da Aula Castelao, recolleu o galardón o seu  coordinador, Carlos Calviño, que lembrou que entre os obxectivos  fundacionais da institución estaba a defensa dunha serie de principios  dende un compromiso irrenunciable a prol da lingua galega. ''A  galeguización da sociedade estaba entre os nosos obxectivos primeiros'',  explicou.

2.11.11

Premio Xoán Manuel Pintos 2011 á CGENDL

O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concedéronlle o Premio Xoán Manuel Pintos 2011 de impulso da normalización lingüística á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) e á Aula Castelao de Filosofía.
Norabóa e parabens a tod@s.

5.6.11

20 anos de normalización e dinamización

A CGENDL celebrou o acto de conmemoración: 1991-2011: vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que tivo lugar o sábado 4 de xuño ás 11:30 da mañá no Museo do Pobo Galego en Santiago. Esta xornada tivo como finalidade darlle visibilidade pública ao traballo feito polos ENDL ao longo de todos estes anos e agradecer o labor dos docentes, o alumnado e os colaboradores que os conformaron e conforman. Así mesmo, neste acto quíxose expresar a nosa gratitude e recoñecemento público a Agustín Fernández Paz polo seu papel, precursor e activo, no ámbito da normalización lingüística no ensino. 



15.11.10

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

A FÍSICA E UNHA LATA-OS PAPAVENTOS


Experimentos realizados polo alumnado do IES Elviña (A Coruña) o Día da ciencia en galego. A actividade foi realizada coa colaboración dos departamentos de Física-química e máis Tecnoloxía. Coordinado polo Equipo de Dinamización lingüística.

27.10.10


Segue lendo

26.10.10

A FÍSICA E UNHA LATA

Actividade realizada polo departamento de Física e Química do IES Elviña para conmemorar o Día da ciencia en galego.

.

15.10.10

A FÍSICA E UNHA LATA

O departamento de física e química do IES Elviña está preparando unha serie de experimentos para o día 4 de novembro, día en que se conmemora en tódolos centros de ensino de Galicia o Día das ciencias en galego.
Os alumnos de secundaria están elaborando varios experimentos que poñen en relación as latas co coñecemento da física.