Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións

30.5.16

Custounos catro anos ter a axuda da TVG, catro anos de chamar á porta unha e outra vez

Falamos con Oliver Laxe logo de gañar o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes, que o sitúa oficialmente como promesa mundial do cinema de autor. Cóntanos desde Tánxer, onde vive desde hai anos, a súa forma de ver o mundo e o cinema, o seu novo proxecto sobre identidade en Galiza, nos Ancares, que vai máis alá da sétima arte “porque teño moita necesidade de volver e de seguir enraizándome”.

26.4.16

Canto vale a supervivencia dun idioma, dunha cultura, dunha identidade?

Na gala dos Premios Mestre Mateo Marga Pazos facía unha sentida chamada á defensa do idioma, da cultura... de todo o noso, algo que ás veces non valoramos o suficiente


23.9.15

O lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz Premio Arraiano Maior 2015


O e-Estraviz, un dos máis completo dicionarios galegos con 130.666 entradas totais, recibiu 474.904 consultas nos últimos doce meses, o que supón unha media diaria de consultas de 1.300.
Publicado orixinalmente en papel, desde hai máis dunha década, tamén está na internet. Este dicionario permite realizar buscas na ortografía do CL-AGAL e do ILG-RAG.

22.9.15

Premios da Cultura Galega

Os oito gañadores deste ano son: Fina Casalderrey, Miguelanxo Prado, María Bouzas, Ignacio Vilar, o Real Coro Toxos e Froles, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e a investigadora Kathleen Nora March.

4.6.15

A Real Academia Galega de Belas Artes decidirá en breve a quen adica o Días das Artes Galegas 2016. Unha xornada que podería recaer en Castelao que compite nesta pugna con Laxeiro e Carlos Maside.

9.5.15

ETIQUETAXE

Un ano máis, o activo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo fai entrega do XI Premio a artigos xornalísticos de lingua. E este ano, é unha carballesa, afincada en Bertamiráns, a que leva o galardón. E faino co seu artigo “Etiquetaxe”, que poderemos ler o domingo 17 de maio en QPC, así nos outros 8 medios que colaboran no certame: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Sermos Galiza e Tempos Novos.

15.4.15

Marga Pazos, (re)transmisora da lingua


PREME NA IMAXE
Prolingua quere ser un máis dos colectivos que felicite a Marga Pazos, presentadora do Telexornal Mediodía da TVG, que foi recoñecida como a mellor comunicadora de televisión nos Mestre Mateo 2015.

13.3.15

XA ESTÁN AQUÍ OS PREMIOS MESTRE MATEO



A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os finalistas en cada unha das 25 categorías da edición dos Premios Mestre Mateo correspondente a 2015, edición que supón a décimoterceira nos galardóns dos premios do audiovisual galego.
 Le+

9.2.15

Xeración Goya

Máis diversificados territorialmente, os últimos premios Goya confirmaron o bo papel de Galicia no mundo actoral e auguran un certo cambio de ciclo no cinema, máis próximo ás salas e con focos máis repartidos por todo o Estado. Nerea Barros e Javier Gutiérrez confirman a boa presenza dos actores galegos.

27.11.14

A compañía de teatro Chévere gaña o Premio Nacional de Teatro


O xurado concedeulle este galardón “pola súa coherente traxectoria de creación colectiva basada en fontes do teatro documento e na transgresión de xéneros” ou pola súa “vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica, tal e como demostraron nos seus últimos espectáculos, ‘Citizen’, ‘Eurozone’ e ‘Ultranoite no País dos Ananos’.