17.7.12

Un decreto obrigará ás empresas a respectar a toponimia en galego

Edificios, instalacións e elementos materiais e inmateriais, públicos ou privados, cuxo nome faga referencia ao territorio que ocupan deberán respectar la toponimia oficial galega. Así o establece o borrador de decreto que prepara o Goberno galego para actualizar as súas normas sobre toponimia.
O texto, que está en periodo de alegacións, evitará que proliferen a partir de agora nomes de empresas públicas e privadas xa existentes como Compañía de Tranvías de La Coruña, Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, Camping Ría de Arosa, Camping Bayona Playa, Deportivo de La Coruña ou Hotel Attica 21 Villalba, aínda que de momento a ambigüidade da súa redacción deixa no aire a súa posible aplicación con carácter retroactivo. O novo decreto polo que se regula o uso das denominacións de lugares en Galiza recorda que por lei tódolos topónimos teñen como única forma oficial a galega e, tras insistir no seu correcto uso por parte das administracións pública, extense o seu ámbito de acción tamén ao sector privado.