Amosando publicacións coa etiqueta gastronomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gastronomía. Amosar todas as publicacións

3.3.16



Arzúa celebra a 41ª Festa do Queixo con Lúar na Lubre


14.3.14

As editoriais súmanse á febre gastronómica

A gastronomía está na moda e as editoriais entran tamén na cociña. Coleccións especiais, receitarios,  literatura de fogóns... o catálogo aumenta con novos e variados ingredientes. Todo un amplo menú para cociñar con libros a man. A literatura fixo tamén boa maridaxe coa cociña en nomes como Cunqueiro, Helena Villar, Fina Casalderrey ou Rodríguez Baixeras.



22.11.13

Receitas para todos os días

Interesante blog de receitas sen glute en galego na rede


http://receitasparatodososdias.blogspot.com.es/
 

7.6.13

Comamos coma Cunqueiros

Tomate recheos de champiñóns, albóndegas de patacas e espinacas, pisto Jai-Alai, ajopollo de patacas, peixe sapo alagostado, chulas de laranxa, xeado xubileu e mesmo un rechamante xamón cocido con piña e coca-cola. Son algunhas das oitenta receitas orixinais de Elvira González-Seco, dona de Álvaro Cunqueiro, recollidas en A cociña dos Cunqueiro.


 

2.3.13

Dicionario de alimentación e restauración

Presentación na Real Academia Galega
 
Esta obra, un glosario de máis de 3500 termos traducidos ao castelán e o inglés, pretende contribuír á normalización do uso do galego no ámbito da hostalaría.

O coordinador da obra e membro de número da Academia, Manuel González González, empezou a súa intervención destacando a plena coherencia da publicación deste dicionario co fin encomendado ao Servizo de terminoloxía galega, Termigal: o de ofrecer recursos terminolóxicos para facilitar o uso do galego en áreas lingüísticas especializadas, e informou: "Na elaboración desta obra participaron moitas máis persoas das que aparecen citadas na nómina de redactores, pois para crear un dicionario destas características é preciso contar tamén cos profesionais de cada sector, que son o seu destinatario". A continuación, o académico destacou a importancia do sector hostaleiro na sociedade e na economía actuais, "a restauración está presente na nosa vida diaria e forma parte tamén da chamada paisaxe lingüística, é dicir, da visibilidade externa dunha lingua". Manuel González rematou a súa intervención facendo un chamamento aos hostaleiros a empregaren o galego nos seus menús e como lingua de partida cos seus clientes.

12.8.12

50 Festa do Polbo no Carballiño

Sabémolo ben: no Carballiño celébrase neste 2012 o 50 aniversario da Festa do Polbo. Unha das primeiras celebracións para honrar en exclusivo un prato enxebre da Galiza dos camiños.



18.6.12

Herbón: pementos, brotes verdes con historia

Hai, entre nós, moitos nomes que venden por eles sós: Fisterra, Sargadelos, Roncudo... e tamén Herbón, e será por eses seus pementos que teñen sona no mundo enteiro . Un de tantos esquecidos "brotes verdes" galaicos, Capsicum annuum, pemento ó fin e ós que lle saen sucedáneos e falsificacións por Almería e por Marrocos, empaquetados como "Pementos de Padrón cultivados en la huerta de..."



27.11.11

Reivindican o realismo culinario na narrativa de Cunqueiro

Cinco chefs renderon homenaxe ao autor elaborando os seus pratos favoritos


Lacón trufado con ovo fiado; ostras en escabeche; bertóns recheos de salpicón de centola; risotto de vaca vella... E así, directamente aos estómagos e retransmitidos vía Twitter coa etiqueta #ACunqueiro, ata dez pratos favoritos de Álvaro Cunqueiro, elaborados nesta ocasión polos chefs Pedro Roca, Marcelo Tejedor, Flavio Morganti e Chef Rivera.
O xantar foi só un dos capítulos da xornada Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe, que onte se celebrou en Santiago con motivo do centenario do nacemento do autor de Merlín e familia. A viaxe enológico á Galicia amada por Cunqueiro foi conducido por Manuel Gago e Antonio Portela, mentres que Iago Castrillón traballouse un aperitivo e un viño inspirados no territorio do imaxinario cunqueiriano.

6.11.11

Cea: onde a lingua sabe a pan

Mostra do vídeo realizado pol@s alumn@s do CPI Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea

Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.



2.11.11

A Cociña Galega con Cunqueiro: 10.000 libros e pratos en homenaxe ao noso gran escritor

A gastronomía é un compoñente básico da cultura e da identidade de Galicia e un dos elementos polos que máis se identifica a Galicia no exterior. Debémoslle parte desa sona, da idea dunha ‘gastronomía galega’, a Don Álvaro Cunqueiro, un dos escritores máis senlleiros de Galicia e, sen dúbida, un dos grandes cumios literarios do noso país. 2011 é o centenario do seu nacemento, e o Consello da Cultura Galega está realizando numerosas actividades para difundir a súa obra. 


 Cunqueiro é o autor das páxinas máis brillantes sobre a gastronomía galega; a nosa visión sobre o acervo tradicional de pratos, produtos e viños non se pode comprender sen a súa visión lúcida e enciclopédica. Aínda hoxe, seguimos citando a Cunqueiro como a referencia básica para definir aos produtos mantra do país, desde o albariño ata a lamprea, desde o pan ata as carnes de caza. Cunqueiro merecía unha homenaxe da gastronomía galega, unha homenaxe que fose máis alá dun acto testemuñal nun salón de actos. Merecía que en toda Galicia, os cociñeiros cociñaran e os clientes probaran os pratos que Álvaro Cunqueiro amou: pratos que son partes dunha riquísima e ancestral tradición gastronómica de Galicia. Esa é a mellor homenaxe.