Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual b>. Amosar todas as publicacións
16.3.16
14.2.16
26.10.14
IREMOS DE ESMORGA!
O próximo 21 de novembro chegará ás salas de cinema. É a primeira vez que unha película galega se estrea no conxunto das salas galegas, cun total de 25 copias. Previamente, a primeira exhibición da longametraxe suporá a apertura oficial do Festival de Cine Internacional de Ourense. O trío de actores protagonistas e Ignacio Vilar percorrerán as cidades galegas para a promoción do filme. Esta nova cinta do director ourensán é a adaptación cinematográfica da emblemática obra de Eduardo Blanco Amor.
27.5.14
Palmarés da XI edición do Festival de Cans
Premio de Honra Pedigree’14 para María Bouzas Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real, cunha dotación de 1.500 € e Can de Pedra, para Ser e voltar, de Xacio Baño.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, cunha dotación de 1.500 € e Can de Pedra, por unanimidade, para Jamón, de Iria López. Premio do público á mellor curtametraxe, cunha dotación de 1.000 € e Can de Pedra, para Tupper, de Ángel Manzano. Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para 3-1=0. Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado cun Can de Pedra, para Déborah Vukusic por 3-1=0. Premio do xurado á mellor interpretación masculina, dotado cun Can de Pedra, para Javier Gutiérrez por Tupper. Premio CREA do xurado á mellor dirección, dotado con 200 € e Can de Pedra, para Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por Koan. Premio AGAG do xurado ao mellor guión, dotado con 200 € e Can de Pedra, para Hogar Hogar, de Carlos Alonso Ojea. Premio do xurado á mellor banda sonora, dotado cun Can de Pedra, para Gautier Galard por Jamón. Premio do xurado ao mellor videoclip, dotado con 300 € e Can de Pedra, para “Un gran hijo de puta” de Los Árboles. Dirixido por Manuel Valcárcel. Premio do público ao mellor videoclip, dotado con 300 € e Can de Pedra, para “Carreteras” de Dakidarría. Dirixido por Andrés H. Bonader.
Mención especial para a fotografía de Luís Solarat en La Carne Cruda.
21.5.14
Os camiños esquencidos
Audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz
Esta é unha película inspirada na
vida de Xosé María Díaz Castro e desenvolta nun obradoiro de literatura e
audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, implicándose na súa
produción toda a comunidade educativa do centro. Foi lanzada ó mundo o
17 de maio de 2014, cando no Día das Letras Galegas adicáronse ós versos
no neno Pepe, o estudiante do Vilariño.
SINOPSE
Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.
SINOPSE
Unha casa de aldea e un feixe de papeis desencadenan esta historia na que Iago, un rapaz de doce anos, descubrirá cousas sobre o seu avó que non coñecía e que sen dúbida, lle axudarán a entendelo mellor, a el e ó seu tempo. Unha viaxe ó longo de case un século de vivencias nas que a poesía e a imaxinación cobran un especial protagonismo para recrear as emocións dun tempo pasado que recibe a mellor homenaxe de todas: ser recordado.
20.5.14
Documental sobre Xosé María Díaz Castro
No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos
lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é
o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo,
Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da
mirada e da propia voz de Xose María. Todo un testemuño de primeira man
da grandeza das cousas pequenas que tanto amaba o poeta.
28.4.14
Un total de 116 producións compiten no festival audiovisual ‘Olloboi’ 2014
Un total de 116 producións compiten na quinta edición do festival
audiovisual ‘Olloboi’, organizado pola Asociación Marearte e que trata
de “fomentar a canteira” do sector en Galicia.
Deste modo, no certame participan estudantes dende primaria ata o ensino
superior e afeccionados de todas as idades. De feito, na edición deste
ano, 92 das 116 propostas corresponden a traballos presentados por 30
centros educativos.
Os recoñecementos divídense en oito categorías: ‘Olloboi Cómico
(humorístico); ‘Olloboi Pelón (de crítica social); Olloboi Fotoxénico’
(mellor estética, fotografía); ‘Olloboi DJ’ (música e son); ‘Olloboi
Orixinal’ (mellor guión); ‘Olloboi na Escola’ (mellor experiencia
académica); ‘Olloboi Online’ (elixido cos votos do público); e ‘Olloboi
Zamburroi’ (a mellor proposta).
