Hai, entre nós, moitos nomes que venden por eles sós: Fisterra,
Sargadelos, Roncudo... e tamén Herbón, e será por eses seus pementos que
teñen sona no mundo enteiro . Un de tantos esquecidos "brotes verdes"
galaicos, Capsicum annuum, pemento ó fin e ós que lle saen sucedáneos e
falsificacións por Almería e por Marrocos, empaquetados como "Pementos
de Padrón cultivados en la huerta de..."