Amosando publicacións coa etiqueta toponimia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta toponimia b>. Amosar todas as publicacións
2.6.17
A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atraso
Con 34 anos de atraso, desde que en 1983 se aprobara a Lei de Normalización Lingüística. Máis de tres décadas despois, A Coruña comeza a adaptar o seu rueiro á toponimia oficial, retirando varias placas que empregaban denominacións deturpadas para referirse a varias localidades galegas en diferentes rúas da cidade.
24.6.16
Da Laracha a *La Racha pasando por *Laracha: Da importancia de non quedar in media res
Non quedemos in media res, non lle permitamos que gañen a batalla do feísmo lingüístico e da deturpación toponímica e protestemos diante destas agresións ao noso espazo cultural, histórico e social. De nós, e de ninguén máis, depende.
29.5.16
22.5.16
17.11.14
14.3.14
Nin Sangenjo nin Orense son formas lexítimas
A voltas coa toponimia
En libros escolares en castelán que se estudan en Galicia e en España,
por desgraza, é habitual vermos topónimos galegos coa forma
castelanizada, como ocorre con La Coruña para indicar a cidade
onde naceu a escritora Emilia Pardo Bazán. Nas últimas semanas, en
telexornais e noutros programas das TV estatais, cando se informaba dos
efectos dos fortes temporais no litoral e no interior de Galicia, víanse
nas pantallas ou escoitábanse topónimos castelanizados como La Coruña, La Guardia, El Cebrero, Orense, Ginzo de Limia ou Arosa (para se referir á ría), no canto das formas correctas e lexítimas A Coruña, A Guarda, O Cebreiro, Ourense, Xinzo de Limia e Arousa, feito que ProLingua recentemente denunciou nun comunicado (...).
25.1.14
Microtoponimia vital
Traballo en Pontevedra
Acabarmos cos microtopónimos que aínda perduran implica rabenar unha parte do noso milenario legado lingüístico, cultural, económico, histórico, sociolóxico, etc., en definitiva, de saber máis de nós mesmos, por iso, as galegas e galegos estamos obrigados a "curalos e atendelos" para que sigan vivindo entre nós.
18.8.13
Unha ducia de fervenzas para desconectar
Reportaxe de Virxinia Uzal en Praza Pública sobre estas paraxes de Galicia
"Fervenza", "Cadoiro", "Cachón", "Seimeira" son topónimos empregados
para designar un salto dependendo da comarca. Sexa como sexa o nome que o
designe, estes fermosos paisaxes forma parte da natureza do noso pobo
nos que podemos gozar de máxicos momentos onde desconectar.
9.1.13
A xustiza absolve a Carlos Callón da falta de aldraxes ao ex-xuíz decano da Coruña
O presidente da Mesa recriminou a Fraga Mandián a súa defensa do uso do topónimo ilegal 'La Coruña', en lugar da denominación oficial
Información en Galicia Hoxe
10.12.12
Google abre a posibilidade de restaurar a toponimia galega
Google Maps, a web e aplicación de referencia en xeolocalización, abre unha nova etapa para verificar a corrección dos seus datos xeográficos e, entre eles, o da toponimia. ProLingua quere animar as persoas usuarias desta aplicación web a que fagan uso dos mecanismos de feedback que a compañía norteamericana proporciona para corrixir as deturpacións toponímicas da xeografía galega, que non son poucas.
17.7.12
Un decreto obrigará ás empresas a respectar a toponimia en galego
Edificios, instalacións e elementos materiais e inmateriais,
públicos ou privados, cuxo nome faga referencia ao territorio que
ocupan deberán respectar la toponimia oficial galega. Así o establece o borrador de decreto que prepara o Goberno galego para actualizar as súas normas sobre toponimia.
O texto, que está en periodo de alegacións, evitará que proliferen a
partir de agora nomes de empresas públicas e privadas xa existentes
como Compañía de Tranvías de La Coruña, Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, Camping Ría de Arosa, Camping Bayona Playa,
Deportivo de La Coruña ou Hotel Attica 21 Villalba, aínda que de momento a
ambigüidade da súa redacción deixa no aire a súa posible aplicación con carácter retroactivo. O novo decreto polo que se regula o uso das denominacións de lugares en Galiza recorda que por lei tódolos topónimos teñen como única forma oficial a galega e, tras insistir no seu correcto uso por parte das administracións pública, extense o seu ámbito de acción tamén ao sector privado.
9.2.12
Un novo espectáculo da xustiza coa nosa lingua
Pode o dereito ser torto... (Celso Emilio Ferreiro)
Esta entrada está tomada do blog: Carta Xeométrica
Esta entrada está tomada do blog: Carta Xeométrica
Comenzos.
