Desde
A Mesa sinalaron: “Se Diego Calvo non asume que o galego é a lingua
propia da Deputación e o que iso significa debe dimitir do seu cargo. A
Deputación da Coruña non merece un presidente que minta con descaro nun
escrito oficial para xustificar a persecución do galego”
Amosando publicacións coa etiqueta administración b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta administración b>. Amosar todas as publicacións
12.8.13
A Mesa leva perante o Valedor as presións da Deputación da Coruña para que un funcionario non use o galego no traballo
A asociación en defensa da lingua pediu a intervención do Valedor do Pobo ante o que considera un caso “extremadamente grave”
24.11.12
O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil
A Xunta desafía o TSXG e seguirá consultando aos pais a lingua do ensino
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima parcialmente o recurso
presentado pola CIG, a Mesa pola Normalización Lingüística e a
plataforma Queremos Galego contra o Decreto de Plurilingüismo do Goberno
de Núñez Feijoo.
13.9.12
Témoslle lei: Dereitos lingüísticos en Galicia (Ciclo de conferencias)
Celebrarase na Facultade de Dereito da USC os días 28 de setembro; 5, 19, 26 de outubro; 9, 16 de novembro de 2012
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago organizan, no marco do plan de
actuacións Témoslle lei, o ciclo de conferencias Dereitos
lingüísticos en Galicia.
Os profesionais do Dereito e da Administración pública en Galicia,
segundo a normativa vixente, deben estar preparados para satisfaceren os
dereitos lingüísticos da cidadanía. Durante as conferencias darase a
coñecer os dereitos lingüísticos e a súa protección nos diversos ámbitos
(administración pública, xustiza, educación, ámbito privado) e
ofreceráselles aos asistentes a oportunidade de reflexionaren, a través
da participación nos coloquios posteriores ás conferencias impartidas
por especialistas e da elaboración dun traballo persoal sobre sentenzas
en relación coa protección e defensa dos dereitos lingüísticos.
A responsable académica é Alba Nogueira López, profesora titular de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da USC.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


