Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lusofonía. Amosar todas as publicacións

13.5.17

Portugal gaña o festival de Eurovisión 2017

Amor pelos dois un tema en portugués gaña na capital Ucraína

Noraboa ao país irmán!
Unha lección: non é necesario utilizar o inglés para competir neste mundo global.
 
Salvador Sobral - Amar Pelos Dois (Thought of You by Ryan Woodward) from Creativehole on Vimeo.

7.11.14

Ponte nas Ondas e Xurxo Souto gañan o Premio Ondas á mellor cobertura informativa

Ponte nas ondas conmemorou xa vinte anos de historia de comunicación radiofónica e cultural entre Galiza e Portugal, iniciativa que tivo o seu nacemento en centros escolares ás dúas beiras do Miño. De "Ponte... nas Ondas" xurdiu a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugues para a súa consideración como patrimonio da Humanidade pola Unesco.

7.12.12

Ponte nas ondas

O Miño une Galiza e Portugal a través da radio

Un programa de radio ponte entre o galego e o portugués.



9.4.12

O encontro Festlatino reivindica o galego como ponte de entrada na lusofonía

A proxección internacional da cultura galega precisa non só dunha clara reorientación das políticas públicas, senón de impulsar estratexias para o intercambio coa lusofonía. Son algunhas das conclusións que poden tirarse do encontro Festlatino, celebrado no Consello Cultura Galega. Ver información completa en "Dioivo"

6.4.12

Narf no IES Elviña

Inauguración da reforma do salón de actos do instituto
Narf (Fran Pérez): Autobiografía
Vídeo realizado por Carlos Silva Rodríguez

16.2.12

_____Aline Frazao

A lusofonía só ten sentido con Galiza


 "Tens que entender 
Que não há diferença entre nós 
É a mesma essência 
E se a minha liberdade não existe 
A tua é só aparência”. 

Así remata Primeiro mundo, un dos temas de Clave Bantu, o primeiro disco da cantora angolana Aline Frazão. De Luanda -a súa cidade natal-, a Lisboa ou Compostela, pasando polo Brasil ou Cuba, o álbum realiza un percorrido polas sonoridades que a conformaron como artista. Aline participou no 2010 no Cantos na Maré, e xa non deixou Galiza. Hoxe é unha máis do grupo de músicos da lusofonía que botaron raíces na nosa terra. Este xoves 16, ás nove e media da noite, abre no Teatro Principal de Santiago o ciclo Íntimo&Acústico, organizado desde a concellaría de Cultura.