Ano 2006. Eduardo Álvarez, veciño da Coruña, e secretario comarcal da CIG-ensino reclamou que tiña dereito a recibir a súa notificación xudicial en galego, topónimo oficial incluído. O xuiz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, negoulle esta petición ao tempo que atribuía a un 'erro ortográfico' o uso da deturpación *La Coruña. Os medios recibiron esta notificación antes que o interesado. Aparentemente o xuíz Antonio Fraga comenzou desprezando só un topónimo, unha palabra.
Enceréllase o asunto.
Enceréllase o asunto.
Entón foi cando Eduardo Álvarez denunciou públicamente o cinismo do xuiz Fraga Mandián: 'segundo o dicionario, cínico é aquel que mente descaradamente para xustificar unha ilegalidade, e iso é o que fai o xuíz'
Entón Fraga Mandián denúnciao por inxurias e nomea a unha xuíza substituta para que levase este novo xuízo que non había de estar exento de polémica pois a Eduardo Álvarez non se lle permitiu exercer as funcións propias da defensa. Como era previsible, a sentenza, de agosto do 2007, condenaba a Eduardo Álvarez a pagar 5.200 €. A cousa non queda aquí.
Recúrrese o xuízo no que se lle impuxera a multa ante a Audiencia Provincial. En xaneiro do 2008 declárase a súa nulidade.
Para manter o tirón mediático do caso, o xuíz fai unhas declaracións na radio nas que asegura que as queixas contra o uso do curioso topónimo non teñen sentido, pois tamén non ten sentido pois no xulgado tamén 'tamén se escribe vivenda con dous bes'.
A Mesa presenta entón unha denuncia ao Consello Xeral do Poder Xudicial contra Fraga Mandián por 'facer apoloxía da desobediencia da legalidade', en concreto da Lei de Normalización Lingüística. Estamos en xuño do 2008.
Un ano despois sabemos que o xuíz contraatacou de novo, con outra denuncia por inxurias, desta volta contra Carlos Callón, o presidente da Mesa. No xuízo, decembro do 2010, Callón negouse a declarar porque non recibira as notificacións en galego, demostrándose así que neses cinco anos, a normalización na xustiza non avanzanra nin un milímetro. Xullo 2011: arquívase a denuncia. Porén o xuíz decano apelou e ten que se celebrar outro xuízo o vindeiro día 10.
Cantos xuízos!, cantos cartos gastados! cantos recursos mal empregados! E todo porque hai xentiña empeñada en que a nosa lingua non poida usarse con normalidade.
Diagnóstico social

Actuar contra unha palabra, como neste caso, contra un topónimo, non é un simple erro ortográfico. Comprobouse ben neste caso que a aparente desconsideración lingüística é moito máis, é un ataque a toda unha lingua, á esencia da nosa identidade. O xuíz ao escribir á mantenta o topónimo deturpado actúa contra todos nós como pobo. E se o pobo non se escandaliza, é que pouco importa a súa lingua nin súa forma de estar no mundo.
Cando vexo estas cousas son eu o que me escandalizo cando non vexo reaxir ao mundo da xustiza e, en xeral, a toda a sociedade desaprobando os ataques do xuíz decano contra un topónimo, contra unha persoa, e contra outra, e contra todos nós.
Despois de todas estas voltas confímase unha unha sospeita que manteño desde hai tempo: que na práctica social vivimos cos modos e as normas da época da ditadura franquista. Mantemos as formas democráticas pero o cerne dunha boa parte da sociedade mantén as súas raíces nun proceder que sorbe os seus fundamentos na podremia do máis escuro espíritu fascista.

21.12.11
Converxencia solicita ao Valedor que faga cumprir a lei das sinais en galego
Converxencia XXI dirixiu un escrito de queixa ao Valedor do Pobo de Galicia, para instalo a que" faga cumprir as leis vixentes sobre sinalización viaria e corrixa centos de sinais que exclúen a lingua galega nas estradas de Galicia".
Os converxentes denuncian que "ninguén foi quen de facer cumprir a actual lexislación, que leva vixente desde os anos 80, e na que se especifica que a sinalización de estradas, aeroportos, estacións ferroviarias, de autobuses, marítimas e servizos públicos deben estar "na lingua castelá e na outra lingua oficial da Comunidade Autónoma" e que "os topónimos galegos terán como única forma oficial a galega".
Deste xeito Converxencia pretende "chamar a atención sobre as verdadeiras funcións que debe desenvolver o Valedor de Pobo". Este cargo pediu este mes a retirada dun libro de texto por citar o artigo do Estatuto que di que o galego é a lingua propia do país sen citar o punto que lembra que o español tamén é oficial, cooficialidade que estaba explicada poucas páxinas antes no mesmo libro.
Fronte ao énfase do Valedor contra o libro de Vicen Vives, que a Xunta xa mandou corrixir, Converxencia lémbralle a este cargo que no caso da vulneración da toponimia nos letreiros oficiais "non se coñece que ninguén fose investigado ou sancionado por esta neglixencia continuada durante case 30 anos".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)