Amosando publicacións coa etiqueta diglosia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diglosia. Amosar todas as publicacións

25.3.15

O galego contra-ataca


Unha peza feita na casa e realmente xenial!
preme na imaxe

3.6.13

Do estigma á estima

Propostas para un novo discurso lingüístico

Interesante reflexión en Carta Xeométrica do libro de Valentina Formoso sobre a situación da mocidade con respecto o galego


7.10.12

Mario Conde: yo venía de Galicia y era un ser bárbaro

Autodio

Estamos en campaña electoral das autonómicas galegas. Moito ambiente non hai... Galicia para moitos é un trampolín de algo que non tén que ver con Galicia. Isto pásalle a Mario Conde. O foi todo: matrícula de honor no seus estudos de bacharelato, avogado do estado, banqueiro, presidiario e agora, ademais de tertuliano nun dos programas da canle  Intereconomía, candidato a deputado pola provincia de Pontevedra ao parlamento de Galicia por Sociedad Civil y Democracia.
Medio en broma, medio en serio fai a súas reflexións sobre as súas orixes galegas. Estamos ante un tópico típico de autodio. O galego é Xan das Bolas. Un tipo que cae ben pero algo idiota tamén é.  Non ten criterio, non ten decisión...
Galicia é moi bonita a súa paisaxe (se algo queda dela), a súa gastronomía, o seu folclore... pero iso do galego xa é moito. A Mario Conde pásalle como a Mariano Rajoy, exerce de galego pero co idioma galego non quere saber absolutamente nada. Se non existise mellor. Ou non...?