Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións

17.11.16

Galiciencia 2016.

Emitido en directo o 17 nov, 2016 no Parque Tecnolóxico de Galicia

Espectáculo sobre matemáticas con sesión de vídeo streaming o xoves 17 de novembro de 11:00 a 12:00h. 50 minutos. Público xeral. Salón de actos planta soto do edificio CEI.
O espectáculo está enfocado dende unha dobre perspectiva. Por un lado, achegar algúns datos da historia das matemáticas e a súa evolución. Deberase ser consciente de que o avance do coñecemento científico está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Por outro lado, presentarase a relación das matemáticas coa vida cotiá. Así, descubriranse os seus vínculos coa percepción da beleza, a base dos xogos de azar, a súa importancia na procura do amor ou a imposibilidade de dobrar infinitamente un papel.
O enfoque será eminentemente lúdico, intentando que a linguaxe e contidos poidan ser comprensibles para todo tipo de públicos. A intención é espertar nos asistentes a curiosidade polas matemáticas, mostrando a súa cara máis descoñecida.

16.6.14

María Wonenburger, talento e paixón polas matemáticas

Faleceu o sábado 14 de xuño

"Resulta inexplicable que se puidese estar tan preto dela sen o saber". O Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega fala nestes termos de María Wonenburger Planells, a eminente matemática galega falecida o pasado sábado na Coruña cuxa brillante.


 

25.5.14

Matemáticas en pé de Igualdade

A súa autora, Amelia Verdejo Rodríguez, é profesora Titular de Análise Matemática na Universidade de Vigo

O material que se presenta foi realizado ao longo dos últimos cursos académicos para presentar, ao inicio das clases, breves referencias biográficas de personaxes históricos, homes e mulleres, relacionados coas Matemáticas.

Esta experiencia acadou moi boa aceptación, e posteriormente grandes resultados, con respeto ao achegamento da historia das matemáticas ao alumnado.

Parte do material elaborado, en concreto o relativo a algunhas das personaxes femininas, utilizouse posteriormente para diversos relatorios en ámbitos extrauniversitarios.

26.4.14

VIII Feira Matemática

O sábado 26 de abril en PALEXCO


A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.
Por razóns de organización e de calendario, este ano a VIII FEIRA MATEMÁTICA celebrarémola o 26 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.
Ademais do tradicional concurso de Fotografía Matemática que convocábamos todos estes anos, na presente edición da Feira convocamos tamén un concurso de ESOPÍAS e outro de MATMONÓLOGOS, para o que contamos coa colaboración da Fundación Barrié e toda a información dos tres concursos, así como o envío de materiais e a votación do público, farase a través dun blog ao que se pode acceder no seguinte enderezo: http://mateblog.educabarrie.org/
Contamos coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espacio de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos vós, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.
Por todo isto, dende xa, esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.
Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como 'visitantes' ou como 'comerciantes'.
Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 26 de abril de 2014, na

VIII Feira Matemática

en Palexco.

8.5.13

VII feira matemática

Organiza AGAPEMA
Sábado 11 de maio en PALEXCO

19.9.12

Chámalle "xe"

Campaña de normalización e dinamización na Facultade de Matemáticas

 

10.5.12

VI Feira Matemática

En Palexco o sábado 12 de maio organizada por AGAPEMA

Esta xornada está pensada para a divulgación das matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional así como ao profesorado de matemáticas e ao público en xeral. Centrarase sobre as matemáticas e economía. Vantaxes da cooperación. Dende as 11 ata as 19 horas estará aberta a exposición.
Este ano o día escolar das matemáticas celébrase para conmemorar o nacemento do matemático catalán Pedro Puig Adam, que naceu o 12 de maio de 1900.