13.4.14
Premios Mestre Mateo
O audiovisual galego reivindica o dereito a "existir"
"Producimos a esgalla e somos pobres". A actriz Isabel Risco subiu este sábado ao escenario do Palexco da Coruña para recoller o premio á mellor interpretación feminina de reparto por Era Visto! e, cando baixou, xa incendiara a parroquia do audiovisual galego...
"Producimos a esgalla e somos pobres". A actriz Isabel Risco subiu este sábado ao escenario do Palexco da Coruña para recoller o premio á mellor interpretación feminina de reparto por Era Visto! e, cando baixou, xa incendiara a parroquia do audiovisual galego...
25.3.14
Penélope de Xosé María Díaz Castro
IES As Barxas de Moaña. Taller de educación plástica
Penélope, de Xosé María Díaz Castro Obradoiro de plástica as Barxas Animación de Paula Solla,1º Bach Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move A espranza nos teus ollos se esperguiza.Aran os bois e chove.
10.12.13
Ollos de auga de Domingo Villar
Curtametraxe feita por uns alumnos do IES Mendillo adaptando esta novela
20.5.13
Espírito Vidal Bolaño
Desde Torre Branca
Producións fan esta pequena homenaxe para achegar tan
importante ser de cultura aos máis pequech@s.
10.5.13
7.4.13
XI edición Premios Mestre Mateo
'O Apóstolo' triunfa nos Mestre Mateo cun audiovisual "que loita por saír adiante"
"Se cadra, non hai demasiado que celebrar". O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, comezou deste xeito o seu discurso na gala da undécima edición dos premios Mestre Mateo. Coas industrias culturais azoutadas pola crise (...)
Máis información David Lombao en Praza Pública
7.11.12
Eu falarei, gañadores do 1º premio no Certame OUFF Escola
No XVII Festival Internacional de Cinema de Ourense
Os rapaces de Chapela ao rescate da lingua galega
Os rapaces de Chapela ao rescate da lingua galega
3.5.12
Valentín Paz Andrade en vídeo
A CRTVG E YOUTUBE ACOLLEN ENTREVISTAS E DOCUMENTOS FÍLMICOS SOBRE O HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS
Segundo se achega o Día das Letras van aparecendo novos contidos encol
Valentín Paz Andrade. Deste xeito, a Coordinadora Galega de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) presentan unha guía de
recursos didácticos nos que recuperan unha serie de producións
videográficas encol do homenaxeado. Para alén de traballos audiovisuais
escolares, o web recolle a canle de Youtube na que se amosan os vídeos
da exposición que se lle dedica a Paz Andrade, con diferentes
entrevistas encol da súa persoa.
A lingua fóra de plano
O galego é minoritario no circuito non comercial de proxeccións audiovisuais
É coñecido que a presenza da lingua galega nas salas comerciais de
cinema é minoritaria. No entanto, unha análise a partir dos datos de
axenda do soportal AVG de Culturagalega.org, amosa que a nosa lingua
tampouco acada máis do que unha representación anecdótica nos circuítos
alternativos. Festivais, cineclubes ou ciclos non proxectan máis que un
22,4% de filmes na nosa lingua, unha porcentaxe que aínda se reduce máis
se temos en conta algúns factores.
29.4.12
X edición dos premios Mestre Mateo
O audiovisual reivindícase como "estratéxico" e reclama as axudas ao talento nuns Mestre Mateo moi repartidos
A reivindicación do audiovisual como sector estratéxico, a esixencia de
que a Agadic convoque as axudas ao talento e a unidade profesional ante a
crise foron os lemas constantes nunha gala dos Mestre Mateo que, na súa
décima edición, quedou sen un claro triunfador ao repartir os premios
de forma case democrática. Doentes e Engurras, con cinco galardóns; Matalobos, con catro, e Tralas luces e Emilia Pardo Bazán. A Condesa Rebelde, con tres, foron as producións máis galardoadas dunha cerimonia presentada pola actriz María Castro e
que arrancou cun coro de nenos que, ao xeito de Oliver Twist,
presentaron as primeiras ironías contra a crise. “Coñeces onde podo
conseguir un traballo digno?”, “Non, eu traballo no audiovisual”,
dialogaron os cativos antes de cantar e diante as gargalladas do
público.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




