Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

17.11.16

Galiciencia 2016.

Emitido en directo o 17 nov, 2016 no Parque Tecnolóxico de Galicia

Espectáculo sobre matemáticas con sesión de vídeo streaming o xoves 17 de novembro de 11:00 a 12:00h. 50 minutos. Público xeral. Salón de actos planta soto do edificio CEI.
O espectáculo está enfocado dende unha dobre perspectiva. Por un lado, achegar algúns datos da historia das matemáticas e a súa evolución. Deberase ser consciente de que o avance do coñecemento científico está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Por outro lado, presentarase a relación das matemáticas coa vida cotiá. Así, descubriranse os seus vínculos coa percepción da beleza, a base dos xogos de azar, a súa importancia na procura do amor ou a imposibilidade de dobrar infinitamente un papel.
O enfoque será eminentemente lúdico, intentando que a linguaxe e contidos poidan ser comprensibles para todo tipo de públicos. A intención é espertar nos asistentes a curiosidade polas matemáticas, mostrando a súa cara máis descoñecida.

4.11.16

4 de novembro: día da ciencia en galego

No IES Elviña: convertindo moedas en ouro (maxia)
Realizado coa colaboración do departamento de física e quíimica.

 

13.2.16

Día da Ciencia en Galicia

O químico Ignacio Ribas será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, que organiza a Real Academia Galega de Ciencias. Gran investigador dos produtos autóctonos, Ribas descubriu substancias que bautizou como coruñina, pontevedrina, orensina ou santiaguina.

1.6.15

A oceanógrafa Ángeles Alvariño protagoniza o Día da Ciencia en Galicia

31.5.15

A Universidade de Santiago investiga como afectan as ondas electromagnéticas á nosa saúde


O bioelectromagnetismo está á orde do día, é un tema que nos afecta a todos. Quen non ten móbil? Quen non ten wifi ou televisión na súa casa? Agora mesmo atopámonos inmersos nun mar de ondas.

25.4.15

Máis de 500 estudantes de Secundaria participan en Enxeñería Industrial de Vigo na I Competición Galega de Robots.

11.3.15

PRÓXIMO ESPECTÁCULO


Se o tempo o permite, os galegos seremos uns privilexiados para observar o vindeiro 20 de marzo unha eclipse total solar, que aínda que parcialmente, se poderá ver aquí cunha importante magnitude. De feito, Galicia será o mellor punto da Europa continental para velo, entre as 9:05 e as 11:18 horas. Vaian gardando sitio, porque non verán outra eclipse igual até dentro de once anos.

10.2.15

EDUCA BARRIÉ



Concurso dirixido ao alumnado  a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia.
Podes consultar as bases aquí 

1.2.15

Ánxela Ruíz Robles, tecnoloxía aplicada á didáctica

A súa constante inquedanza didáctica e pedagóxica levouna a camiñar pola senda da inventiva. Neste eido, deseñou a máquina taquimecanográfica, un mapa e atlas lingüístico gramatical e unha enciclopedia mecánica, cos que obtivo abondosos recoñecementos e premios nos certames celebrados nas cidades de Zaragoza, Xixón, Barcelona, Madrid, París e Xenebra.