17.6.12

María Pita celebrou o 50 aniversario das Letras

A Real Academia Galega reuniu aos voceiros dos concellos nos que naceron os 50 homenaxeados na historia do día das letras

Cúmprense cincuenta anos desde que en 1963 se celebrase por vez primeira o Día das Letras Galegas e a Real Academia quixo conmemoralo onte cunha lectura de textos de todos os homenaxeados. Representantes dos concellos que foron berce dos autores lembrados neste medio século foron os encargados de levar á praza de María Pita, na Coruña, o pensamento e os versos dos seus fillos sobranceiros.

 

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, lembrábase  dos que falaron a lingua galega durante séculos, daqueles dos que non se coñecen os nomes e dos que repousan en nichos esquecidos. Foron eles os que, ano tras ano, foron quen de deixar a semente dun idioma, o galego, que evoluciona e que se adapta, cada día, á realidade do país ao que representa e que, á vez, o crea. 

Información completa de Gemma Malvido en La Opinión de A Coruña