Amosando publicacións coa etiqueta historia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta historia. Amosar todas as publicacións

22.6.16

NOVA WEB: HISTORIA DE GALICIA

A Internet galega conta xa cunha nova web de historia e de patrimonio, www.historiadegalicia.gal, que pretende ser un portal divulgativo de todo o que se fai en Galicia en materia histórica e patrimonial co obxectivo de achegar a historia á xente.

11.3.16

Galicia terá a súa propia superprodución sobre a guerra entre celtas e romanos


Tras máis de cinco anos de atraso, o filme Galaicus rodarase en Lugo en 2017 coa presenza de Luís Tosar, como produtor e actor principal, no papel dun cónsul romano que se enamora dunha raíña galega.

30.4.15

Redescúbrea!

Céltiga foi unha das cabeceiras que xuntou a intelectualidade galega que viviu na Arxentina entre 1924 e 1932. Dela destacan os contidos pero tamén a calidade das súas ilustracións. Neste proxecto pódense ver todos os números dixitalizados. 

2.4.15

INTERESANTE VIDEO


Recreación hipotética del sistema   de iluminación de la Torre de Hércules  en época romana.

20.3.15

Memoria do aceite




Os documentos de finais da Idade Media falan de que na Galiza había cultivo de oliveiras e produción de aceite e que foron os Reis Católicos quen mandaron cortar parte delas. Xoán Costa fai memoria do aceite galego e afonda nas razóns políticas para a súa desaparición.

12.3.15

A partir de mañá sábado no Museo de Lugo

En Galicia hai uns 3.000 núcleos de poboación sen habitantes, a metade das aldeas deshabitadas de todo o Estado. É a realidade da que parte Os camiños da brétema, un proxecto "fotopoético" apoiado no traballo de 18 escritoras e escritores e mais nas imaxes do fotógrafo cántabro residente na Pontenova Vicente Ansola.

4.3.15

Galicia e o cine


Aquí podes descargar o traballo de Miguel Anxo Fernández que abre o caderno central que dedicamos a eses 25 anos de cine en Galicia.

16.2.15

Operación ántrax no río Miño

Os servizos secretos alemáns na Gran Guerra planearon provocar un brote de cólera e ántrax na fronteira de Galicia e Portugal
LER+ 

7.2.15

Galicia recupera o tesouro prerromano de Álvaro Gil

O torques de Burela, o carneiro alado de Ribadeo, o torques de Riotorto, a arracada de Burela, o torques áureo da Recadieira... Son só algunhas das corenta pezas de ourivaría prerromana que este martes volveron para quedar no Museo de Lugo. Todas elas pertencían ao legado de Álvaro Gil, o enxeñeiro, naturalista e empresario que, tras ser represaliado pola súa vinculación galeguista e republicana, realizou numerosas doazóns á institución museística lucense entre os anos 50 e 80 do século pasado.

28.6.14

78 aniversario do plebiscito do estatuto galego

O 28 de xuño do 36 os galegos dixeron sí ao seu autogoberno


Cartaces de Castelao e Camilo Díaz Baliño a favor do estatuto

22.4.14

Amparo López Jean, mestra republicana e galeguista morta no exilio


Será unha das primeiras mulleres en cursar o bacharelato na Coruña, facendo logo maxisterio na Escola Normal da Coruña
Politicamente pertenceu ao Partido Galeguista, no que ingresaría o 6 de maio de 1935, colaborando economicamente nas campañas. Pero o labor máis importante desenvolveuno na Agrupación Republicana Femenina da Coruña