"Musigalité", estrea na Radio Galega e na Televisión de Galicia
Amosando publicacións coa etiqueta radio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio b>. Amosar todas as publicacións
18.2.16
7.11.14
Ponte nas Ondas e Xurxo Souto gañan o Premio Ondas á mellor cobertura informativa
Ponte nas ondas conmemorou xa vinte anos de historia de comunicación radiofónica e cultural entre Galiza e Portugal, iniciativa que tivo o seu nacemento en centros escolares ás dúas beiras do Miño. De "Ponte... nas Ondas" xurdiu a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugues para a súa consideración como patrimonio da Humanidade pola Unesco.
29.12.13
A radio conta
A unión das sete emisoras que teñen programación na Coruña conseguiu recaudar o 28 de decembro máis de 13.000 €
No programa, que se emitiu a través dos diais das sete emisoras participantes, estiveron presentes entre outros, Xoel López, Fernando Vázquez, Arsenio Iglesias, a actriz Isabel Blanco, a medallista olímpica Sofía Toro, o triatleta Xavier Gómez Noya e a gaiteira Susana Seivane.
21.9.13
CUAC FM, cumpre 18 anos de emisión
A radio comunitaria da comarca coruñesa faise maior de idade
A emisora comunitaria da Coruña celebra o sábado 21 de setembro unha
asemblea aberta a todas as persoas e colectivos interesados en
participar na nova tempada da radio.
15.5.13
Fausto Isorna, "A propósito de Vidal Bolaño"
O programa “ZigZag Diario” conversa co debuxante e ilustrador Fausto
Isorna, director artístico de El Patito Editorial, selo en que acaba de
lanzar o libro “A propósito de Vidal Bolaño”, a súa homenaxe persoal ao
autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Nel, Isorna
recompila carteis feitos para a compañía do dramaturgo, Teatro do Aquí,
ademais de bosquexos e carteis que acabaron sendo rexeitados.
25.4.13
O Diario Cultural reinterpreta 'Cantares Gallegos' para o século XXI
O programa Diario Cultural da Radio Galega comeza a serie de emisións poéticas De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI. A iniciativa consiste na reescritura de ao redor de 30 de poemas da obra, da que neste 2013 se celebra o 150 aniversario da súa publicación. Un total de 25 poetas farán unha reinterpretación dos textos, axustada ao século XXI, dando lugar a un feixe de poemas inéditos.
23.1.13
Desconcierto alerta da desaparición da programación de RG Música
A Asociación Desconcierto Cultural alerta de que a programación musical da emisora Radio Galega Música está a desaparecer progresivamente nos últimos meses, caendo pouco a pouco os seus programa até quedar a grella "limitada a un fío musical dunhas 23 horas ao día".
Vituco presenta Planeta Furancho
7.12.12
Ponte nas ondas
O Miño une Galiza e Portugal a través da radio
Un programa de radio ponte entre o galego e o portugués.
Un programa de radio ponte entre o galego e o portugués.
4.10.12
9.3.12
Un micro para o neofalante
Radio Burela comeza o programa ‘Proxecto Neo’ realizado polo equipo de Innovación do IES Perdouro
A radio local de Burela inclúe un novo programa semanal os mércores de 17 a 18 horas. Realizado polo equipo da Área de Innovación Educativa do IES Perdouro de Burela.
Proxecto NEO é o resultado da colaboración entre a área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela. Bernardo Penabade, docente no centro educativo de Burela será o director e condutor do novo programa. Penabade describe o espazo como o lugar no que se lle vai dar voz protagonista ós neofalantes, que son as persoas que se incorporaron á nosa cultura e que lle dan tanta vitalidade como os que a adquiriron na infancia, manifestan. No concello burelés, din dende o equipo de Proxecto Neo, é facil atopar exemplos de neofalantes “son persoas que viñeron de Valladolid, de Asturias, de Andalucía ou de Madrid, ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron aquí á Mariña e se integraron perfectamente“, comenta Bernardo Penabade. Tamén se inclúen neste grupo as persoas prodecentes das grandes cidades galegas e que foi cando chegaron a Burela cando se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego.
5.2.12
Radio Elviña
Nace un proxecto d@s alumn@s de 4º de ESO do IES Elviña
@s alumn@s informan:
Creamos unha radio todolos alumnos de 4ºESO, desta forma poderemos expresarnos libremente.
Radio Elviña xa dispón de Twitter, Facebook, Youtube e naturalmente o seu Blog.
Falamos de todo, temos seccion de mañan de tarde e de noite.
Se queres ver a programacion preme aquí.
26.1.12
23.11.11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








