Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións

7.3.15

Éxito dunha nova parodia do vídeo de Enrique Iglesias

Os creadores da coñecida parodia de "Wreking Ball" de Miley Cyrus, atrévense co "Noche y de Día" de Enrique Iglesias, e logran máis de 80.000 visualizacións en só dous días. Neste vídeo, a Xunta tamén paga 300.000 euros ao final.


13.2.15

Unha ducia de telelixo para facer país

Cando foi a última vez que viches a Galega? A que xa cansa ver aos mesmos de sempre? Pode haber máis telexornais ou series en bares?
Se cadra un dos motivos do descenso no número de mozos e mozas galegofalantes nos últimos anos é a ausencia de contidos televisivos para o público máis novo. Aos novos gústanos Internet, os youtubers, as webseries os videoclips... e o telelixo. Porque si, miñas donas e meus señores, o telelixo tamén é cultura.
Aí van algúns dos formatos 

20.2.14

Cicloxénese humorística

A rede asolágase de orixinais alusións ao mal tempo deste inverno en Galiza

 As cicloxéneses explosivas deixaron vento, choiva, ondas e neve en abundancia, pero tamén fortes doses de humor. Os galegos, ante o tren de borrascas que ata este fin de semana non dera tregua algunha en dous meses, tiraron do enxeño e encheron as redes sociais de montaxes de fotos e textos alusivos ao mal tempo e cos que poder rirse da choiva.


Os tacóns-aleta ou o porco-peixe. As redes sociais inundáronse de fotografías e montaxes cos que rirse do mal tempo. As fochancas son tan grandes en Ferrol que ben se podería organizar un campionato de pesca, e os animais empezan a mutar con tanta choiva. Facer o Camiño de Santiago tamén se complica.

 


8.2.14

Yo por el gallego me corto la polla

Realizado polo grupo humorístico Os da Ría
 
Un novo vídeo viral del grupo humorístico de Os da Ría pide en castelán que se defenda o galego. "Somos un grupo de galegos independentes, xente de ben ou iso pensamos, que vivimos e loitamos durante toda a nosa vida, na medida das nosas posibilidades, por un mundo mellor. Somos un grupo de galegos que amamos Galicia, de todo corazón, pero non por iso cosiderámonos máis ou menos galegos que ninguén...
Isto é o que manifestan. 


19.10.13

De quen vés sendo?

A TVG emprende con este programa unha viaxe polas xentes dun país que agocha historias nos nomes

Este novo espazo de humor retranqueiro, que se emite ás 15.40 horas, está construído sobre a realidade cotiá de persoas que conviven con apelidos ou alcumes que marcan as súas vidas.

 Información na TVG

24.9.12

Os Bolechas na TVG

Os Bolechas de Pepe Carreiro forman parte dunha nova serie na TVG. A serie televisiva aparecerá  nas faixas do almorzo e merenda, de luns a xoves, dentro do programa Xabarín Club. Esta famosa familia podemos atopala por todos os recunchos da arañeira da rede pois xa contaba cun web oficial, ademais de ter páxina de facebook e conta de twiter.

30.5.12

Enchufados: nova revista dixital

Editorial
Maio, non había un mes no ano máis galego e apropiado para empezar: os Maios, o Día das Letras Galegas, Festival de Cans… xuntámonos para facer o que mellor sabemos e este era un momento tan bo ou malo como outro calquera. Vale, pode que non sexa o mellor momento para empezar nada con isto da crise, pode que non haxa nada que celebrar, aínda hoxe a prima de risco alcanzou máximos históricos… pois ¡mentira!, non temos xenes de realeza nin tampouco os necesitamos, gústanos o humor e rir por enriba das nosas posibilidades. ¿Quén dixo crise?, ¡Estamos enchufados!


15.3.12

Plurilingüismo

Un pouco de humor

Ilustración do debuxante Andrade nas páxinas de Eivados

20.12.11

Eivados

Humor gráfico galego