Amosando publicacións coa etiqueta dicionarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dicionarios. Amosar todas as publicacións

12.1.16


Dende hoxe, e en acceso totalmente de balde, está a disposición de toda a cidadanía Digalego (http://Digalego.xunta.gal), un gran dicionario en liña de lingua galega que, con máis de 65.000 entradas, é unha das obras lexicográficas máis completas e actualizadas da lingua galega.

23.9.15

O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz Premio Arraiano Maior 2015


O e-Estraviz, un dos máis completo dicionarios galegos con 130.666 entradas totais, recibiu 474.904 consultas nos últimos doce meses, o que supón unha media diaria de consultas de 1.300.
Publicado orixinalmente en papel, desde hai máis dunha década, tamén está na internet. Este dicionario permite realizar buscas na ortografía do CL-AGAL e do ILG-RAG.

1.4.13

Arquitectura de computadores

Vocabulario esencial sobre computadores

Traballo realizado polo Servizo de Normalización e Dinamización Lingüística da Universidade de Santiago.
Vocabulario galego-castellano-inglés.





5.3.13

Dicionario xurídico galego

Chega o "Dicionario xurídico galego" en liña para profesionais das administracións públicas galegas

Os 90.000 empregados públicos da Administración autonómica e os traballadores dos concellos galegos teñen desde hai uns día acceso ao Dicionario xurídico galego en liña. Esta ferramenta, froito da colaboración entre a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), a Consellería de Cultura e Educación e mais Edicións Xerais, contribuirá á normalización da lingua propia de Galicia no ámbito xurídico-administrativo.

Enlace vía Prolingua

 

2.3.13

Dicionario de alimentación e restauración

Presentación na Real Academia Galega
 
Esta obra, un glosario de máis de 3500 termos traducidos ao castelán e o inglés, pretende contribuír á normalización do uso do galego no ámbito da hostalaría.

O coordinador da obra e membro de número da Academia, Manuel González González, empezou a súa intervención destacando a plena coherencia da publicación deste dicionario co fin encomendado ao Servizo de terminoloxía galega, Termigal: o de ofrecer recursos terminolóxicos para facilitar o uso do galego en áreas lingüísticas especializadas, e informou: "Na elaboración desta obra participaron moitas máis persoas das que aparecen citadas na nómina de redactores, pois para crear un dicionario destas características é preciso contar tamén cos profesionais de cada sector, que son o seu destinatario". A continuación, o académico destacou a importancia do sector hostaleiro na sociedade e na economía actuais, "a restauración está presente na nosa vida diaria e forma parte tamén da chamada paisaxe lingüística, é dicir, da visibilidade externa dunha lingua". Manuel González rematou a súa intervención facendo un chamamento aos hostaleiros a empregaren o galego nos seus menús e como lingua de partida cos seus clientes.

3.2.13

Dicionario galego-latino clásico e moderno

GALEGOBOOK: a biblioteca en liña sobre a nosa lingua

Atopámonos cun dicionario galego-latino clásico e moderno no que achega o galego á lingua latina e á súa cultura. Tamén da boa conta do estado da nosa lingua mostrando un léxico galego normalizado en todos os eidos. Traballo básico para os latinistas e para todos os estudosos das linguas románicas.
 
Autor: Xosé López Díaz
Entidade: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Ano: 2010



19.9.12

Galgo, un novo corrector en galego

Un corrector da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Entra


13.9.12

Vocabulario forestal

Nova publicación do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago

O Servico de Normalización Lingüística da USC acaba de presentar unha nova publicación. Trátase dun novo vocabulario relacionado co sector forestal. Os termos veñen en galego, español e inglés.